Calendario
Info da proba

Rois

29/07/2017 10:30
Regulamento O próximo día 29/07/2017 ás 10:30 h da mañán darase saída ao I TRAIL e ANDAINA NATURFEST que organiza o Obradoiro de Cultura Tradicional CHORIMA de Rois e pretende incluir o deporte no seu día de convivencia, nun lugar emblemático e puramente natural, na carballeira da Ermida do Soutullo en Urdilde (Rois), e co que pretenden dar valor a todo o que representa esta asociación e que é o respecto pola natureza, o compromiso, a amizade, confraternidade e amor pola música e a tradición da nosa cultura galega.
Por iso vai ser un día especial para este grupo, un día de moito traballo, pero tamén un día de diversión, deporte e música.
Este ano aventurámonos cun trail e tamén unha andaina para quén o desexe, para ensinarvos a todos e todas o bonito do noso entorno e achegarvos un pouquiño do noso concello aos que non o coñezades. Non pretendemos competir coas grandes organizacións de eventos, pero sí ofrecervos dentro das nosas posibilidades unha proba diferente e nunhas condicións, eso sí, naturais cento por cento. Esperamos cumplir cuns mínimos, o cariño e as gañas están posas.
Coa intención de conciliar a vida deportiva e familiar, teremos na mesma saida/meta un servizo de gardería, onde os papás e mamás poderán deixar aos seus fillos/as divertíndose mentras eles/as disfrutan do seu deporte favorito.
Mais adiante, iremos dando mais información, pero ide reservando o día para pasalo na compaña de todo o grupo que formamos CHORIMA