Calendario
Info da proba

Pintos

19/08/2017 17:30 - 20:30
Regulamento Somos un grupo de xuventude da zona que organizamos unha carreira popular, que se vén transmitindo de xeración en xeración.

Facemos unha mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-36, 36-50 e 51-...), e de festa, xa que contamos ademais, coa venta de rifas para un sorteo, logo da entrega de medallas, de diversos productos, entre os que destacan xamóns, lacóns, productos da terra, produtos vivos, cafeteira... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco, ou polo menos intentalo.

NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e intentando mellorar naqueles puntos fracos que temos. De todos xeitos, pensamos que é unha magnífica oportunidade para pasalo ben e botar unha carreira!

A distancia, a partir da categoría de 14-20 e consecutivas, é de preto de 2km, na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, e un par de baixadas considerables. As distancias para as categorías inferiores son menores, máis adecuadas aos seus rangos de idade.

Para todos aqueles participantes que se animen a correr, entregaráselles gratis unha bebida e un agasallo, cortesía da Organización.

Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade o noso facebook pinchando aquí, onde atoparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar por mensaxe alí.

Este ano, como novidade, contaremos con unha pequena área de entretemento na que as e os máis pequenos poidan estar entretidos mentres os seus acompañantes corren, tratando de facerlles máis entretida a xornada mentres se desenvolven as carreiras.

Por último, lembrarvos que continuamos cunha iniciativa coa que levamos colaborando varios anos: RedeAxuda, do Concello de Pontevedra. Animámosvos a tod@s aquel@s que poidades e vos apeteza aportar algo, pois que colaboredes! Nós neste caso facemos chamamento para produtos sobre todo para rapaz@s, pois estes produtos escasean no verán ao non haber comedor escolar. De todos xeitos, na web de www.redeaxuda.com podedes ver o que se precisa con máis urxencia...

Saúdos e... VÉMONOS O SÁBADO 19!!