Calendario
Info da proba

Vigo

29/10/2017 11:00
Regulamento REGULAMENTO

ORGANIZACIÓN
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), baixo o control técnico de Laptime Cronometraxe de Eventos Deportivos, organiza a V Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple.

DATA: A proba celebrarase o domingo 29 de Outubro, ás 11:00 horas.

PERCORRIDO E DISTANCIA
O circuíto terá o seguinte trazado: Rúa Pescadores – Rúa Eduardo Cabello - Av. Beiramar – Rúa Jacinto Benavente - Rúa Coruña - Rúa Tomás A. Alonso. A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda Suárez Llanos( Bouzas).

Dúas modalidades opcionais:
▲ ANDAINA (Non competitiva, non cronometrada): Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m.
▲ CARREIRA (Competitiva, cronometrada): Dúas modalidades opcionais:

5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m.
10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10100 m.

AVITUALLAMENTO
A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as probas, na Alameda Suárez Llanos. Ademais, os participantes da 10K terán un avituallamento líquido ao inicio da segunda volta.

PECHE DE CONTROL
O tempo máximo para realizar a proba será de 1 hora 30 minutos para tódalas modalidades.
Transcorrido este tempo, os participantes que sigan en carreira deberán retirarse do circuíto.

PARTICIPACIÓN
Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas maiores de idade (18 anos cumpridos ou máis) que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.

Como caso excepcional e sempre baixo a responsabilidade dos paIs e/ou representantes legais, permitirase a participación de menores de idade:
· Andaina: sen límite de idade.

· Carreira (5K e 10K): na categoría SUB 24 permitirase a participación dos corredores a partir de 15 anos cumpridos.

Dorsal 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero si queiran contribuír a que AVEMPO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo para a asociación.


INSCRICIÓN
A cota de inscrición será de:
▲ ANDAINA:
Menores de 9 anos: 3 €.
A partir dos 9 anos: 5€
▲ CARREIRA:
5K: 8 € para tódalas categorías.
10K: 10 € para tódalas categorías.

A inscrición farase efectiva cubrindo o Formulario de Inscrición que se atopa a disposición dos interesados en:

▲ Sede de AVEMPO: sita en Rúa Camilo Veiga, nº44- Planta Baixa (Bouzas), Vigo.
► En efectivo.

www.laptime.es
► A través das opcións de pago que ofrece a propia web.

* Especificacións sobre a inscrición de menores de idade:

A participación dun menor na carreira esixirá, ademais, que os seus representantes legais presten o seu consentimento escrito. Dito documento poderá ser lido e asinado:

- Na sede de AVEMPO.

- Na recollida do dorsal o día da carreira.

Prazo de inscrición: do 15 de Septembro ao 25 de Outubro ás 19:00 h (na sede) / 23:59 h (na web).

* INSCRICIÓN DE ÚLTIMA HORA: Excepcionalmente, prorrogarase o prazo ata o 26 de Outubro ás 19:00 h (na sede) /23:59 (na web) cun sobrecusto adicional de 2€ por inscrición.

En todo momento, os participantes poderán consultar o estado da súa inscrición no apartado correspondente de www.laptime.es. Os participantes que non finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.

Os 300 primeiras persoas en tramitar a inscrición NA MODALIDADE DE CARREIRA (independentemente da distancia que vaian correr e de se se tramitou on-line ou no local), recibirán como agasallo unha camiseta técnica da carreira, que se lle entregará no momento da recollida do dorsal.

DORSAIS E CHIPS
Tódolos participantes deberán estar identificados co seu dorsal (andaina) ou dorsal+chip (carreira) ben fixados, en calquera parte do corpo que sexa visible frontalmente.

A recollida de dorsais e chips poderá realizarse:
▲ O 28 de Outubro, entre as 11:00 e as 19:00 horas, na sede de AVEMPO.

▲ O 29 de Outubro, entre as 9:00 e as 10:30, ao lado da liña de meta, na Alameda Suárez Llanos (Bouzas).

Aconséllase a tódolos participantes que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible.

Para a recollida, será preciso presentar o DNI co cal se realizou a inscrición. No caso de menores, deberán ir acompañados do seu representante legal.

Todo corredor que chegue á liña de meta sen o seu dorsal/chip ou non o leve colocado de xeito correcto poderá ser descalificado.

Non se descalificará a ningún atleta por levar auriculares durante a proba.

SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O sistema de cronometraxe, mediante chip de dorsal dun so uso, será facilitado por Laptime (Homologado pola RFEA). O seu uso incorrecto será considerado motivo de descalificación.

* Os participantes na modalidade de andaina terán a obriga de cedelo paso aos participantes das distancias cronometradas durante todo o percorrido e, moi especialmente, no momento da saída; situándose cara o final do grupo.

CATEGORÍAS
▲ ANDAINA: Unha única categoría para tódolos participantes.

▲ CARREIRA: Haberá unha soa clasificación conxunta para cada distancia (5K e 10k), distinguindo na mesma as seguintes categorías: