Calendario
Info da proba

Baiona

16/09/2017 16:00 - 19:00
Regulamento III VERTIATLON SOLIDARIO DE BAIONA
(proba popular aberta a licenzas de un día)

Evento solidario destinado á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates de Baiona (MRCYB)



Planos na web da FEGATRI

REGULAMENTO

Organiza:
Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno
Email: fegatri@hotmail.com
Teléfono: 982 251345

Coorganiza:
Concello de Baiona
Monte Real Club de Yates de Baiona

Patrocina:
Verti Seguros

Colaboran:
Cocacola
Protección Civil
Cruz Roja Española
Arena
Parador Nacional de Bayona
Club Natación Galaico
Triatlón Motobike Pontevedra
Secretaría Xeral para o Deporte

Datas e horarios das carreiras:
Sábado, 16 de setembro de 2017
16:00 h. 1ª saída
16:10 h. 2ª Saída/feminina
(os dorsais de cada saída serán determinados polo DT e publicados coa inscrición definitiva)
18:00h. Finalización prevista da proba
18:30 h. Entrega de premios nas instalacións do MRCYB

Distancias:
Sprint:750 m de natación (1 volta) – 18,200 km en bicicleta (3 voltas)– 5 km de carreira a pé (2 voltas)
Categorías masculina e feminina:
-Cadete, Junior, Absoluto e Veterán
(Nados no ano 2002 e anteriores)
Saída, Transición e Meta:
Saída en Praia de A Barbeira
Transición e meta nas inmediacións da praia de Ribeira.
Os deportistas deberán estar situados na cámara de chamadas 10 minutos antes da saída

Recollida de dorsais:
Sábado 14:30h. a 15:30 h. Monte Real Club de Yates de Baiona

Reunión técnica:
Sábado, 12:00 h Museo da Navegación

Control de material: OBRIGATORIO PRESENTAR LICENZA OU D.N.I.
De 14:30 a 15:45 h.

Premios:
- Trofeos para os tres primeiros e primeiras de cada categoría.
- Trofeos para o primeiro e primeira clasificados da xeral censados en Baiona
- Camiseta para todos os participantes.

Cronometraxe : Electrónica- Chip Amarelo

Normas de competición
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición e da Federación
Galega de Tríatlon.

O deportista é responsable de coñecer as normas de competición polas que se rexe a proba.
Pica para ver o Regulamento de Competición FETRI 2017
Ver normativas FETRI
Ver Regulamentos FEGATRI

Inscricións: Do 1 de xuño ao 31 de agosto

(Limitado a 200 inscricións + 30 prazas reservadas á organización)
Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web.

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Regulamentos/Inscricións.

O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV

Federados con licenza de ámbito estatal

CLUBS.- Accederán a través do apartado competicións, picando na pestana
Regulamentos/Inscricións e accedendo á carreira de referencia. Unha vez que se accede á carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN, e introducirase o código do club (o código a utilizar é o mesmo que o do programa de licenzas)

DEPORTISTAS INDIVIDUAIS.- Deberán introducir o seu número de licenza e a data de nacemento.
O pagamento deberá facerse con tarxeta bancaria a través de TPV.

Prezo 25€.- Cadetes gratuíta

Licenzas 1 día:
Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picarase en REGULAMENTOS/INSCRICIÓNS para acceder á carreira. Dentro da Carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN e introduciranse os datos.

O Pagamento realizarase a través de TPV con tarxeta bancaria. (Custe licenza de 1 día de 12 € dos que a organización subvenciona 7€+ 25€ Inscrición)

Total ingreso 30€ .- Cadetes non federados só aboarán 5€ de licenza de un día.

Imprescindible, para que a inscrición sexa válida, enviar a copia do DNI en vigor á Federación (fegatri@hotmail.com)

Baixas e política de Devolucións
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.

As devolucións serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.

Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificacións.

A recadación das inscricións será destinada na súa totalidade á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates de Bayona

Nº conta fila 0 en apoio á Escuela de Vela Adaptada do MRCYB: Abanca ES92 2080 0559 2330 40003658