Calendario
Info da proba

A Cañiza

27/08/2017 10:00 - 12:00
Regulamento REGLAMENTO CROSS DO XAMON
“A CAÑIZA 2017”
1º.- A saída será as 10:00 do 27 de agosto dende o CONCELLO DE A CAÑIZA.
2º.- As inscripcións pecharanse sen excepción ás 22:00 h. do día 23 de Agosto e non se
admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º.- Poderán participar tódolos atletas que o desexen estén federados ou non.
4º.- A todos os participantes facilitaráselle o dorsal correspondente , debendo colocalo
no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
5º.- Tendo a inscripción feita, e notificando previamente poderase aboar a cuota de
inscripción o mesmo día da proba nas inmediacións da saída.
6º.- Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos
e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.
7º.- O participante asume que para tomar parte neste cross se encontre en bo estado
físico e médico, sendo exclusivamente da sua responsabilidade calquera problema
derivado da sua saude, aceptando as normas da organización tendo coñecemento pleno
do presente reglamento
8º.- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir
os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará
disposto un equipo de primeiros auxilios.
9º.- Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira a organización
agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
10º.- A entidade Cronotec encargarase de cronometrar a proba.
11º.- A clasificación será absoluta, e por categorías masculina e feminina.
12º.- CATEGORIAS:
Junior
Senior: dende 1.981 ata 1.995
Veteráns A: dende 1.970 ata 1.980
Veteráns B: dende 1.960 ata 1.969
Veteráns C: dende 1.959 en adiante
- No caso de que houbera algún/ha menor interesado en participar, poderá facelo
sempre baixo a responsabilidade dos pais ou titures legais na categoría Junior.
13º.- Haberá trofeos aos 3 primeiros da clasificación absoluta masculino e femenino, e ao
primeiro de cada categoría masculina e feminina. Os premios nos son acumulativos.
14º.- Trofeo especial ao primeiro corredor empadroado no concello da Cañiza masculino
e femenino.
Art. 10 A aceptación deste reglamento implica a autorización a organización da
grabación total o parcial da sua participación na mesma, presta o seu consentemento pra
que poida ser utilizada a su imaxen na promoción e difusión da proba, de todas las
formas posibles, (radio, prensa, video, foto, DVD, internet, carteles, medios de
comunicación, etc.), sin dereito pola sua parte a recibir compensación económica
algunha.
16º.- O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
A Direccion