Calendario
Info da proba

Broña

17/09/2017 11:00 - 13:30
Regulamento XIII Cross de Verán de Broña, 2017
e paseo cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Creando Cultura de Movemento
29 de setembro, Día Mundial do Corazón
Data: domingo, 17 de setembro de 2017
Hora: carreiras a partires das 11:00 h (saída das categorías de adultos/as); saída do
paseo pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados" ás 09:30
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 km
as carreiras de adultos/as e 6,5 km o paseo
Organiza: Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports, na web do evento, ou no correo electrónico
carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do
regulamento.
Web: https://sites.google.com/site/carreirabrona/
Organiza
Club de Atletismo Outes
Colaboran
● Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
● Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
● Concello de Outes
● Deputación da Coruña
● Asociación Terra de Outes
● Cruz Vermella, Asemblea de Noia
● Protección Civil de Outes
● Asociación Corazonadas
● Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
● Universidade de Santiago de Compostela, USC
● Instituo de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS
● Coca-Cola
● Galicia Saudable
Regulamento
1º. As carreiras de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA
VERDE da PRAIA DE BROÑA. As carreiras de infantís, cadetes, xuvenil/xunior,
promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto
(terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia
federativa.
3º. Na carreira de 10 km e en tódalas de pitufos/as, prebenxamíns/nas,
benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros
e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para
os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa
cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou
superveteráns/nas). Entregarase un premio de honra aos/ás corredores e a corredoras
de maior e menor idade.
4º. As inscricións para as carreiras de 10 km, 5,5 km, 3 km (infantís e cadetes) e o
paseo faranse en Emesports, antes das 24:00 do xoves, 14 de setembro. As das
categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, faranse na web
de evento ou no correo-e carreirabrona@gmail.com, ate 30 minutos antes de cada
carreira. Aceptaranse tamén inscricións para o paseo no correo-e
carreirabrona@gmail.com. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento,
localidade e club (se procede). A participación nas carreiras de 10 ou 5,5 km e no
paseo NON SON COMPATIBLES NO HORARIO. A inscrición é obrigatoria para
contar coa cobertura do seguro do evento e participar no sorteo de agasallos. Por
favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora!
5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do
comezo de cada carreira.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da
organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non
recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.
8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha
póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola
organización.
9º. Aínda que o evento sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios.
Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de
tódolos/as participantes.
10º. En cada carreira cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo
empregado polo/a vencedor/a. No caso do paseo, e por razóns puramente loxísticas,
pecharase o control cando comece a entrega de trofeos ás 13:15.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime
oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha
irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas
carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada unha.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas carreiras.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte
dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou
agasallos.
15º. Tódalas persoas, inscritas na carreira ou no paseo, que crucen á meta antes do
peche do control, recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa
(entregaranse na chegada de cada carreira e do paseo ata fin de existencias). Destas,
tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas
de Broña e dun precioso paseo en barca pola ría e Esteiro do Tambre ofrecido por
Xosé Ramón Barreiro, "Moncho", do Freixo. As persoas agraciadas terán que recoller
o agasallo persoalmente no momento do sorteo. No caso de non estar presente,
sortearase de novo. A persoa que resulte agraciada co agasallo do primeiro sorteo, non
participará no segundo.
16º. Durante toda a mañá celebrarase un obradoiro de reanimación
cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática.
17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar ao aire
libre. Organízase un xantar campestre na zona verde. Instalarase unha pulpeira para
quenes queran disfrutar dun rato agradable comentando o resultado das carreiras e
compartindo experiencias e prefiran non levar comida da casa ou usar a hostelería
local. Haberá duchas dispoñibles no polideportivo de O Cruceiro de Roo desde as
12:00 ata as 13:15.
Retirada de dorsais
Nas mesas de control da organización situadas no circuíto ata media hora antes de
cada carreira ou do paseo.
Obradoiro de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática
(RCP/DESA)
A reanimación cardiopulmonar é o conxunto de maniobras máis eficaz para salvar
vidas cando o corazón ten deixado de later. No espazo do piñeiral de Broña, cerca da
liña de saída para as carreiras e o paseo, programaranse actividades de introducción ás
manobras de reanimación para persoas sen formación en atención sanitaria.
Paseo cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Cremos que é posible promover a volta a estilos de vida ricos en actividade física en
contacto coa natureza e coa cultura, co paseo ilustrado con coñecementos do medio
que se pasea, sexa sobre a natureza, sobre os usos do territorio, ou, como neste caso,
as actividades industriais que non hai tantos anos alí se desenvolveron. Este ano
propomos tamén un paseo pola “Ruta dos carpinteiros cos pés mollados”: chea de
sinais da actividade de construción de embarcacions en madeira que alí tiña lugar na
segunda metade do século XIX e primeira do XX. En aproximadamente 6,5 km
recorreremos a beira da Praia de Broña ata a área recreativa do Requeixo. Desde a
zona de talleres da Bogalleira, subiremos a Serantes e Tavilo, iremos cara o interior ata
Bendimón e voltaremos á praia. É un recorrido asequible, algo máis esixente que o do
ano 2016, con pequenas dificultades que motivan ao/á paseante, sempre a ritmo de
conversa e tentando entender as chaves que explican a paisaxe actual: o piñeiral, as
zonas de vexetación de ribeira, o aproveitamento de marisco na ría, as novas
infraestruturas de comunicación, os abondosos restos dos talleres de construcción de
barcos de madeira...