Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: FitoBeer
Novos hoxe: 0
Novos onte: 3
Total: 18500

Xente conectada:
Foreiros: 1
Visitantes: 62
Robots: 3
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Ares

05/08/2017 11:05 - 12:20
Regulamento Regulamento Completo:
 A proba denomínase XXVI Milla Urbana Concello de Ares.
 Terá lugar o sábado 5 de agosto, dende as 11 horas no Paseo marítimo da vila de
Ares.
 O recorrido e totalmente cha e disponse ao longo do paseo marítimo da vila nun
circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as
distancias de cada unha das categorías que son as que seguen. Haberá categorías
tanto masculinas como femininas.
 Ata prebenxamíns, incluídos entregarase unha medalla a cada participante e non
existirá clasificación oficial nesas probas correndo todos os participantes co
dorsal número 01.
Prebiberóns 2014 50 ( liña recta ata a
meta)
11.05
Biberóns 2012-13 100 ( liña recta ata a
meta)
11.07
Prebenxamíns 2010-11 250 ( xiro 125m) 11.10
Benxamíns 2008-09 500 ( xiro 250m) 11.20
Alevíns 2006-07 800 ( xiro 400m) 11.30
Infantís 2004-05 1000 ( xiro 500m) 11.40
Cadetes 2002-03 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuvenís
Xuniors
2000-01
1998-99
1600 ( xiro 800m)
1600 (xiro 800m)
11.50
11.50
Promesa
Senior
1995-97
1983-1994
1600 ( xiro 800m)
1600 ( xiro 800m)
11.50
12.00
Veteráns 1 1977-1982 1600 ( xiro 800m) 12.00
Veteráns 2 1976-1968 1600 ( xiro 800m) 12.00
Veteráns 3 1967-1958 1600 ( xiro 800m) 12.10
Veteráns 4 1957 e anteriores 1600 ( xiro 800m) 12.10
 Dende benxamíns ata veteráns 4, haberá pódium das probas, con entrega de
medallas aos/ás 1, 2, e 3 clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos
como en femininos.
 Haberá trofeo ao gañador absoluto e á gañadora absoluta da proba, así como ao
corredor/a máis xove e ao/á máis veterá.
 As inscripcións faranse a través da páxina web da Federación Galega de
Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do mércores 2 de agosto. Os
dorsais poderán retirarse o venres 4 de agosto de 9 a 14 horas na Alianza
Aresana, ou o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba.
Non poderán tramitarse inscripcións o mesmo día.
 SERVIZOS: persoal sanitario, ambulancia, zona hidratación. A proba conta cun
seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os
participantes.
 Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co
Regulamento da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición
o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación,
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión
da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy