Calendario
Info da proba

Mesía

05/08/2017 19:00 - 22:00
Regulamento
VII Carreira Popular Concello de Mesía
+ Minicarreira Popular

Data: sábado, 5 de agosto de 2017.
Hora: 19:00 h.
Lugar: Campo de fútbol de Visantoña, parroquia Visantoña, Concello Mesía.
Distancia: de 200 a 12.000 m.
Organiza: Concello de Mesía.

HORARIOS
17:30 - 18:30 Recollida de dorsais (para todas as carreiras)
19:00 h : MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESÍA ( 6km)
19:05 h : V CARREIRA CONCELLO DE MESÍA (12 Km)
20:15 h : CARREIRAS DE BASE (resto de categorías)
Comezando polos cadetes e acabando polos pitufos.

CARACTERÍSTICAS:
Saída e chegada: campo de fútbol de Visantoña.
Alternancia no circuíto de terra e asfalto.
Avituallamento na metade da carreira de 12 km, ou se fai moita calor haberá un máis; en meta na de 6 kms. Haberá algo para picar ao rematar o evento e sorteo de agasallos. Os corredores contan con un seguro deportivo.

INSCRICIÓNS:
Inscricións gratuitas na seguinte dirección: mjgrobas (arroba) hotmail.com, cos seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, DNI, sexo, email, teléfono e localidade.

IMPORTANTE: indicar se participas na modalidade de 6 ou 12 quilómetros.

Os menores de idade precisan autorización.

Teléfono dúbidas: Mª José Grobas 630078506 ou correo electrónico mjgrobas (arroba) hotmail.com

Data límite de inscricións: venres 4 de agosto ás 20:00 horas.

PREMIOS:
Trofeos ós 3 primeiros de cada categoría, tamén ao/a corredor/a de maior idade (independentemente sexa feminino ou masculino), medallas para todos os nenos.

CATEGORÍAS E DISTANCIAS:

CATEGORÍAS DE BASE:
Pitufos-as: 0 a 5 anos_200 m.; Benxamíns: 6 a 9 anos_800 m.
Alevíns: 10 a 13 anos_1600 m.; Cadetes: 14 a 17anos_3000 m.

VII CARREIRA CONCELLO DE MESIA: 12 KMS
Senior: 18 a 34 anos
Veteranos-as A: 35 a 44 anos Veteranos-as B: 45 a 54 anos
Veteranos-as C: 55 a 64 anos Veteranos-as D: 65 en adiante

MINICARREIRA POPULAR: 6 KMS.
Senior: 17 a 34 anos Veteranos-as A: 35 a 49 anos
Veteranos-as B: 50 en adiante

COLABORADORES:
Correr en Galicia, Carpintería Ramón García, Coca-cola, Atletismo Ordes, Atlética A Silva, Froitería A Nova, Eurofrut, Argal, Panaderías: Abellá, Visantoña, Gende, Pedro Fernández de Herves, Boga, Casa Zapateiro, A Tilleira, Artesáns Ordes, Cerámica Campo, Verea tejas y tejados, Restaurantes Canaima do Mesón Vento e Manteiga de Visantoña, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho Betanzos, Progando, A Banca, Eroski, Asociación provincial de Protección Civil, Veciños de Olas Visantoña e Mesía.