Calendario
Info da proba

Ames

09/09/2017 17:00 - 20:00
Regulamento I CARREIRA DA FAMILIA 2017 – AXUDA EN FAVOR DE ASANOG
09 de setembro de 2017 a partir das 17:00 horas
A carreira da FAMILIA 2017 é un actividade organizada polo Concello de Ames a través da súa
Concellería de Deportes. Consistirá nunha carreira a pé que se celebrará xunto cun programa
de actividades no cal tomarán parte asociacións e clubs do Concello de Ames.
A participación será individual ou en familias monoparentais ou de máis integrantes,
compostos por avós/aboas ou pai/nai e fillos/as.
Toda a recadación do día irá destinada a ASANOG, “Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos
de Galicia”, unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 2012 para contribuir no ámbito
da nosa comunidade a mellorar o estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias.
Toda a información sobre esta asociación pódese consultar no ligazón http://asanog.org/wp/ .
As actividades levaranse a cabo na rúa do Buxo, (aparcamento da Travesía do Porto) a carón
do Centro Comercal NOVO MILLADOIRO. A participación estará aberta a participantes de
calquera idade. Os participantes menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente
acompañados dun adulto.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
HORA ACTIVIDADE
17:00 h Entrega de dorsais e bolsa regalo na carpa organización
17:30 h Inicio da actividade. Sesión musical, animación, baile e DJ
18:00 h Sesión de quecemento grupal
18:15 h Carreira da Familia  3000 m aproximadamente
18:45 h ACTIVIDADES LUDICAS PARA A FAMILIA
19:00 h INCHABLES E XOGOS PARA NENOS/AS
20:00 h SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS – FIN DE FESTA
A carreira disputarase sobre un percorrido de 3 km aproximadamente co obxectivo de que
todos os integrantes das familias participantes poidan disputar a proba sen carácter
competitivo.
Paralelamente á carreira realizaranse actividades lúdicas, animación, actividades impulsadas
polos clubs e asociacións do Concello de Ames, inchables e sesións DJ’s con baile dirixido.
Haberá, a maoires, Foodtruck para picoteo dos participantes na zona de descanso.
INSCRICIÓNS
As inscricións levaranse a cabo a través da páxina web www.emesports.es ata o
mércores 6 de setembro ás 23.59 horas.
O prezo da inscrición será de 5 € por participante adulto e 2 € por participante menor
de 18 anos.
Establecerase no formulario de inscrición a opción “DORSAL 0” no caso de que se
desexe realizar un donativo a Asociación. Tamén o día propio da carreira habilitarase
unha carpa da Asociación para poder colaborar e donar o que cada persoa ou familia
desexe.
PREMIOS
Estableceranse os seguintes premios por “chegados a meta”:
• A familia mais numerosa
• O avó/avoa de máis idade
• 1º e 1ª chegado/a a meta
• A 1ª familia monoparental (deberán entrar xuntos)
• A 1ª familia de 3 integrantes (deberán entrar xuntos)
• A 1ª Familia de 4 integrantes (deberán entrar xuntos)
• A 1ª Familia de 5 integrantes (deberán entrar xuntos)
A proba formará parte do calendario oficial de probas da Federación Gallega de Atletismo