Calendario
Info da proba

Bequerencia

10/09/2017 12:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA:
 A Carreira Popular Benquerencia Terra – Mar está organizada
conxuntamente polo Centro de Instrución e Recreo de Benquerencia e o
Concello de Barreiros.
 Poderán participar na proba todas aquelas persoas que o desexen.
 Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso
de vehículo de axuda.
 O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación no mesmo.
 Nas probas absolutas será obrigatoria a utilización do chip de
cronometraxe. Os corredores que alquilen chip teñen que devolvelo ó
rematar a carreira.
 A organización solicita a colaboración dos corredores pedíndolles que
LEVEN POSTA A CAMISETA DA CARREIRA (regalo da organización)
 Tódolos participantes polo feito de inscribirse aceptan a publicación tanto
do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de
comunicación e na Internet.
V Carreira Popular “Benquerencia Terra Mar”
Domingo, 10 de Setembro de 2017
Páxina, 3
 Dado o espírito deportivo da mesma non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
 Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co
Regulamento da F.G.A. e R.F.E.A. en vigor.
 A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa
vixente.
 A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes nas carreiras.
 A organización da proba resérvase a facultade de decidir sobre calqueira
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
CATEGORÍAS:
CARREIRA DE MENORES
Disputaranse a partires das 12:00 h. da mañá, as categorías, as
distancias e os horarios de cada unha son as seguintes:
CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIA PROBA HORA
Pitufos 2012 e posteriores 100 metros 12:00 h.
Pre-benxamín 2010/2011 350 metros 12:05 h.
Benxamín 2008/2009 850 metros 12:10 h.
Alevín 2006/2007 1.700 metros 12:20 h.
Infantil 2004/2005 1.700 metros 12:30 h.
Cadete 2002/2003 2.550 metros 12:40 h.
Distancias e hora de saída aproximadas
V Carreira Popular “Benquerencia Terra Mar”
Domingo, 10 de Setembro de 2017
Páxina, 4
CARREIRA ABSOLUTA (7300 m.):
Disputarase a partires das 13:10 da mañá e constará do seguinte
percorrido:
- 5.750.- metros de asfalto
- 300.- metros beira da auga
- 1.250.- metros de area
TOTAL : 7.300 metros
As categorías tanto no apartado masculino como no feminino, son as seguintes:
CATEGORÍA ANO
Xuvenil 2000/2001
Júnior 1998/1999
Promesa 1995/1996/1997
Sénior 1994 ata 35 anos
Veteranos A 36 a 44 anos
Veteranos B 45 a 54 anos
Veteranos C 55 a 64 anos
Veteranos D 65 en en adiante
Distancias e hora de saída aproximadas
INSCRICIÓNS:
Inscrición on-line nas páxinas:
www.championchipnorte.com
o O prazo de inscrición remata o xoves 7 de setembro.
o A inscrición da carreira ten un custo de 5 € na carreira
absoluta para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 €
para os corredores que deban alugar o chip (terán que devolvelo
despois da carreira). Obsequio dunha camiseta da proba.
V Carreira Popular “Benquerencia Terra Mar”
Domingo, 10 de Setembro de 2017
Páxina, 5
o A inscripción da carreira é gratis para todas as categorías de
menores con obsequio dunha camiseta e medalla.
o As categorías de menores poderán inscribirse directamente en
www.championchipnorte.com ou nas oficinas do Concello de
Barreiros telf. 982124002, no correo cadramon03@terra.com,
(mediante o envío da folla de inscrición firmada que poderás
descargar dende a nosa páxina web:
www.benquerenciaterramar.jindo.com) ou chamando o telf.
686686671 (Pepe Cadramón)
PREMIOS:
Categorías de Menores:
 Os tres primeiros de cada categoría levarán unha medalla ( ouro, prata,
bronce) agás na categoría Pitufo que non será competitiva.
Carreira Absoluta:
 Para o Campión e Campioa Absolutos, Trofeo artesanal inédito, Fin de Semana
en Hotel Balcón San Bartolo, Reloxo de deseño.
 Para o resto de clasificados, Trofeo artesanal inédito os tres primeiros de
cada categoría.
 Trofeo o mellor atleta do Concello (masculino e feminino) por categoría.
 Premios sorpresa….
NOTA:
V Carreira Popular “Benquerencia Terra Mar”
Domingo, 10 de Setembro de 2017
Páxina, 6
 Todos os participantes, poderán gozar gratis de inchables.