Calendario
Info da proba

Santiago-CorreSan

16/09/2017 21:45 - 23:15
Regulamento REGULAMENTO XERAL
A sexta edición do circuíto de carreiras CorreSAN constará de 4 probas que se
disputarán nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro (1 cada mes) de 2017.
En cada proba haberá un percorrido para escolares das categorías benxamín e alevín,
un percorrido para as categorías infantil e cadete e outro para adultos a partir da categoría
xuvenil. As probas comezarán de xeito habitual polas probas de escolares e rematarán coa
disputa da proba de adultos. Os horarios das carreiras serán comunicados na semana
anterior á disputa das mesmas nas páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.corresan.com .
Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo e empregarán o sistema de chip-dorsal que deberá conservarse
durante o transcurso do circuito para os atletas que se inscriban nas 4 probas na
modalidade de circuito, e poderá reciclarse no caso de atletas que só se inscriban a unha
proba independiente.
Todos os atletas que perdan este elemento deberán aboar a cantidade de 3 € para
adquirir un novo dorsal - chip.
CATEGORIAS DE PARTICIPACION INDIVIDUAIS
As categorías* de participación individuais serán as seguintes:
BENXAMIN anos 2008 e 2009
ALEVIN anos 2006 e 2007
INFANTIL anos 2004 e 2005
CADETE anos 2002 e 2003
XUVENIL anos 2000 e 2001
JUNIOR anos 1998 e 1999
PROMESA anos 1995, 1996 e 1997
SENIOR entre 1983 e 1994
VETERANOS/AS A entre 1972 e 1982
VETERANOS/AS B entre 1962 e 1971
VETERANOS/AS C en 1961 e anteriores
E= Escolares (benxamín, alevín, infantil, e cadete)
A= Adultos (dende xuvenil a veteranos)
*Durante o transcurso do circuito producirase o cambio de tempada atlética (1
de novembro) feito que non afectará ás categorías deste circuito que se
manterán durante o transcurso do mesmo.
MODALIDADE DE PARTICIPACION POR EQUIPOS
As categorías de participación por equipos serán as seguintes (non se pode duplicar a
participación nun clube federado e equipo popular ou nun centro escolar e clube federado):
CLUBES
FEDERADOS
ADULTOS
Atletas con licencia federativa
EQUIPOS
POPULARES
ADULTOS
Corredores con ou sen licencia
federativa
CENTROS
ESCOLARES
Corredores pertencentes a
centros escolares
CLUBES
ESCOLARES
Corredores Escolares
pertencentes a clubes
federados
CLASIFICACIONS
En cada proba establecerase unha clasificación individual por orde de chegada. Os
participantes no circuito levarán un número de puntos igual ao posto obtido en cada
carreira SÓ TENDO EN CONTA OS PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO,
de xeito que o primeiro clasificado obterá 1 punto, o segundo clasificado 2 puntos e así
sucesivamente ... OS ATLETAS QUE NON PARTICIPEN NALGUNHA PROBA
DARÁSELLE UN NÚMERO DE PUNTOS SIMILAR AO NÚMERO TOTAL DE
PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO NA MESMA, DE XEITO QUE NON
OBTEÑAN VANTAXE ALGUNHA DA NON PARTICIPACIÓN.
Para tomar parte nas clasificacións finais de circuito, os participante deberán
completar 3 das 4 probas do circuito.
Tamén se poderá participar inscribíndose soamente a calquera das catro probas do
circuito sen participar como “inscrito en circuito” nin na súa clasificación.
Haberá unha clasificación de cada carreira e unha xeral do circuíto en cada categoría, que
será modificada despois de cada carreira. A clasificación do circuito realizarase en orde
inverso, segundo se teña un menor número de puntos.
NA CLASIFICACION FINAL INDIVIDUAL DO CIRCUITO ELIMINARASE O PEOR
RESULTADO OBTIDO NAS 4 PROBAS DO CIRCUITO. PARA A CLASIFICACIÓN
FINAL DE CLUBES E EQUIPOS POPULARES APLICARASE A SUMA DOS 4
MELLORES RESULTADOS DOS 4 MELLORES ATLETAS QUE OS COMPOÑAN.
OS EQUIPOS ESTARÁN FORMADOS POR UN NÚMERO MÍNIMO DE 6
COMPOÑENTES, SEN DETERMINAR UN NÚMERO MÁXIMO.
Tamén estableceranse dous tipos de clasificacións:
- Clubes federados, sumando os puntos obtidos polos 4 mellores compoñentes do
clube que deberán estar inscritos todos na modalidade de circuito e completar 3 das
4 probas Imprescindible realizar a inscrición reflexando o nome do equipo no
formulario habilitado).
- Equipos populares, nos cales poderán entrar atletas federados e non federados
formando equipos. Imprescindible realizar a inscrición reflexando o nome do equipo
no formulario habilitado.
- Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos. Non se admitirán equipos mixtos
nestas clasificacións.
As clasificacións dos clubes federados escolares e centros escolares realizarase
únicamente por criterios de participación.
CALENDARIO DE PROBAS E CIRCUÍTOS
As probas celebraranse nas datas que se expoñen a continuación. Os circuítos serán
expostos nos días previos á celebración da carreira nas páxinas web www.
corresan.com, www.carreirasgalegas.com, www.fgatletismo.es/santiago e
www.atletismogalego.org.
DATA PROBA DISTANCIAS APROX.
16 de setembro
CORRESAN
NOCTURNA
CIDADE VELLA
1010 m (E1)
1750 m (E2)
5300 m (A)
14 de outubro
CORRESAN
RUTA DA PRATAANGROIS
1205 m (E1)
2310 m (E2)
5210 m (A)
04 Novembro
CORRESAN
RUTA DOS
PARQUES
1645 m (E1)
2520 m (E2)
5400 m (A)
02 Decembro
CORRESAN
PONTE
MANTIBLE-VITE
1200 m (E1)
2400 m (E2)
6000 m (A)
E1= ESCOLARES Ben - Alev A= ADULTOS
E2= ESCOLARES Inf - Cad
INSCRICIONS
INSCRICION INDIVIDUAL: A inscrición nas 4 probas do circuíto (opción recomendable),
tanto para escolares como para adultos, poderán realizala a través das seguintes vías:
− PRESENCIAIS
PROXIMAMENTE
− ONLINE:
A través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.corresan.com (páxina
oficial do circuito).
INSCRICION POR CLUBES FEDERADOS, EQUIPOS POPULARES E CENTROS
ESCOLARES
Todos os clubes federados, tanto de adultos (de xuvenil en adiante) como de atletas
escolares, equipos populares de adultos e centros escolares (categorías benxamín,
alevín, infantil e cadete) que desexen entrar nos premios outorgados a eles deberán
remitir un correo electrónico á dirección info@corresan.com indicando a súa
intención de tomar parte nestas clasificacións e adxuntando o listado dos atletas
que comporán o clube federado, equipo popular ou centro escolar. Ditos atletas
deberán estar inscritos individualmente e de xeito previo o inicio das probas
indicando claramente o nome do clube, equipo popular ou centro escolar. É moi
importante que os atletas poñan correctamente o nome do clube, equipo ou centro
escolar.
PREZOS DA INSCRICION
- ESCOLARES (de benxamín a cadete) GRATUITA
- ADULTOS (de xuvenil a veteráns):
▪ Xeral nas 4 probas do circuíto + San Silvestre 24 €
▪ Inscrición individual por proba: 6 €
Coa inscrición xeral no circuíto na categoría de adultos, estarán invitados a
participar na carreira San Silvestre do 31 de decembro. Ademais recibirán unha
camiseta técnica, un dorsal-chip e unha bolsa de corredor coa que poderán participar nas
4 probas e que poderán recoller no lugar indicado na páxina web www.corresan.com. Os
atletas que se inscriban individualmente en cada proba NON PERCIBIRAN CAMISETA
POLA SUA PARTICIPACION.
O dorsal empregarase para as 4 probas e deberá conservarse axeitadamente en todas
as probas do circuito.
Os participantes de cada proba individual que non se inscribiran no circuito só recollerán
o dorsal na zona de saída de cada proba, agás na 1ª que se recollerá no mesmo lugar que
os participantes no circuito.
CALENDARIO DE INSCRICIONS
A inscrición xeral no circuito CorreSan (4 probas) abrirá o venres 25 de
agosto e pechará o xoves 14 de setembro ás 14 horas. Abrirase un 2º
prazo antes da carreira CorreSan Ruta da Prata - Angrois
A inscrición individual en cada proba do circuito terá o seguinte calendario de
inscricións:
CorreSan - Nocturna Cidade Vella - Inscrición do 16 de agosto ao 14 de setembro
CorreSan - Ruta da Prata-Angrois - Inscrición do 25 de setembro ao 12 de outubro
CorreSan - Ruta dos Parques - Inscrición do 20 de outubro ao 2 de novembro
CorreSan - Ponte Mantible - Vite - Inscrición do 10 ao 30 de novembro
PREMIOS
Os premios ó circuíto serán entregados nas semanas posteriores á conclusión da
derradeira proba.
Outorgaranse premio aos 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
Tamén se entregarán premios especiais aos 3 primeiros clasificados das clasificacións
xerais de escolares e de adultos.
Os 3 centros escolares e clubes federados que acheguen máis participantes á categoría
de escolares percibirán premio especial.
Os 3 clubs federados MASCULINOS e FEMENINOS e os 3 equipos populares
MASCULINOS e FEMENINOS que obteñan menos puntos na clasificación das probas do
circuito (sumando os puntos dos seus 4 mellores compoñentes)
Para poder tomar parte nestas clasificación é imprescindible inscribirse indicando o nome
do clube ou equipo ou centro escolar no formulario e remitir ao correo
info@corresan.com o listado cos compoñentes dos mesmos.
TODA A INFORMACIÓN RELATIVA A CIRCUITOS, LUGARES DE RECOLLIDA DE
DORSAIS, ... PODERA CONSULTARSE NAS WEB www.corresan.com e
www.carreirasgalegas.com .