Calendario
Info da proba

Rianxo

02/09/2017 17:00 - 20:00
Regulamento I TRÍATLON CONCELLO DE RIANXO (proba de promoción aberta a licencias de 1 día)
REGULAMENTO


Organiza:
Lodeco S.L.U.
Email: lodeco@lodeco.es
Persoa de contacto: Miguel Fernández Teléfono:600 433 203
Concello de Rianxo
Federación Galega de Tríatlon

Patrocina:
Concello de Rianxo
Colaboran:
Deputación Provincial
Policía Local
Protección Civil
Secretaría Xeral para o Deporte

Datas e horarios das carreiras:
Sábado 2 de setembro de 2017 ás 17:00 h

Distancias:
Sprint:0,750 km de natación (1 volta) – 20 km en bicicleta (4 voltas)– 5 km de carreira a pé (3 voltas)

Inscricións: Ata o martes día 29 de agosto.

Limitado a 250 plazas por rigurosa orde de inscrición
Completadas as prazas, abrirase unha lista de espera por orde de chegada de solicitude enviando un mail a fegatri@hotmail.com indicando no asunto Lista de espera Rianxo con todos os datos persoais (nome, apelidos, DNI, tlf. Email).


* *O mércores 30 de agosto tras coñecer as baixas farase a comunicación por correo electrónico aos deportistas da lista de espera que entren na proba. Terán para formalizar a inscrición ata ese mesmo día, mércores 30, ás 23:59h.

A inscrición realizarase on-line a través da web da Federación Galega de Tríatlon, www.fegatri.org, no apartado, Regulamentos/Inscricións. O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.

Prezo: 12€ ( Cadetes gratuíta )

Federados .-
CLUBS.- Accederán a través do apartado competicións, picando na pestana Regulamentos/Inscricións e accedendo á carreira de referencia. Una vez que se accede á carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN, e introducirase o código do club (o código a utilizar é o mesmo que o do programa de licenzas)
DEPORTISTAS INDIVIDUAIS.- Deberán introducir o seu número de licenza e a data de nascimento.

Licencias 1 día:
Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picarase en REGULAMENTOS/INSCRICIÓNS para acceder á carreira. Dentro da Carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN e introduciranse os datos.
O Pagamento realizarase a través de TPV con tarxeta bancaria.
Custe licenza de 1 día de 12 €+ 12€ Inscrición Total ingreso 24€
Cadetes non federados só aboarán os 6€ de licenza de 1 día de menores.


Baixas e política de Devolucións
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.
As devolucións serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.

Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificacións.

Haberá cronometraxe champion-chip. Cada participante que non teña CHIP AMARELO en propiedade terá que aboar unha fianza de 25 €, o día da proba, ao recoller o dorsal, dos cales lle serán devoltos 23€ o finalizar a carreira (2€ aluguer do chip, agás cadetes) ou ben poderá quedarse co chip en propiedade, o que lle permitirá participar co mesmo en calquera proba de tríatlon ou atletismo organizadas co sistema de cronometraxe champion-chip.

Saída e transición: Porto de Rianxo

Meta: Praza de Castelao

Recollida de dorsais: Na carpa de organización o sábado de 15:30h a 16:40h

Reunión técnica: Ás 16:30 h nas inmediacións da secretaría.

Control de material: OBRIGATORIO PRESENTAR LICENZA OU D.N.I.
De 15:50h a 16:50 h

Premios:
 Trofeos para os tres primeiros clasificados/as da xeral e das categorías. (cadete, junior, sub-23 e vetarán)

"Art.8.6 Regulamento de Competición FEGATRI.- Aquel deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non poderá participar nas seguintes probas ata o seu abono"

Todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo da proba.

Normas de competición:
 A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon.
ver Regulamento de Competición FETRI 2017 Ver normativas FETRI Ver Regulamentos FEGATRI