Calendario
Info da proba

Zas

18/02/2018 9:30 - 14:00
Regulamento Data: Domingo, 18/02/2018 .
Hora: 9:30 horas .
Lugar: Praza do Concello de Zas .
Distancia: TRAIL DA FILLOA CURTO TRAIL DA FILLOA LONGO e ANDAINA DA FILLOA
Organiza: A. D. MONTE BRONDO.
Contacto: admontebrondo@gmail.com
Información: https://www.facebook.com/traildafilloazas/
http://trailzas.galitiming.com/

II TRAIL DA FILLOA DE ZAS-Regulamento

1. LUGAR, DATA E HORA:
Zas de Carreira ( A Coruña) Praza do Concello de Zas
Domingo, 18 de Febreiro do 2018
Trail Longo: saída ás 9:30 horas
Trail Curto: Saída ás 10:00 horas
Andaina: Saída ás 10:15 horas
2. A PROBA:
Proba cronometrada con saída e chegada no pobo de Zas de Carreira. Realizarase un percorrido polos montes da zona. Sendo o ascenso ó monte Brondo o centro da proba. Pasaremos por varias ribeiras de ríos, carballeiras, soutos , etc. Descubriremos unas das carballeiras máis bonitas e descoñecidas da zona.
O ascenso a Pico de Meda e ó monte Brondo polos cortalumes con gran desnivel e moi técnicos, serán momentos que os corredores recordarán. Chegaremos ós dous picos onde as vistas son espectaculares.
Para rematar pasaremos polos irmáns pequenos do monte Brondo, o monte Pión e o monte Castro. E así chegar de novo a Zas
Non o dubidedes. Apuntadevos ó noso trail que seguro que repetiredes para o ano. Hai dous percorridos:
TRAIL LARGO 28 KM. 1450 m+ (aproximados)
TRAIL CURTO 17 KM . 750 m+ (aproximados)
ANDAINA de 10 kms (Aproximados)
O mal tempo non será impedimento para a celebración da carreira. A organización poderá interrumpir a proba en calquer punto se considera que poda haber serio perigo para a integridade física dos corredores, ou en casos de forza maior.
3. CATEGORÍAS:
SENIOR: participantes ata 40 anos no 1 de xaneiro do 2018
VETERANOS: participantes de 40 anos para adiante
Os participantes teñen que ser maiores de 16 anos. Os menores de idade deberán entregar unha autorización firmada polos pais.
4. INSCRICIÓNS:
Na web www.galitiming.com
5. DORSALES:
A recollida farase no concello de Zas de Carreira unha hora antes da saída de cada carreira. A saida encontrase na praza do Concello de Zas. A organización poderá solicitar o DNI para retirar dito dorsal
6. PREZO:
TRAIL CURTO
Ata o 5 de Febreiro do 2018 ás 00:00 horas: 12 Euros
A partir do 5 de Febreiro do 2018 ata o 14 de Febreiro ás 14:00 horas: 15 Euros
TRAIL LONGO
Ata o 5 de Febreiro do 2018 ás 00:00 horas : 15 Euros
A partir do 5 de Febreiro do 2018 ata o 14 de Febreiro ás 14:00 horas: 18 Euros.
Disporanse de ata 500 prazas entre as duas probas.
ANDAINA
Ata o 5 de Febreiro do 2018 ás 00:00 horas: 8 Euros
A partir do 10 de Febreiro do 2018 ata o 14 de Febreiro ás 14:00 horas: 10 Euros
Disporanse de ata 200 prazas.
Ata o 10 de febreiro podérase anular a inscripción tendo dereito á devolución da mesma (gastos de devolución: 3 Euros). A partir do 10 de febreiro non se poderá anular a inscripción.
Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscripción da dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios e pinchos ofrecidos pola organización.
O Concello de Zas pon a disposición dos corredores un servicio de duchas no Pabellón Deportivo Municipal de Zas.
7. SINALIZACIÓN E CONTROIS:
O percorrido estará sinalado con cinta de balizar e sinais, sendo obrigatorio o paso polos control establecido no Pico de Montebrondo.

8. RETIRADAS:
A carreira longa contará con un punto de corte no kilómetro 17. Os corredores que superen as 3 horas e media en dito punto, deberán abandoar a proba. Así mesmo os Corredores Escoba teñen a potestade para retirar da proba a calquera corredor se o seu estado de saude así o aconsella.

9. AVITUALLAMIENTOS:
Primeiro avituallamento sólido e líquido
Trail curto no km 4
Trail longo no km 5
Segundo avituallamento sólido e líquido
Trail curto no km 9
Trail longo no km 11
Terceiro avituallamento sólido e líquido
Trail curto no km 13
Trail longo no km 16
Cuarto avituallamento sólido e líquido
Trail longo no km 21
Quinto avituallamento sólido e líquido
Trail longo no km 25

Avituallamento final líquido e sólido na Praza do Concello. Filloas á Pedra feitas no momento, pinchos variados no Pabellón Polideportivo.
Os avituallamentos encontranse en lugares visibles e señalizados. Disporase de contenedores para residuos orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar basura pasado o control de avituallamento. Está prohibido o avitullamento e a axuda externa durante o desarrollo da carreira de calquer persona, non participante. Así mesmo está prohibido sair da zona de avituallamento con calquer tipo de envase ou envoltorio
10. SERVICIO SANITARIO:
Haberá persoal médico-sanitario con potestade para retirar o dorsal a calquer corredor cando considere que a sua saude está en perigo.

11. TROFEOS:
Entregaranse os seguintes trofeos:
• Ós tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto femenino coma masculino.
• Ó máis veterano/a.
• Ó primeiro, tanto femenino como masculino, do Concello de Zas (necesario estar empadroado)
A entrega de trofeos realizarase no Pabellón Deportivo de Zas unha vez finalizada a proba. O non estar presente na mesma, anularáse o dereito a recibir os mesmos.
12. DESCALIFICACIÓN:
Será descalificado todo o corredor que non cumpra o presente regulamento,non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou emporque o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicaciós da organización
13. PARTICIPANTES:
Para participar na proba cada deportista deberá levar o dorsal no peito de forma visible para facilitar o labor de control da proba. Así mesmo facilitarase un chip para control de tempos que deberá colocarse correctamente na zapatilla. Se non se coloca correctamente é posible que apareza reflexado nos postos finais, non admitíndose reclamación algunha ó respecto.
Tódolos participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces e estradas.
É aconsellable utilizar roupa e calzado adecuado para carreiras de montaña, autorizándose a utilización de bastóns. De elexir levar bastóns , éstos deberan ser portados durante toda a proba, non podendo desprenderse deles durante todo o percorrido.
Os participantes corren baixo a sua responsabilidade. Sobre eles recae a decisión da salida e realización da carreira. É responsabilidade de cada participante estar fisicamente preparado para realizar a proba. Os participantes eximen á organización das reclamacións ou demandas basadas en supostas accións ou non acción dos participantes u outros que actuen ó seu favor, así como das demandas resultantes dos danos que poidan sucederlles a eles como ó seus materiais.
Os participantes deberan firmar os documentos que se requiran para evidenciar máis claramente este apartado do reglamento.
14. VOLUNTARIOS:
Prestarán asistencia e facilitaran información ós corredores un grupo de voluntarios claramente identificados, situados en cruces, avituallamentos e zoas perigosas.

15. A ORGANIZACIÓN:
Correrá a cargo do Concello de Zas e a A.D. Monte Brondo. Resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a sua suspensión en caso de condicións meteorolóxicas adversas
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
O percorrido non estará pechado ó trafico polo que hai que respetar o código de circulación e extremar as precaucións ó cruzar calquera estrada ou ó chegar a un cruce.
A organización reservase os dereitos exclusivos sobre as imaxes, vídeo e información da proba, nas que poidan aparecer participantes, e para utilizar este material para a publicidade, relacións públicas ou outros fins xornalísticos ou promoción do evento. Calquera proxecto multimedia ou publicidade ten que ter o consentimento previo da organización. Para todo o non especificado no regulamento a Comisión Organizadora disporá unha solución o antes posible.
16. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
O regulamento pode ser modificado en calquer momento pola organización po previsión meteorolóxica ou por calquer tipo de circunstancia necesaria