Calendario
Info da proba

Fragas de Catasós (Lalín)

18/06/2017 9:30 - 13:30
Regulamento Catasós é unha das parroquias máis extensas do concello de Lalín. Nun documento do ano 1368 aparece nomeada como “couto de Casasoes”, e posiblemente estivo baixo o dominio do mosteiro de Carboeiro a partir do ano 1292. Nesta andaina pasaremos por varios dos seus lugares, a fraga de Casas Vellas, o souto de Cardiego, o castro e a igrexa de Catasós, a fraga de Quiroga, o Pazo de Don Freán e veremos muíños, cruceiros e outras mostras de arquitectura popular.

www.roteiros.lalin.gal

9 a 9:30 concentración na praza da igrexa de Lalín.

9:30 comezo da andaina.

PERCORRIDOS

Percorrido longo 17 quilómetros-Dificultade Baixa-Duración 4 horas e media

Itinerario: Lalín, alto de Vales, Agruchave, Regoufe, Casas Vellas, Antuín, Barrio, Catasós, Cabreira, Fraga de Quiroga, Belelle, Celemín, Donfreán, Outeiro, Lalín de Arriba, Lalín.

Percorrido curto 13 quilómetros – duración 3 horas e media- dificultade baixa

Itinerario: Lalín, alto de Vales, Agruchave, Regoufe, Casas Vellas, Antuín, Barrio, Catasós, Cabreira, Fraga de Quiroga, Quintela, Celemín, Donfreán, Outeiro, Lalín de Arriba, Lalín.

Recomendacións:

Non apto para menores de 12 anos.
Calzado de monte e crema solar ou chuvasqueiro
Levar avituallamento sólido e líquido.


Inscricións en internet, Lalín Arena e Concello.

www.roteiros.lalin.gal

Fai a túa inscrición agora