Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: FitoBeer
Novos hoxe: 0
Novos onte: 3
Total: 18500

Xente conectada:
Foreiros: 4
Visitantes: 87
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Betanzos

20/08/2017 11:00 - 12:30
Regulamento XVII CARREIRA POPULAR DE BETANZOS
Domingo 20 de agosto ás 11:00 h
Regulamento:
As probas desputaranse na localidade de Betanzos. A saída e chegada da proba farase na rúa do Castro.
O circuito estará debidamente sinalizado, sendo percorridos polo casco histórico.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da
carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
As inscricións nas probas faranse na páxina web www.carreirasgalegas.com con data límite o xoves
17 de agosto ás 23:59 h.
Prezos da inscrición:
• Proba absoluta, de júnior a veteráns, 5 € por participante. O pago da inscrición farase pola
pasarela de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com
• Probas de menores: inscrición de balde.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da carreira.
Os dorsáis retiraranse na caseta situada a carón da saída ata media hora antes do inicio da proba.
Categorías, distancias e horario de saída:
ABSOLUTA, masculina e feminina: 6000 m 11:00 h.
– Veterán 4 1957 e anteriores
– Veterán 3 1958-1967
– Veterán 2 1968-1977
– Veterán 1 1978-1982
– Sénior 1983-1994
– Promesa 1995-1997
– Júnior 1998-1999
MENORES, masculina e feminina:
– Pitufos 2010-2012 150 m 11:50 h.
– Chupetes 2013-2016 150 m 11:50 h.
– Xuvenil 2000-2001 1400 m 12:00 h.
– Cadete 2002-2003 1400 m 12:00 h.
– Infantil 2004-2005 1400 m 12:00 h.
– Alevín 2006-2007 700 m 12:15 h.
– Benxamín 2008-2009 700 m 12:15 h.
Premios:
– Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos, a
partir da categoría benxamín.
– Trofeo para os vencedores na categoría absoluta masculina e feminina.
– Medallas para todos os nenos e nenas das categorías Pitufos e Chupetes.
– Todos e todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
Poderase solicitar o DNI ou pasaporte para acreditar a idade a aqueles participantes que obteñan algún
premio.
Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos/as participantes no Pavillón Municipal do
Carregal.
1. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona
anterior do corpo, será automáticamente descualificado/a.
2. Aínda que a proba sexa de carácter deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase
un espírito e un comportamento deportivo por parte dos participantes. As reclamacións aos resultados
oficiáis formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
3. O horario de saída poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función das
circunstancias.
4. Todas as persoas participantes estarán amparadas por unha póliza de Responsabilidade Civil e de
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa da
realización da proba deportiva. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desplazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. Non se permitirá
a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a organización, estando estes últimos
debidamente identificados.
5. Coa realización da inscrición todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
poderá utilizar ditas imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
6. Todas a persoas participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou no caso de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA
e IAAF en vigor.
7. A organización conta coa colaboración da Policía Local e Protección Civil, e tamén dispoñerá de
servicios médicos e ambulancia. Os servicios médicos están facultados para retirar da carreira a
calquera participante que manifeste un mal estado físico antes de comezar ou durante a carreira. Así
mesmo recoméndase a todas as persoas que vaian participar, se fagan un recoñecemento de aptitude
médico-deportiva que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
8. A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores.
9. Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o
presente regulamento. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimennto.
10. Todo o non previsto no presente regulamento se rexerá polas normas de competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada.


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy