Calendario
Info da proba

Lira

05/08/2017 19:00 - 21:00
Regulamento XXIV CARREIRA A PÉ - LIRA
 DATA: sábado 5 de agosto.
 LUGAR: Mar de Lira (Lira)
 PROMOVE: A. C. Canle.
 PATROCINA: Stolt Sea Farm. S.A.
 COLABORA: Concello de Carnota, Bar Moncho, Restaurante Doña Teresa e
voluntarios.
 Categoría, ano de nacemento, distancias, hora de saída e inscricións:
Categoría
Ano de
nacemento Distancias Hora de saída Gastos de
inscrición
Prebenxamíns 2010 e posteriores 300m aprox 19:00 non
Benxamíns 2008-2009 500m aprox 19:05 non
Alevíns 2006-2007 1500m aprox 19:15 non
Infantís 2004-2005 1500m aprox 19:15 non
Cadetes 2002-2003 3118m aprox 19:30 non
Xuvenís 1999-2000-2001 9660m aprox 20:00 8 €
Senior 1979-1998 9660m aprox 20:00 8 €
Veteráns 1978 e anteriores 9660m aprox 20:00 8 €
NOTA: os horarios das carreiras non están libres de sufrir algunha modificación se presenta algún
imprevisto de última hora.
 Inscricións:
Ata o xoves 3 de agosto ás 23:59 h a través de carreiralira.galitiming.com.
As inscricións das categorías: xuvenís, senior e veteráns, terá un custo de 8
euros.
Os nenos e nenas das categorías inferiores son de valde. Os prebenxamíns,
benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, tamén deberán inscribirse a través de
galitiming (se queda fóra do plazo de inscrición poderán participar igual na
carreira).
Nas categorías: prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís todos os
participantes inscritos pola web recibirán unha medalla.
 Datos obrigatorios para as inscricrións:
N.I.F., nome e apelidos, data de nacemento completa, sexo, teléfono de contacto
(se o ten) e mail de contacto (se o ten).
 Premios:
Prebenxamínstrofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Benxamíns trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Alevíns trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Infantís trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Cadetes trofeo para 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º clasificado.
Xuvenís trofeo para os tres primeiros clasificados.
Seniors trofeo para os tres primeiros clasificados.
Veteráns trofeo para os tres primeiros clasificados.
 Percorridos:
Todas as carreiras saíran e chegarán a Mar de Lira, menos a dos benxamíns que
acabará no medio das escabaleiras
- 300 m - prebenxamíns.
- 500 m - benxamíns.
- 1500 m - alevíns e infantís.
- 9660 m - xuvenís, seniors, veteráns.
 Regulamento:
1. A asociación CANLE será a organizadora da XXIV CARREIRA A PÉ de
Lira.
2. A carreira estará controlada por personal de Galitiming e de Canle (comité
organizador).
3. A asociación e os seus colaboradores non se fan responsables de danos
morais, físicos ou materiais que así mesmo ou a outras persoas lles
ocasionen aos participantes nesta proba deportiva, nin outros que, con
motivo da competición, poidan corresponder ante o seguro da proba ou outra
mutualidade.
4. Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes
bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
5. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu
cumprimento.
6. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola
organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe de
estar sempre ben visible.
7. Todo corredor que non realice o precorrido completo, que chegue á meta sen
dorsal ou a xuízo da organización cometa algúnha irregularidade, será
descalificado.
8. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da
proba. Os horarios son os seguintes:
 Prebenxamíns – 19:00 h
 Benxamíns - 19:00 h
 Alevins – 19:15h
 Infantís – 19:15h
 Cadetes – 19:30 h
 Xuvenís – 20:00 h
 Seniors – 20:00 h
 Veteráns – 20:00 h
9. Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun
avituallamento na metade do percorrido (Susiños).
10. O control de chegada na carreira de 10 km pecharase 40m despois de que
entre na meta o primeiro corredor clasificado.
11. Os trofeos non serán acumulativos.
12. O horario da entrega de trofeos estará suxeita a decisión do comité
organizador (ao remate de cada carreira ou todos xuntos o final das probas).
13. Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demáis público
que presencie a proba, un comportamento exemplar de cara os compañeiros,
público, organización en xeral.
14. Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
15. Límite de participantes 500 corredores.