Calendario
Info da proba

Nigrán

12/08/2017 11:00 - 13:00
Regulamento http://www.carreirasgalegas.com/reglamento/vii-nigr-n-area-2017/89b9b06f-7b61-615e-d7ad-39df771b090a

VII NIGRÁN AREA

NIGRAN, 12 AGOSTO de 2017

REGULAMENTO DA CARREIRA
Art. 1) A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, organizan o día 12 de agosto o VII Nigrán Area de atletismo pola area,que dará comezo as 11:00h.

Art.2) Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo
.
Art.3) Os circuitos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia América, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.

Art.4) CATEGORIAS, DISTANCIA, HORARIOS E ORDEN DE SAIDA.

HORARIO CATEGORÍA ANO DISTANCIA

11:00 h Cadetes Femininos/Masculinos 2003/2002 2.000 m
11:15 h Infantís Femininos/Masculinos 2005/2004 1.500 m
11:30 h Alevíns Femininos/Masculinos 2007/2006 1.000 m
11:40 h Benxamíns Femininos/Masculinos 2009/2008 500 m
11:45 h CARREIRA ABSOLUTA 2001/anteriores 6.000 m
12:30 h Pre-benxamíns Femininos/Masculinos 2011/2010 300 m
12:40 h Pitufos Femininos/Masculinos 2013/2012 100 m
13:00 h ENTREGA DE PREMIOS

Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Xuvenís 2001/2000 Veteráns A de 35 a 44 anos Fem/Mas.
Junior 99/98 Veteráns B de 45 a 54 anos Fem/Mas.
Promesa/Sénior 97 ata Veteráns Fem/Masc. Veteráns C de 55 anos en adiante Fem./Mas

Art.5) LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO.
Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
Art.6) INSCRICIONS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa si a ten, teléfono de contacto e nome do club no caso de non ser independente.
O prazo remata o mércores 9 de agosto ás 20 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
INSCRIPCIONS CARREIRA ABSOLUTA DE XUVENIS A VETERANS
Terán un custe de 6 €.
Sociedad Atlética Val Miñor, NIF:G-36783991, Rexistro deporte Xunta de Galicia nº C-04639, e-mail: savalminor@hotmail.com
paxina web: http://www.atletismovalmiñor.com
TODO PARTICIPANTE QUE O DESEXE PODE FACER UNHA APORTACION PARA O PROXECTO DE UNICEF “GOTAS PARA NIXER”. A
través da plataforma de www.carreirasgalegas.com
Conforme a L.O.P.D. 19/99 a Sociedad Atlética Val Miñor informa que seus datos son gravados nos nosos arquivos para a xestión da relación contractual. Vostede pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través do envío dun correo electrónico a savalminor@hotmail.com
Farase acedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo no enlace: www.carreirasgalegas.com,
onde será obrigatorio facer o ingreso dos 6€ con tarxeta na pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario.
Tamén se poderá facer nos seguintes lugares, onde o pago será feito en efectivo:
Oficinas de turismo de Nigrán .
1.- Praza da Constitución s/n . Código Postal 36359. Nigrán (Pontevedra). Tlf . 986365000
2.- Gaifar- Panxón . Av. Praia América s/n. Código Postal 36350.. Nigrán (Pontevedra)
A carreira absoluta, está limitada a 1.000 participantes.
INSCRIPCIONS CARREIRAS MENORES DE PITUFOS A CADETES: Na plataforma de carreirasgalegas.com de forma
gratuita ou presencialmente nos mesmos lugares indicados anteriormente, ou na oficina de turismo de Praia América. As categorías menores NON levarán chip.
Art.7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. Ante calquer dúbida e imprescindible presentar o xustificante de pago para retirar o dorsal.
Art.8) PREMIOS.
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín ata cadete e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias.
• Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.
Os premios individuais non serán acumulables.
Haberá recordo conmemorativo para os 1000 primeiros inscritos da carreira absoluta.
A organización poderá esixir a documentación de todas/os aquelas/es participantes que leven premio.
Art.9) Todo corredor que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.
Art.10) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art.11) As reclamacións ós resultados oficias, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Sociedad Atlética Val Miñor, NIF:G-36783991, Rexistro deporte Xunta de Galicia nº C-04639, e-mail: savalminor@hotmail.com
paxina web: http://www.atletismovalmiñor.com
TODO PARTICIPANTE QUE O DESEXE PODE FACER UNHA APORTACION PARA O PROXECTO DE UNICEF “GOTAS PARA NIXER”. A
través da plataforma de www.carreirasgalegas.com
Conforme a L.O.P.D. 19/99 a Sociedad Atlética Val Miñor informa que seus datos son gravados nos nosos arquivos para a xestión da relación contractual. Vostede pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través do envío dun correo electrónico a savalminor@hotmail.com