Calendario
Info da proba

A Silva

17/09/2017 10:30 - 13:30
Regulamento 13ª CARREIRA POPULAR PEDESTRE -A SILVA 2017-
NOVO PERCORRIDO DE 7 KM! (Modificación, por coincidencia co paso da Volta Ciclista a Galicia)
O clube ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan o DOMINGO 17
de SETEMBRO, a partires das 10:30 horas, a 13ª Carreira Popular Pedestre “A Silva 2017” con saída e
chegada no campo da feira de A Silva (a 9 km de Cerceda e a 17 km de Ordes), discurrindo toda por
terreo asfaltado.
REGULAMENTO DA PROBA
1. Poderán participar atletas federados e non federados.
2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN (feminina e masculina):
-*CHUPETE: nacidos no 2012 e posteriores.
-*PITUFO: nacidos no 2010-20011
-BENXAMÍN: nacidos no 2008-2009
-ALEVÍN: nacidos no 2006-2007
-INFANTIL: nacidos no 2004-2005
-CADETE: nacidos no 2002-2003
-XUVENIL: nacidos no 2000-2001
-JUNIOR: nacidos no 98-99
-PROMESA: nacidos no 95-96-97
-SENIOR: nacidos do ano 1983 ata a 1994.
-VETERÁNS 1: do 1977 ata o 1982.
-VETERÁNS 2: do 1976 ata o 1968.
-VETERÁNS 3: do 1967 ata o 1958.
-VETERÁNS 4: do 1957 ata o 1900.
-DISCAPACITADOS: (correrán na categoría que lle corresponda por idade).
-*AFECCIONAD@S: nacidos no 1999 e anteriois (nesta categoría so poderán correr atletas non
federad@s)
*As categorías CHUPETE , PITUFO e AFECCIONAD@S non son categorías federadas.
3. HORARIOS e DISTANCIAS:
10:30 h ABSOLUTA –PERFIL / PERCORRIDO: https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=19500792
SENIOR-JUNIOR-PROMESA.-VETERANS (7.000 metros).
10:35 h –Salto Na Rúa (“SALTO DE ALTURA”) Inscribirse na propia páxina da carreira (de
Benxamín a Veterán)
11:45 h CHUPETE (100 metros)
11:55 h PITUFO (300 metros)
12:05 h BENXAMÍN (800 metros). 2 voltas ao campo da feira.
12:15 h ALEVÍN (1.000 metros). 2,5 voltas ao campo da feira.
12:25 h INFANTIL (1800 metros). 1 volta ao circuito mediano.
12:50 h. CADETE – XUVENIL – AFECCIONADOS (2200 metros).
1 volta campo da feira (400 m) + 1 volta ao circuito mediano (1800 m).
13:20 h. SORTEO dun XAMÓN e ENTREGA DE TROFEOS.
4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
- Inscricións a través da web www.carreirasgalegas.com. Información en www.atletismogalego.org.
PREZOS DE INSCRICIÓN
CARREIRAS CATEGORÍAS MENORES DENDE PITUFOS A CADETE INCLUSIVE:
*Prezo ata o Martes 12 de SETEMBRO = GRATUITA
*Prezo mércores 13 e xoves 14 de SETEMBRO = 3 €
CARREIRA ABSOLUTA e XUVENIL/AFECCIONADOS:
*Prezo ata o Martes 12 de SETEMBRO = 4 €
*Prezo mércores 13 e xoves 14 de XUÑO = 7 €
¡Non se admitirán inscricións despois do xoves 14 DE SETEMBRO!
5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregarán:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres da carreira ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Camiseta conmemorativa aos chegados á meta, ata esgotar existencias.
- Trofeo ao mellor atleta local (Concello de Cerceda) de cada categoría (sempre e cando non se
clasifiquen entre os 3 primeros da súa categoría).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demáis agasallos (chocolatada), ao término de cada proba.
6. SAÍDA - META: Campo da feira de A Silva.
7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa carreira, debendo
levarse colocado na parte anterior do corpo de forma visible para a súa identificación durante o transcurso
da proba. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal faráse
o mesmo día 17 de setembro, dende 1 h antes do comezo de cada proba ata media hora antes de cada
categoría.
8. CHIP: os atletas, dende cadete, estarán ademais, identificados a través dun chip integrado no dorsal.
9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estimen oportunos, os
cales poderán ser motivo de descalificación en caso de incumprimento das normas de competición
recollidas nos regulamentos da FGA, RFEA e IAAF para probas en ruta.
10. Avituallamiento: entregaráse auga no km 5 da carreira absoluta e na meta de todas as probas.
11. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de
tódolos participantes o mellor espíritu deportivo. Todo o non recollido no presente regulamento
regularase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas en ruta.
12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e
tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña