Calendario
Info da proba

Moaña

23/09/2017 19:00
Regulamento A Concellería de Deportes do Concello de Moaña, coa colaboración e dirección técnica do Club Atletismo Samertolameu, organizan o Sábado 23 de Setembro a partir das 16:30 horas, a XIV Carreira Pedestre Concello de Moaña.

A carreira conta co patrocinio do Concello de Moaña, e a colaboración da Policia Local e Protección Civil.

A zona de saida, control, e recollida de dorsais estará situada nas pistas de atletismo do Concello de Moaña.

REGULAMENTO

1. PARTICIPACIÓN

Poderán participar atletas federados e non federados, sin importar condición, sexo ou nacionalidade, sempre atendendo o regulamento da proba. O control da carreira estará a cargo do Club Atletismo Samertolameu.


2. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN

Para a XIV Carreira Pedestre Concello de Moaña as categorías de competición serán as seguintes, na sua modalidade masculina e femenina respectivamente:


PITUFO Nados do 2012 en adiante
PREBENXAMIN Nados en 2010 e 2011
BENXAMIN Nados en 2008 e 2009
ALEVIN Nados en 2006 e 2007
INFANTIL Nados en 2004 e 2005
CADETE Nados en 2002 e 2003
XUVENIL/JUNIOR Nados entre 1998 e 2001
PROMESA/SENIOR Nados entre 1997 e anteriores ata cumprir 35 anos
VETERANOS A, 35 a 44 anos
VETERANOS B, 45 a 54 anos
VETERANOS C, mayores de 55 anos


3. DISTANCIAS E HORARIO

O percorrido das probas consta de varios circuitos, adaptándose a cada categoria.

O percorrido da proba popular, será totalmente chan, e ainda que non homologado, é de 10km medidos tanto por GPS como por roda topográfica.

Existe a posibilidade de facer soamente 1 volta o circuito (5km), para a cal existirá clasificación absoluta independente.
Este ano as probas escolares se celebrarán nun circuito sobre herba nos xardins da Xunqueira.

16.30 h ALEVÍN, 1000 m aprox.
16.40 h INFANTIL 2000 m aprox.
17.00 h CADETE 3000 m aprox.
17.25 h BENXAMÍN, 800 m aprox.
17.40 h PREBENXAMIN, 400 m aprox.
17.50 h PITUFOS, 100 m aprox.
18:00 h Entrega trofeos/medallas probas escolares.
19:00 h CARREIRA POPULAR (xuvenil, junior, promesa, senior, veteranos A, B e C) 10 km (2 voltas circuito e entrada meta) e 5km (1 volta circuito e entrada en meta).
19:45 h Coa entrada dos primeiros corredores se dará inicio a festa fin de carreira.
20:30 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA (Pistas de Atletismo Concello de Moaña)



A saida da carreira popular (10 km/5km) terá lugar frente as pistas de atletismo o Sábado 23 de Setembro as 19.00 h, quedando a meta dentro das pistas de atletismo.

O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 15 min.

O percorrido da proba estará indicado, controlado, e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.


4. INSCRICIONS


Prazo de inscripción:

• NON SE ACEPTARÁN INSCRIPCIÓNS O DIA DA PROBA.

• O prazo de inscripción se abre o día 1 de Agosto as 00:00 horas

• O prazo para as inscripcións finaliza o Xoves 21 de setembro ás 23:59:59 horas.

Prezo de inscripción:

• CATEGORIAS INFERIORES: GRATUITA
• CATEGORÍAS XUVENIL E POSTERIORES: 10,00 € (inclue bolsa do corredor con agasallo e festa fin de carreira)


Realización de inscripción:

• Na web www.prueba-t.es
• Os Clubes/Equipos con máis de 10 inscripcións poden poñerse en contacto co Club para xestionar a inscripción mediante folla Excel.

clubatletismosamertolameu@gmail.com

• En caso de ter problemas na web poden facerse as inscripcións en:
o INSCRICIÓN POR TELÉFONO: 611455454
o INSCRIPCION POR EMAIL: clubatletismosamertolameu@gmail.com

No caso de inscripcións por email ou teléfono pode facerse o ingreso nas seguintes contas:

ES78 2080 5047 7230 4002 4944 (Abanca)

Datos necesarios para a inscripción:
• NIF (si ten)
• Nome e apelidos
• Sexo
• Data completa de nacemento
• Nome do Club (si ten)
• Localidade
• Provincia
• Email
• Teléfono de contacto



Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.

Haberá un límite de 750 inscritos.

Teléfonos de información: 610516242 - 611455454


5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS

Realizarase o día da proba dende as 15.30 horas, nas pistas de atletismo, ata 30 minutos antes do inicio da mesma.

CONTROL CON CHIP: A proba de adultos e nenos (excepto pitufos) estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal. O finalizar a proba, tódolos atletas deberán devolver o chip

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS

Na XIV Carreira Pedestre Concello de Moaña, outorgaranse os seguintes premios:

CATEGORIAS INFERIORES

• Trofeo para o primeiro clasificado
• Medallas conmemorativas aos 2º e 3º clasificado de cada categoría e sexo.



PROBA ABSOLUTA. CARREIRA POPULAR 10 KM

• Trofeo o primeiro/a atleta de Moaña.
• Trofeo aos primeiros/as corredores/as de cada categoría e sexo.
• Medallas conmemorativas aos 2º e 3º clasificado de cada categoría e sexo.
• Premios en metálico aos 3 primeiros/as clasificados/as da Carreira Popular 10 km tanto en homes como mulleres.

› 1º/ª Clasificado/a: 150 €
› 2º/ª Clasificado/a: 100 €
› 3º/ª Clasificado/a: 75 €

PARA PODER PERCIBIR O PREMIO SERÁ OBRIGATORIO A PRESENTACIÓN DO DNI OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE.

PROBA ABSOLUTA. CARREIRA POPULAR 5 KM

• Trofeo aos primeros/as corredores/as.
• Medallas conmemorativas aos 2º e 3º clsificados.
• Non haberá premios por catégorias.
• Non haberá premios en metálico.



7. SERVIZOS A DISPOSICIÓN DOS PARTICIPANTES

• Festa fin de carreira a partir das 19:40 horas.
• Servicio médico na zona de chegada.
• Ambulancia na zona de chegada.
• Haberá Servizo de Duchas no Polideportivo frente as pistas de atletismo.
• Haberá servizo de fisioterapia ó finalizar a proba absoluta.
• Haberá avituallamento liquido durante a proba absoluta, aproximadamente nos km 2’5, 5 e 7’5.
• Entregarase bolsa do corredor a tódolos participantes que rematen a proba absoluta (5km/ 10km).

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:

- www.prueba-t.es
• - www.correrengalicia.org

8. SEGUROS

Os participantes da proba estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil concertado por o Concello de Moaña, e por un seguro de accidentes contratado pola organización.

9. Toda persoa que corra SIN estar inscrita, o fará baixo a sua responsabilidade, e non poderá participar de trofeos, premios, nin obsequios. Ademais, non estará amparada por o seguro da proba.

10. O percorrido estará debidamente controlado, indicado, e sinalizado cada km, ademais, existirá un posto de avituallamento aproximadamente nos puntos kilométircos 2’5, 5 e 7’5.

11. Os servizos sanitarios e ambulancia estarán ubicados na zona de saida.

12. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados por a organización. Non está permitido o acompañamento dos participantes nas distintas carreiras.

13. Durante a proba levarase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sin dobrar. A non observancia ou pérdida do dorsal será causa de descalificación.

14. A organización reservase o dereito de modificar este regulamento si as circunstacias o aconsellan (informando oportunamente)
Calquera circunstancia acontecida que non esté recollida en este regulamento, resolverase según o criterio da organización, e a sua decisión será inapelable.

15. Tódolos participantes debidamente inscritos, por o mero feito de tomar a saida, aceptan o presente regulamento, e en caso de dúbida, ou de xurdir algunha circunstancia non recollida no mesmo, aceptarán as decisións do comité organizador.

16. O Concello de Moaña e a Organización non se fan responsables dos danos morais ou materiais que poidan sufrir os participantes da proba, salvo aqueles que queden amparados por as polizas de seguros contratadas por a organización (a cobertura destas polizas estará a disposición de tódolos participantes que así o desexen)


17. DESCALIFICACIÓNS

Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descualificados a criterio da Organización. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

• Todo atleta que non realice o percorrido completo.
• Todo atleta que mostre comportamentos antideportivos.
• Todo atleta que sexa acompañado durante a proba.
• Todo atleta que non leve o dorsal claramente visible na parte dianteira.