Calendario
Info da proba

Vigo

24/09/2017 10:00 - 12:00
Regulamento II CARREIRA DESAFÍO PASTOR – ISLAS CÍES

Domingo 24 de setembro de 2017 – 10h – Praia do Vao

Organiza:

Asociación Aguas Abiertas de Galicia Lodeco S.L.U.

Patrocina:

Banco Pastor – Grupo Santander

Colabora:

Concello de Vigo Secretaría Xeral para o deporte

Regulamento:

Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento

Percorrido:

A saída e a meta serán na Praia do Vao e será de unha volta cunha distancia de 7 km


https://www.bikemap.net/es/route/3667833-carrera-popular-7k-dsf-islascies
/


INSCRICIÓNS:

Prezo: 7€ Limitadas a 400 plazas Inscricións on-line na páxina https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1250/ii-carreira-desafio-pastor-grupo-santander-islas-cies

Peche de inscricións o martes 19 de setembro.

.Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:

-DNI - Nome -Apelidos -Data de nacemento -Sexo -Localidade -Teléfono Móbil -Correo electrónico

A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Categorías:

Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:

Categoría Absoluta
Categoría A……………..nad@s entre 1998 e 2001.
Categoría B……………..nad@s entre 1983 e 1997.
Categoría C……………..nad@s entre 1973 e 1982.
Categoría D……………..nad@s entre 1963 e 1972.
Categoría E……………..nad@s no 1962 e anteriores.

Entrega de dorsais e chips:

Praia do Vao Sábado 23 de setembro de 16h a 20h Domingo 24 de setembro de 8h a 9:45h

Premios:

-Trofeos para os tres primeiros/as de cada categoría -Camiseta oficial da carreira , avituallamento final e desconto para comida ou merenda na carpa habilitada para todos/as os/as atletas.

Información de interese para o atleta:

-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.

-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacions do campo de fútbol de Coruxo.

-Información e resultados:

https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1250/ii-carreira-desafio-pastor-grupo-santander-islas-cies