Calendario
Info da proba

Razo

27/08/2017 12:15 - 13:45
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA
5 KM CORRENDO POLA PRAIA DE RAZO, O
DOMINGO, 27 DE AGOSTO DE 2017 ÁS 12:15 HS.
REGULAMENTO DA PROBA
ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto ca Federación Galega de
Atletismo esta proba, recorrendo toda a Praia de Razo desde a Explanada ata a Cabreira pola
area mollada. Os Muditos continua coa promoción do atletismo en Carballo e arredores ante o
auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello e levamos esta
carreira a Praia de Razo pois no verán, Razo convírtese nun lugar de encontro, de ocio… d@s
carballes@s e da multitude de persoas (turistas, emigrantes, extranxeiros,xente de
arredores…)sendo un lugar privilexiado para a práctica deportiva e en particular para andar e
correr.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que
desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
COLABORADORES E PATROCINADORES
Colaboran na proba: Concello de Carballo, Deputación da Coruña, Viraxes sl, Lotería
Alexandra, Metal Cebey, Bema e Centro de formación rural Fonteboa.
LUGAR DE SAÍDA:
A Explanada na Praia de Razo.
CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO 2010 E POSTERIORES
BENXAMÍN NADO/AS 2008 E 2009
ALEVÍN NADOS/AS 2006 E 2007
INFANTIL NADOS/AS 2004 E 2005
CADETE NADOS/AS 2002 E 2003
XUVENIL-XUNIOR NADOS/AS ENTRE 1998 E 2001
PROMESA-SENIOR NADOS/AS 1997 ATA 34
VETERANO A DESDE QUE CUMPREN 35 ATA 49 ANOS
VETERANO B DESDE QUE CUMPREN 50
HORARIOS
A partir das 10:45 hs abrirase Secretaría da proba para a retirada de dorsais.
INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é
gratuita.
Na categoría de maiores o límite de participantes é de 300 participantes.
A data límite de inscrición para a proba de maiores é o mércores, 23 de agosto ás
24:00, xa que esta proba será controlada por chip.
Para inscribirse na carreira de maiores pode realizarase únicamente na páxina web da
Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com sendo necesario en todos os casos
aportar os seguintes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, NIF con letra, localidade,
federado ou non email de contacto e teléfono.
As inscricións das probas de nen@s permanecerán abertas ata o mércores, 23 de
agosto ás 24:00. Non levan chip. Os datos necesarios para a inscrición d@spequen@s serán os
seguintes: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade e autorización pai/nai/titor.
Na categoría de pequen@s non hai límite de participantes.
A inscrición para as categorías de pequen@s será únicamente na web da Federación
Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
O mesmo día da proba, ata media hora antes do comezo de cada carreira.
CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde
de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
HORARIO CATEGORÍAS DISTANCIA
12:15 H Pitufos 100 m
12:30 H Alevín e benxamin
(media volta) 1,25 km
12:45 H Cadete e Infantil
(1 volta) 2,5 km
13:00 H Xuvenil-Xunior, Promesa-Senior, Vet A e Vet B
(2 voltas) 5 km
13:45 H ENTREGA DE PREMIOS
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de
cada proba.
AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida,…
Baño na Praia controlado pol@s socorristas do concello de Carballo ou servizo de
duchas na propia Praia de Razo.
PREMIOS
Recibirán trofeo/medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas da carreira
de maiores dos 5 km.
Recibirán trofeo/medalla os 1º e as 1ª clasificad@s de cada categoría, menos os
pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificad@ do concello de Carballo.
Ningún deportista levará máis dun premio.
Este ano, 2017, como novidade daremos un premio especial “A vida co deporte”. Será
galardonada a familia Raña Fuentes.
SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes
(licencia ou licencia de día) e responsabilidade civil concertada por o club deportivo Os
Muditos. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia,
inobservancia das leis,… Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a ou
dende o lugar no que se desenvolve a proba. Así mesmo recoméndase a todas as persoas que
vaian participar, se fagan un recoñecemento de aptitude médico-deportiva que descarte
calquera patoloxía que impida a súa participación.
A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación
no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores.
Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o
presente regulamento. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu
cumprimennto.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF