Calendario
Info da proba

Oia

10/09/2017 10:30 - 16:30
Regulamento I TRAIL DUATLON COSTA DOS CASTROS (Concello de Oia)

INFORMACIÓN TÉCNICA

•Día: 10 de setembro de 2017.
•Hora: 10:30 h.
•Saída e chegada: Pista deportiva de Viladesuso, Concello de Oia.
•Transición: Praza de Mougás, Concello de Oia.
•Información: Páxina de facebook, TRAIL DUATLOIA COSTA DOS CASTROS ou AS LEBRES DE OIA
•Inscricións: www.galitiming.com , enlace duaoia.galitiming.com
•Páxina web oficial: Facebook I TRAIL DUATLOIA COSTA DOS CASTROS - E-mail: aslebresdeoia@hotmail.com
•Teléfono de información: 600 410 055
•Distancia: 2,5 km. Trail + 18 km. en BTT + 7,5 km. Trail
•Data inicio de inscricións: 1 de agosto.
•Data límite inscrición: 3 de setembro (ou ata completar as prazas).
•Límite de prazas: 300
•Custe inscrición:
o Individual 15 €
o Equipo 25€

Primeira edición dun Duatlón Trail no concello de Oia. Como novidade respeto os duatlóns sprint, destacar a distancia a recorrer a pé xa que vai ser un total de 10km. Comentar que como de costume neste tipo de probas, os tramos serán breves pero intensos.
No 1º sector do trail (Recorrido a pé), constará de 2,5km donde tanto os primeiros como os últimos 300m serán en asfalto e o resto por zona de monte. O 2º sector será máis longo cunha distancia de 7,5km dos cales os primeiros 150 metros e os últimos 600 metros serán en asfalto e o resto por zona de monte onde se poderá disfrutar do seu paso polo castro do Rei Sol (punto máis alto da proba) e paso tamén polo 1º parque privado de Galicia como é As Sobreiras do Faro de Viladesuso.
O tramo de BTT constará de 18km donde os primeiros e últimos 700m serán en asfalto e o resto por zona de monte. Transitará por lugares de interese histórico como pode ser a zona dos castros da Cabeciña e o curro de Mougás.
Tanto na zona de saída/chegada como na transición teremos algunha sorpresa para os participantes e sobre todo moito ambiente.
En canto o tipo de modalidades de inscrición, pódese competir por invidual, equipos masculino, femenino ou mixto.
Na conometración, contamos con cronometraxe dual RFD mediante chip a cargo de Galitiming, pantalla con resultados en directo, reloxos electrónicos con crono na liña de meta e na transición, camiseta técnica conmemorativa, e dorsal personalizado en Tyvek.

REGULAMENTO

•A saída darase na pista deportiva de Viladesuso, situada no Serrallo, parroquia de Viladesuso no concello de Oia as 10.30 horas.
•Os atletas deberán situarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.
•Todos os participantes individuais ou por equipos deben ter as suas bicicletas no box de transición antes das 10h (30 minutos antes da saída)
•O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constará dunha primeira parte nun recorrido de 2,5 km. na modalidade de carreira a pé, un segundo tramo na modalidade de ciclismo BTT cunha distancia de 18 kms (nesta especialidade de ciclismo é obrigatorio o uso de casco), e continúa cunha segunda parte na modalidade de carreira a pé de 7,5 kms.
•A organización non pode garantir a cobertura o longo de todo percorrido.
•A organización, en puntos determinados do percorrido, establecerá controis para retirar a todolos participantes sin dorsal.
•Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
•Non haberá corte e carreira. A organización creou o evento para o disfrute de tod@ aquel que queira participar sen necesidade de cumplir uns tempos máximos.
•A organización vai dispoñer dun box na praza de Mougás para que os participantes poidan deixar o material e facer as transicións. A entrada de BTT na zona de box farase a pé a partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue na bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar os atletas participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a proba. O avituallamento intermedio vai estar instalado neste punto durante a segunda transición, constará de auga.

PARTICIPANTES

•O número máximo de inscritos será de 300.
•Crease unha modalidade por equipos de dúas persoas, na que un dos membros participará na modalidade de BTT e o outro nas de Trail:
o @ participante no Trail tomará a saída no primeiro tramo e daralle o relevo ao compañeir@ nunha zona do Box reservada para eles facendo o cambio de chip.
o @ participante na BTT entrará no Box e deixará a bicicleta no lugar asignado e dirixirase ata o seu compañeiro/a para o cambio do chip e darlle a saída. O incumplimento deste requisito conleva a descalificación do equipo.