Calendario
Info da proba

Randufe-Tui

27/08/2017 10:00 - 12:00
Regulamento XXXI Carrera popular Randufe-Tui Adro da Guía

Salida: 10:00
Inscripciones: acdxuntanza@gmail.com (antes del jueves 24 de agosto)

INFORMACIÓN que pode resultar importante:

1. Como ben saben, participar nesta Carreira Popular é gratis. Por suposto, este ano tamén o será. Pero a Asociación Xuntanza de Randufe porá en marcha unha OPERACIÓN KILO aos pés da carreira para recoller alimentos non perecedoiros coa finalidade de colaborar coa ONG SOS TOMIÑO e, en definitiva, c@s nos@s veciñ@s que precisan da nosa axuda.
Polo tanto, pedimos a tod@s @s corredor@s que aporten o seu graíño de area e depositen a súa pequena colaboración ao recoller o seu dorsal. Grazas de antemán!

Exemplos de alimentos cos que colaborar: cacao, leite, aceite, sal, fabas, lentellas, atún, azucre, café, comida para bebés, fariña, froita e legumes en conserva, leite en po,...

2. A primeira carreira será a dos máis maiores (de 17 anos en adiante) e logo o resto das categorías (adxuntamos nun documento os mapas dos percorridos e as categorías).

3. A primeira carreira sairá ás 10. Non obstante, recomendamos vir coa prudente antelación para recoller o dorsal (de 8:30 a 9:30 am). É imprescindible presentar o DNI.

NORMAS XERAIS
- Cada corredor/a será responsable dos seus actos. Non obstante, coma todos os anos, Xuntanza disporá da colaboración de Cruz Vermella para paliar os danos que poidan sufrir durante a carreira.

- Cada corredor/a deberá buscar o dorsal que ten asignado nos taboleiros e ir solicitalo ao lugar habilitado a tal efecto, onde van poder deixar o produto non perecedoiro da “Operación Kilo”. Tod@s deberán correr co dorsal, colocado na parte frontal da camiseta, e telo á vista á chegada a meta se queren figurar na clasificación.

- Unha vez finalizados todos os percorridos, as clasificacións publicaranse nos taboleiros.

- Ao final da carreira teremos auga, froita,… para tod@s @s participantes. Para recibir este avituallamento é necesario entregar o dorsal.

- A entrega de premios farase ao rematar todos os percorridos.

- Queda terminantemente prohibido tirar calqueira desperdicio ao chan ao longo da carreira.

Participando nesta carreira autoriza a utilización dos datos persoais para as finalidades propias desta, como figurar nunha clasificación e poder publicala na páxina de facebook da Asociación Xuntanza, así como as fotografías que se poidan tomar durante a carreira.

Para calqueira dúbida poden contactar con nós no número de teléfono 646646500 ou neste enderezo electrónico.

¿Cómo chegar?
https://www.google.es/maps/dir//R%C3%BAa+6,+13,+36713+Tui,+Pontevedra/@42.0481112,-8.6632131,16z/data=!4m8!4m7!1m0!1m5!1m1!1s0xd259a9fec793119:0x73cc8638e4c6b84c!2m2!1d-8.6588786!2d42.0464143