Calendario
Info da proba

Riveira

10/09/2017 10:00 - 12:30
Regulamento RIVEIRA21 CAMPIONATO DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN
REGULAMENTO XERAL
Art. 1. DATA
O Concello de Riveira e a Federación Galega de Atletismo organizan o vindeiro 10
de setembro de 2017 o I Medio Maratón Riveira21, que será a súa vez Campionato
de Galicia absoluto e das categorías junior, promesa e veteráns. A proba
disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.
Art. 2. HORARIO e LUGAR DE SAIDA
A saída da carreira terá lugar ás 10.00 horas desde a zona do Malecón de Riveira.
Art. 3. CIRCUÍTO
O percorrido está situado no centro urbán e periferias da cidade de Riveira (A Coruña).
O circuíto estará medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo
(R.F.E.A.).
O circuíto estará completamente pechado ao tráfico e os únicos vehículos que poderán
seguir a proba serán os designados estrictamente pola organización.
Art. 4. CONTROL TECNICO DA CARREIRA
A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación
Gallega de Atletismo.
Art. 5. PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O peche da proba realizarase ás 12.30 h (2 horas e 30 minutos despois da súa saída).
Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo km
10.
Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á
distancia total, a persoa participante que siga en carreira deberase retirar do circuito
oficial de competición.
Página 2 de 6
Art. 6. CATEGORIAS
Estableceranse as seguintes categorías de competición para o medio Maratón
Riveira21:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Júnior 1998-1999
Promesa 1995-1996-1997
Sénior Desde o 1994 e anteriores ata veteranos
Veteranos/as 1 De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
Veteranos/as 2 De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
Veteranos/as 3 De 45 a 54 anos cumpridos no día da proba
Veteranos/as 4 De 55 anos cumpridos no día da proba e anteriores
Para o Campionato de Galicia de Medio Maratón realizaranse as categorías
establecidas na circular do Campionato
http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2050-2017.pdf
Art. 7: INSCRICIONS E PRAZOS
a) As inscricións realizaranse a través da pasarela da páxina web
www.carreirasgalegas.com . Estará operativa desde o 10 de xullo ás 24.00
horas ata o mércores 6 de setembro ás 23.59 horas de 2017.
Para o campionato de Galicia realizaranse no ligazón https://isis.rfea.es/sirfea2/
e terán que ser os clubes os que inscriban no campionato aos seus atletas.
Ojo morado Cotas da inscrición:
CARREIRA DO 10 DE XULLO AO 3 DE
SETEMBRO
DO 4 DE SETEMBRO AO 6
DE SETEMBRO
Medio Maratón Riveira21 15,00 € 18,00 €
A inscrición no Campionato será gratuita, pero o atleta que non se inscriba no
medio maratón Riveira21 perderá a opción a recibir o agasallo técnico e a optar
a calquera tipo de premio da carriera popular.
Página 3 de 6
Art. 8. ENTREGA DE DORSAIS-CHIP
Realizarase o sábado no Concello de Riveira de 18 a 22 horas e o domingo 10 de
setembro entre ás 08.30 e 09.30 horas na zona do Malecón.
Art. 9. UTILIZACIÓN DE DORSAIS-CHIP
Os dorsais son persoais e intransferibles e deberán ir colocados na parte anterior do
corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así se deberán levar durante toda a
proba. O chip tamén é persoal e intransferible. A inobservancia deste artigo será
motivo de descualificación.
Non serán admitidos pola organización corredores/as que non estean inscritos/as ou
corran sen dorsal e chip, ou co dorsal e chip correspondentes a outra carreira.
Impedirase que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos dos
regulamentariamente inscritos.
Art. 10. SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de
control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por
todos os puntos de control establecidos poderán ser descualificadas se así o decide o
xuíz árbitro da proba, coa consecuente eliminación dos resultados finais oficiais.
Art. 11. COLOCACIÓN PREVIA E CAIXÓNS DE SAÍDA
As persoas participantes deberanse colocar na zona acoutada que lles corresponda na
saída, segundo o dorsal que teñan asignado. Deberán estar no seu lugar non máis
tarde de 10 minutos antes do disparo oficial de saída. No caso de que o volmen de
atletas inscritos o requira, estableceranse caixóns de saída por marca, co cal no
momento da inscrición deberán reflexar a mellor marca realizada na distancia en
probas homologadas.
Art. 12. UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais,
sen axudas externas.
Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se
permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr
acompañados destes en ningún momento.
Art. 13. AVITUALLAMENTOS
Realizaranse postos de avituallamento nos kilómetros 5, 10, 15 e meta.
Página 4 de 6
Art. 14. SERVIZOS MÉDICOS
A proba dispoñerá dos servizos médicos conforme a ley vixente para competicións
deportivas.
Art. 15. OUTROS SERVIZOS
A organización poñerá a disposición das persoas participantes avituallamento e
GARDARROUPA na zona de saída/meta, e duchas e vestiarios no polideportivo
municipal de Coroso e Centro Deportivo de A Fieiteira.
Art. 16. CLASIFICACIÓN
Realizaranse as seguintes clasificacións:
- Clasificación Xeral Absoluta
- Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
- Clasificación por clubes
Art. 17. PREMIOS
INDIVIDUAIS
CATEGORÍA HOMES /
MULLERES POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º/ª Si 300 €
Absoluta Si 2º/ª Si 200 €
Absoluta Si 3º/ª Si 100 €
Absoluta Si 4º/ª 75 €
Absoluta Si 5º/ª 50 €
CLUBES
CATEGORÍA HOMES /
MULLERES POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º/ª Si 300 €
Absoluta Si 2º/ª Si 200 €
Absoluta Si 3º/ª Si 100 €
Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Así mesmo, entregaránselles trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das
categorías indicadas no artigo 6 do presente regulamento.
Página 5 de 6
Art. 18. ENTREGA DE PREMIOS
Realizarase ás 12.30 horas no palco situado na zona de saída meta. Os/as atletas
premiados/as deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento
no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes
da chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no
momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
Exclusivamente poderán subir ao pódium os/as atletas premiados/as. Non se
entregará o premio a ninguén que non sexa o/a propio/a atleta.
Art. 19. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na
zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados
oficiais.
Art. 20. DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta
que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a
documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as
indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros
da organización debidamente identificados.
Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor que non leve
visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non
complete o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas
Normas da FGA, RFEA ou IAAF.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.
Art. 21. RESPONSABILIDADE
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a
proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que
cubrirá as incidencias inherentes á proba.
Página 6 de 6
Art. 22. LOPD
Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a
inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan
utilizados polo Concello de Riveira e a Federación Galega de Atletismo para
comunicacións sobre as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a proba.
Art. 23. COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
Art. 24. CAMBIOS NO REGULAMENTO
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente
regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás
persoas participantes.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas
normas da FGA, RFEA e da IAAF.