Calendario
Info da proba

Monforte de Lemos

13/08/2017 18:00 - 19:30
Regulamento O Concello de Monforte de Lemos e o club de Atletismo A Gandara, coa colaboración de a
Federación Galega de Atletismo e a Delegación da F.G.A en Lugo, organizan a Iª Milla Urbana de
Monforte de Lemos.
Desarrollárase o vindeiro día 13 de agosto a partir das 18:00 h. no circuito da Compañía,
enfrente aos Escolapios de Monforte.
Proba oficial da F.G.A. As probas levaranse a cabo baixo o control técnico da Federación Galega
de Atletismo (Delegación de Lugo). Poderán participar atletas federados e non federados.
HORARIOS CATEGORÍAS E DISTANCIAS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
18:00 BENXAMÍN (2008-2009) 1 volta (600m)
18:10 ALEVÍN (2007-2006) 1 volta (600m)
18:20 INFANTIL (2005-2004) 2 voltas (1200m)
18:30 CADETE (2003-2002)
XUVENIL - JUNIOR (2001-1998)
3 voltas (1609m)
18:40 PROMESA-SENIOR (1997 ATA 34 ANOS) 3 voltas (1609m)
18:50 VETERÁNS “A” (35-44 ANOS)
VETERÁNS “B” (45-54 ANOS)
3 voltas (1609m)
19:00 VETERÁNS “C” (55-64 ANOS)
VETERÁNS “D” 65 EN ADIANTE
3 voltas (1609m)
19:10 PREBENXAMÍN (2010-2011) 150 mts
19:20 BIBERÓNS (2012-2013-2014) 100 mts
19:30 ENTREGA DE TROFEOS
Os horarios poderán sufrir modificacións en función das inscricións.
CIRCUITO
O circuito consta dunha recta a que deberán dar un percorrido de ida e de volta, debendo
dar 1, 2, o 3 voltas completas o mesmo, en función das idades dos participantes. Ubicase na
praza da Compañia de Monforte de Lemos.
1ª MILLA URBANA
DE MONFORTE DE LEMOS
INSCRICIÓNS
• As inscricións deberán estar no poder da organización antes do día 10 de Agosto de
2017. Sendo as INSCRICIÓNS GRATIS.
• As inscricións para as carreiras se realizarán a través a web de www.carreirasgalegas.com
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: A retirada de dorsais realizarase na praza da Compañía dende as
17:00h ata 30 min. antes do comezo da súa proba.
PREMIOS
1 -Entregaranse trofeos os 1º, 2º e 3º das categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete,
Xuvenil-Junior, Promesa-Senior e Veteráns (A, B, C, D) tanto masculino como feminino.
2 -Nas carreiras dos Prebenxamíns e Biberóns todos os participantes recibirán un obsequio
conmemorativo.
3 -Haberá trofeo á mellor marca masculina e feminina das millas desputadas.
REGULAMENTO
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, que irá situado no peito e terá que ser
visible no desenrolo da proba.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá
durante o transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser
descalificados.
3º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
4º.-Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o
circuíto da carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
5º.-Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á Organización.
Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
5º.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír
acepta o presente regulamento.
7º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o
mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
8º.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora
antes do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios
médicos, están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase
un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os
inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento de aptitude
médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
9º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
10º.- Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de
ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.