Calendario
Info da proba

Brión

07/10/2017 17:00 - 20:00
Regulamento XXXV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA - BRIÓN
"V Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña"
Sábado 7 de Outubro a partir das 17:00 h
O Concello de Brión organiza a XXXV edición da súa carreira popular o sábado 7 de outubro a partir das 17
horas na Carballeira de Santa Minia (Brión) na que poderán participar atletas federados e non federados e
que estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo
(Delegacion de Santiago). Esta carreira está integrada dentro do V Circuito de Carreiras Populares de
Deputación de A Coruña que se desenvolverán ao longo do ano 2017.
NORMATIVA XERAL
A XXXV CARRERIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAIA rexerase pola regulamentación de Seguridade Víal do
Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de
probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do
23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de
2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello de Brión. Tamén contará con un
seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
Asi mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico.
A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a
carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade, circunstancias que serán comunicadas aos
participantes con tempo suficiente.
No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida
automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da
inscrición.
Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de
sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de
trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
Dado o carácter popular e lúdico da proba a organización non atenderá reclamacións.
O Concello de Brión porá a disposión dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo de Brión para
que se poidan duchar. Así mesmo tamén porá a disposición dos corredores un servizo de garda roupa
situado na Casa da Cultura.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 1 hora a contar dende que o primeiro
participante cruce a liña de meta.
A organización non se fai responsable dos danos que poida sufrir algún participante da proba, pero evitará
por todos os medios de evitalos.

Os participantes na XXXV Carreira Pedestre da Amaia estarán rexidos pola conducta “fair play” e
comprométense a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero ademais de
correcto no deporte, en especial fraterno cara o contrincante, respetuoso coa organización e correcto cos
asistentes.
DESCALIFICACIÓNS: Será motivos de descalificación inmediata:
- Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión, na parte anterior do corpo.
- Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.
- Non pasar polos controis de carreira establecidos.
- Non realizar o percorrido da carreira completo.
- Non atender as indicacións dos membros da Organización ou xuíces.
- Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
- Pretender participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
- Cometer conductas que a xuizo da organización da Carreira poida ser considerada como antideportiva.
- Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
- Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente na contra do espírito deportivo.
INSCRICIÓN E PREZOS
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreiragalegas.com, ata o mércores 4 de outubro
de 2017 as 14:00 hrs. NON SE ADMITIRAN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
- CARREIRAS NENOS/AS [de PITUFO/A a CADETE]: GRATUITA
- CARREIRA ABSOLUTA [de XUVENIL a VETERANO/A 4]: PREZO 5€
SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
Para o control de tempos da carreira todos os participantes deberán levar un CHIP que lles será entregado
xunto co seu dorsal e que irá colocado na parte de atrás do mesmo. Non será necesario devolvelo ao
finalizar a carreira.
O/A atleta que non porte o chip-dorsal en todo momento non poderá entrar na clasificación da proba nin
lle computará na clasificación do circuito.
O horario de apertura da secretaría para a recollida de dorsais será as 16:00 h. na Casa da Cultura do
Concello de Brión. Os dorsais-chip poderán recollerse ata 30 minutos antes do inicio da proba.
Os dorsais son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas,
sancionarase coa expulsión da carreira. Así mesmo anularanselle todos os dereitos adquiridos coa inscricion
na mesma.

CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIOS
CATEGORIA SEXO NADOS/AS DISTANCIAS HORARIOS
NENOS/AS
PITUFO/A* Mixto 2012 e posteriores 100 m. 17:00 h.
PREBENXAMIN* Mixto 2010 – 2011 350 m. 17:10 h.
BENXAMÍN MÁSCULINO
FEMENINO 2008 – 2009 500 m. 17:20 h
ALEVÍN MÁSCULINO
FEMENINO 2006 – 2007 500 m. 17:30 h.
INFANTIL MÁSCULINO
FEMENINO 2004 – 2005 1.500 m. 17:45 h.
CADETE MÁSCULINO
FEMENINO 2002 – 2003 1.500 m. 17:45 h.
ABSOLUTA
XUVENIL MÁSCULINO
FEMENINO 2000 – 2001 8.000 m. 18:00 h.
JUNIOR MÁSCULINO
FEMENINO 1998 – 1999 8.000 m. 18:00 h.
PROMESA MÁSCULINO
FEMENINO 1995 – 1996 – 1997 8.000 m. 18:00 h.
SÉNIOR MÁSCULINO
FEMENINO 1983 – 1994 8.000 m. 18:00 h.
VETERANO/A 1
MÁSCULINO
FEMENINO 1977 – 1982 8.000 m. 18:00 h.
VETERANO/A 2
MÁSCULINO
FEMENINO 1967 – 1976 8.000 m. 18:00 h.
VETERANO/A 3
MÁSCULINO
FEMENINO 1957 – 1966 8.000 m. 18:00 h.
VETERANO/A 4
MÁSCULINO
FEMENINO 1958 e anteriores 8.000 m. 18:00 h.
* Nota: As categorías PITUFO/A e PREBENXAMÍN non son categorías federadas non haberá, por tanto,
nestas carreiras lista de clasificados nin trofeos. Como recordo da súa participación todolos participantes
das categorías PITUFO e PREBENXAMÍN recibirán unha medalla conmemorativa da carreira.
CLASIFICACIÓNS E PREMIOS / TROFEOS
Establecerase unha clasificación individual por orde de chegada e unha clasificación por categorías. As
diversas clasificacións poderán consultarse na páxina web: www.carreirasgalegas.com
Así mesmo recibiran trofeo e premio en metálico os tres primerios homes e tres primeiras mulleres en
cruzar a liña de meta. Os premios económicos establecense da seguinte maneira:
HOMES MULLERES
1º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 200 € + TROFEO 200 € + TROFEO
2º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 170 € + TROFEO 170 € + TROFEO
3º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 150 € + TROFEO 150 € + TROFEO

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina, agás nas
categorías PITUFO/A e PREBENXAMÍN que non serán competitivas e agasallaránselle medallas
conmemorativas a tololos participantes destas duas categorías.
Na carreira absoluta tamén recibiran trofeo os tres primeiros homes e tres primerias mulleres en cruzar a
liña de meta empradroados no Concello de Brión (para optar a este premio os atletas deberán estar
correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de formalizar a inscrición)
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos,
exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión. A entrega de trofeos farase ao
rematar a carreira.
Todos os participantes das categorías PITUFO/A E PREBENXAMÍN recibiran unha medalla conmemorativa.
Todos os participantes inscritos recibirán unha CAMISETA TÉCNICA agasallo da organización como recordo
da súa participación.
Haberá un avituallamento líquido na liña de meta para todolos particpantes e para os da carreira absoluta
haberá outro avituallamento líquido aproximadamente no quilómetro 4,5.