Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: FitoBeer
Novos hoxe: 0
Novos onte: 3
Total: 18500

Xente conectada:
Foreiros: 6
Visitantes: 75
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

A Guarda

05/08/2017 18:00 - 20:00
Regulamento Carrera Popular Festa do Monte 2017 A Guarda
O atletismo TREGA, o sábado día 5 de agosto do ano 2017 a partir das 18 horas, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN.

As inscricións deberán efectuarse por correo electrónico trega@trega.es
As inscricións, serán ilimitadas nas categorías menores.
A partir da categoría promesas o límite será 400 atletas. (5€)
Teléfonos de información 650 794 421- 664 865 003).
Constará de nome, apelidos, data de nacemento completa , DNI, residencia, Club, nº de ficha atletas federados, nº de teléfono, email. Reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non poderá participar na proba.
O prazo péchase o día 4 as 19 horas. Non se inscribirá ningún atleta fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes. Se algún atleta inscrito a última hora non pode participar agradecemos a baixa urxente con aviso por email, ou teléfono, para evitar o gasto do seguro.

18:00 h
PULGAS MULLERES
2012/2017
100 m

18:10h

PULGAS HOMES
2012/2017
100 m

18:20 h

PRE-BENXAMINS MULLERES
2010/2011
400 m

18:40h
PRE-BENXAMINS HOMES
2010/2011
400 m

18:50h
BENXAMÍNS MULLERES e HOMES
2008/2009
600 m

19:00h
ALEVINS MULLERES e HOMES
2006/2007
1.000 m

19:15h 2.000 m – 2 V
INFANTILES MULLERES e HOMES
2004/2005

CADETES MULLERES e HOMES
2002/2003



19:30h 7.339 m (1 volta ao Monte)
PROMESAS MULLERES e HOMES
95/96/97/98/99/2000/2001

SENIOR MULLERES e HOMES
1994 ata veterano

VETERANOS HOMES – 35/44
35 a 44 anos

VETERANOS HOMES – 45/54
45 a 54 anos

VETERANOS HOMES – 55
55 anos e mais

VETERANAS MULLERES – 35/44
35 anos a 44 anos

VETERANAS MULLERES - 45/54
45 anos a 54 anos

VETERANOS MULLERES – 55
55 anos e mais



A secretaría estará na alameda de A Guarda. Os atletas participantes estarán colocados 5´antes da saída da súa proba.
De pulgas ata cadetes a inscrición será gratuíta. Na carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de 5 €.
O pago será no mesmo día que se retira o dorsal.
Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega.
Os dorsais terán que ser devoltos cando rematen a carreira.
Os premios serán: medallas para os tres primeiros clasificados en Pulgas e Pre Benxamíns e trofeos para os tres primeiros clasificados do resto de categorías. Un atleta só ten dereito a un premio ou trofeo. Serán entregados pola Comisión de Festas.
Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2016/2017.
Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles.
Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes.
En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba.
Os resultados enviaranse por correo electrónico a quen os solicite. Estarán colgados na web www.trega.es
Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba.
Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro e Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada.
O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para os participantes da proba
As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do atletismo Trega..
O avituallamento estará en Camposancos aproximadamente no km 5.2 km.
AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do atletismo popular.
Colaboran en esta proba: Coca Cola, Corricolari es Correr, Policía Local, Protección Civil, Erosky
A participación nas carreiras populares, e na andaina implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mellora


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy