Calendario
Info da proba

Chantada

08/10/2017 10:30 - 14:30
Regulamento ANDAINA DE CHANTADA

1. DATA E LUGAR:
A 3ª Andaina polo Corazón de Galiza celebrarase o día 8 de outubro de 2017, con saída e chegada no Campo de Futbol do Sangoñedo, en Chantada.
Darase a saída ás 10:30 horas.

2. PERCORRIDO:
A proba discorre por pistas, bosques e ribeiras de Chantada e ten unha distancia aproximada de 21 quilómetros.

3. PARTICIPACIÓN:
O número máximo de participantes é de 400 persoas maiores de 16 anos.
O feito de inscribirse e participar nesta Andaina implica a aceptación deste regulamento.

4. INSCRIPCIÓNS:
A través da páxina:
www.championchipnorte.com

O prazo para inscribirse comeza o día 1 de setembro e remata o 5 de outubro de 2017.

5. PREZO:
A inscrición ten un custe de 5€.

6. ENTREGA DO IDENTIFICADOR
A entrega do identificador alusivo á Andaina será o domingo día 8 de outubro de 9:00h a 10:15h no Campo de Futbol do Sangoñedo. Será obrigatorio colocalo nun lugar visible e non ser manipulado para facer uso de todos os servizos establecidos pola Organización.

7. SINALIZACIÓN:
O percorrido estará debidamente sinalizado e marcado con cintas.

8. RESPONSABILIDADE:
O dispositivo de seguridade avituallamentos e sinalización estará debidamente montado dentro do horario da andaina e estará operativo para todos os participantes que se encontren entre a bicicleta de apertura e os encargados do peche.
A Organización responsabilizarase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina toda responsabilidade en caso de accidente por abandono do itinerario establecido, neglixencia do participante ou que este se encontre fora dos parámetros establecidos no punto 8.
A Organización non se fai responsable dos obxectos de cada participante.
A Organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta andaina.

9. ASISTENCIA:
A Organización contará con persoal de asistencia en ruta, varios voluntarios nos puntos estratéxicos e persoas pechando a Andaina coa fin de que ningún participante se quede rezagado, pero non se fai responsable de quen voluntariamente abandone o percorrido establecido.
Os participantes están obligados a auxiliar aos accidentados e avisar á Organización se alguén necesita axuda. Poderán informar de calquera percance nos controis de paso, ao persoal da organización que estará ó longo do percorrido ou nos número 669368409 – 609819306.
Na chegada haberá duchas a disposición de todos os participantes.

10. AVITUALLAMENTOS:
Disporanse dóus puntos de avituallamento ó longo do percorrido e un na chegada, nos que se ofrecerán aos participantes productos líquidos e/ou sólidos.
O dispositivo dos avituallamentos poderase levantar antes do tempo establecido unha vez pasen as persoas da Organización que pechan a Andaina.
É obrigación de todos os participantes preservar o entorno evitando arroxar desperdicios fóra das áreas de control. A tal efecto colocaranse colectores de lixo nos avituallamentos.

RESPETA O MEDIO AMBIENTE, NON TIRES LIXO Ó CHAN.

11. FOTOGRAFÍAS E IMAXES
A inscrición nesta andaina dá dereito á Organización para poder facer uso das fotografías e imaxes do evento para a súa utilización, podendo publicalas en todos aqueles soportes de comunicación (folletos, carteis, artigos de prensa, web, etc.) que estime convinte para dar a coñecer a proba.

ANDAINA PARA RAPARIG@S
Paralelamente á 3ª Andaina polo Corazón de Galiza organízase a 3ª Andaina para raparig@s a partir de 3 anos de idade, na que poderán participar nunha mini-andaina polo entorno do Sangoñedo, xogos e dististas actividades durante toda a mañá.
O evento está organizado e controlado por monitores da empresa Velaísca, especializada en actividades de tempo libre, e desenvólvese nun entorno totalmente seguro, coa finalidade de ofrecer un servizo de “gardería” durante todo o tempo que dure a Andaina de adultos para facilitar a participación de calquer persoa na mesma.

INSCRICIÓN
A través da páxina
www.championchipnorte.com

O prazo para inscribirse comeza o día 1 de setembro e remata o 5 de outubro de 2017.

5. PREZO:
A inscrición ten un custe de 5€.

IDENTIFICADOR
A entrega dos identificadores será o domingo día 8 de outubro de 9:00h a 10:15h no Campo de Futbol do Sangoñedo, o mesmo costará de dúas partes numeradas, nelas farase constar o nome d@ raparig@, nome do pai/nai, DNI, (o mesmo que figure na inscrición), e un número de teléfono de contacto., Unha parte estará en todo momento en poder d@ participante e a outra do pai ou nai do mesmo e terán que presentala para poder facerse cargo d@ menor.
En caso de extravío do identificador o pai ou a nai deberá de presentar o DNI cuxo nº figure na parte d@ raparig@ e nos listados da inscrición

ACTIVIDADES
As actividades darán comenzo cuns xogos de presentación para que @s pequen@s se coñezan e formaranse os equipos, a continuación arrancará a andaina polos arredores do Sangoñedo na que os equipos realizarán varias probas e ao remate desta participarán nunha xincana de xogos populares

INDUMENTARIA
É recomendable que @s participantes vistan roupa deportiva e calzado cómodo e resistente para camiñar polo monte, non se poderá ir con sandalias ou chanchas e recoméndase levar unha prenda de abrigo.

AVITUALLAMENTO
@s participantes disporán en todo momento de avituallamento líquido e a media mañá ofreceráselles unha merenda

PARA MÁIS INFORMACIÓN: ATLETISMO CHANTADA