Calendario
Info da proba

Santiago San Silvestre

31/12/2017 18:00 - 19:00
Regulamento A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago
de Compostela a través do seu departamento de deportes, a V Carreira San
Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2017
a partir das 18:00 horas da tarde.
Esta proba continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a
actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns,
tal e como se fixo no VI Circuito de Carreiras Saudables de Santiago rematado o
pasado 2 de decembro.
As probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa
clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité
Galego de Xuices (Federación Gallega de Atletismo).
2. A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de
META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.
3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas
nados/as no ano 2008. A organización non se fará responsable dos atletas
menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2008, categoría
federada alevín), polo que non poderán participar oficialmente na proba.
4. CATEGORIAS E HORARIOS
Haberá unha única proba:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
CATEGORÍA
ESCOLARES do 2003 ó 2008 5,5 km aprox. 18:00 h
CATEGORÍA
ADULTOS 2002 e anteriores 5,5 km aprox. 18:00 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 19:15 HORAS
A SAIDA DA PROBA REALIZARASE DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO
ÁS 18:00 HORAS
5. INSCRICIONS
ONLINE
✓ As inscricións da categoría ESCOLARES (do 2003 ao 2008) poderán realizarse
na web www.sansilvestresantiago.com, con data límite o xoves 28 de
decembro ás 23.59 horas.
✓ As inscricións da categoría ADULTOS farase tamén a través da web
www.sansilvestresantiago.com, con data límite o xoves 28 de decembro ás
23.59 horas.
Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de
inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en dita web).
Máis información en www.carreirasgalegas.com e
www.atletismogalego.gal.
PRESENCIAL
A inscrición presencial poderase realizar nos seguintes puntos:
✓ Multiusos Fontes do Sar (de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas)
✓ Complexo Deportivo de Santa Isabel (de luns a sábado de 09:00 a
21:00 horas)
Deberán rellenar o formulario de inscrición no lugar e presentar a copia do xustificante de
ingreso da cota de inscrición na conta da Federación Galega de Atletismo de A Banca nº
ES82 2080 0068 7830 4001 9194 indicando no concepto o nome e apelidos do atleta
participante (o pago da cota de 6 € farase só en caso de atletas nados en 2002 e
anteriores).
TODOS OS ATLETAS ADULTOS INSCRITOS NO CIRCUITO CORRESAN 2017
ESTARÁN INSCRITOS GRATUITAMENTE. OS ESCOLARES NON. DEBERÁN
RECOLLER O DORSAL DA PROBA NOS HORARIOS INDICADOS NESTE
REGLAMENTO. NON PODERÁN COMPETIR CO DORSAL DO CIRCUITO CORRESAN.
Na proba existirá un caixón dianteiro reservado para aqueles atletas que desexen realizar
a proba cun fin competitivo. Para elo deberán indicalo na inscrición acreditando unha
marca de menos de 45’ en 10 km para homes e 50’ en mulleres (só en probas
homologadas). Esta medida farase só coa fin de realizar de xeito máis fluido a saída da
proba.
PREZOS DA INSCRICION
▪ CATEGORIA ESCOLARES (do 2003 ao 2008 incluídos): GRATUITA
▪ CATEGORÍA ADULTOS (2002 e anteriores): 6 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.sansilvestresantiago.com e www.carreirasgalegas.com e presencialmente
seguindo as instruccións desta modalidade de inscrición.
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co
teléfono 981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
info@sansilvestresantiago.com.
Teléfonos de información xeral da proba:
981 291 683 / 981 528 730
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o
día da proba.
Em@il de información info@sansilvestresantiago.com .
6. PREMIOS E AGASALLOS
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5,5 km
aprox.)
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5,5 km
aprox.)
Premio participación aos 3 clubes de atletismo federado masculino con máis
INSCRITOS ADULTOS na proba.
Premio participación ao 3 clubes de atletismo federado femenino con máis
participantes INSCRITOS ADULTOS na proba.
Premio participación ao 3 GRUPOS POPULARES con máis participantes
inscritos na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación a EMPRESA con máis participantes inscritos na proba
(deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes
inscritos na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio aos 3 mellores disfraces de grupo
Premio aos 3 mellores disfraces individuais
7. A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:
➢ LUGAR: CENTRO COMERCIAL AS CANCELAS
➢ Horarios e días:
- 29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
- 30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
- 31 de decembro de 11:00 a 17:00 horas
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal
que non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá
levarse de xeito visible na zona anterior do corpo.
8. CIRCUITO
O circuito está publicado na web www.sansilvestresantiago.com . A Saída e
Meta será desde a Praza do Obradoiro.
9. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas
suporá a total aceptación deste Regulamento. Queda totalmente prohibido correr
na proba sen estar previamente inscrito. Prégase precaución na proba polo alto
volumen de participantes na mesma. A seguridade é o primeiro.
10. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas
en ruta da FGA e da RFEA en vigor.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara,
baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle
permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da
devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.
LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediantea súainscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seusdereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.