Calendario
Info da proba

As Pontes

08/07/2017 16:00 - 19:00
Regulamento IV ESCALADA MONTE DE A CARBALLEIRA
Art. 1 Organización
1. Baixo a denominación de “IV Escalada Monte de A Carballeira ”, o Club Ciclista Terras do Eume e o
Club de Atletismo Olympo, organizan a IV Escalada Monte de A Carballeira.
2. A saída darase ás 16:00 h do día 8 de Xullo de 2017 dende o Polideportivo Municipal de As Pontes, e
os participantes sairán de forma escalonada cada 2’ (poderase modificar o tempo de saída entre
participantes, dependendo do número de inscritos).
3. A “IV Escalada Monte de A Carballeira”” terá dous percorridos diferenciados, un deles para BTT e
Carreira a pé (cun percorrido de 3.400 m e 329 metros de desnivel +) e outro percorrido para
Bicicleta de Estrada (cun percorrido de 4.570 m e 333 metros de desnivel +), ambos percorridos
teñen os mesmos puntos de partida e chegada.
Art. 2 Participantes. Inscricións.
1) Poderán participar nesta proba todas aquelas persoas, maiores de 15 años, que teñan completado
satisfactoriamente o proceso de inscripción.
2) O número máximo de participantes limítase a 150. A organización reservase o dereito de modificar o
número máximo de participantes.
3) As inscricións realizaranse na páxina web de Championchipnorte, pechando o día 5 de Xullo de 2017
ás 24h. Así mesmo, o período de inscrición pecharase unha vez acadado o número máximo de
participantes.
4) Os participantes poderanse inscribir nas modalidades de BTT, Ciclismo de Estrada e Carreira a Pé.
5) O prezo das inscricións será de 9€.
6) Poderase participar Individualmente, ou por Equipos.
a. Individual: Un mesmo deportista poderá participar en 1 ou como máximo en 2 disciplinas.
b. Equipos: A inscrición de cada deportista farase de forma individual na disciplina na que
vaia competir, a continuación o capitán do equipo, enviará en tempo e forma, as invitacións
aos demais integrantes do equipo, para formalizar o mesmo, obligatoriamente cada equipo
deberá de cubrir as tres disciplinas.
c. O tempo obtido por cada integrante do equipo, será o seu tempo na clasificación individual,
e á súa vez sumarase aos tempos dos seus compañeiros de equipo, para obter así o tempo
total.
d. As categorías dos equipos serán:
i. Equipo masculino
ii. Equipo feminino
e. Haberá Trofeo para os 3 mellores clasificados de cada categoría, tanto Individual como por
equipos.
f. No suposto de que algúns deportistas queiran formar equipo e se atopen que non teñan o
número mínimo de integrantes, deberá poñerse en contacto coa organización, para que se
lle facilite os integrantes que lle falten, aleatoriamente, sempre que haxa mais deportistas na
mesma situación.
g. A organización non garante que se poida formar equipo nestes casos.
7) As inscricións de menores de 18 anos, deberán ir acompañadas da autorización por escrito do pai, nai
ou titores legais do participante.
Molón As inscripcións e pago realizaranse únicamente a través de páxina web. Non se permitirán
inscripcións o mesmo día da proba.
9) Unha vez realizada a inscripción, se o participante decide anulala, non se lle aboará importe algún.
10) Todos os participantes ao inscribirse aceptarán a DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE E ASUNCIÓN DE
RESPONSABILIDADE (Anexo 1) que ratifique que se atopan aptos/as para a práctica do deporte e en
condicións suficientes para tomar parte na citada proba.
11) Non é aconsellable que participen personas pouco habituadas a actividades vigorosas. Dende a
organización recomendase encarecidamente a tódolos participantes a realización dunha revisión
médica que asegure a idoneidade ou non da súa participación.
12) Todos os participantes que se inscriban, aceptan e sométense formalmente ao presente
regulamento da proba e as indicacións da Organización.
13) Os participantes, poderán utilizar os vestiarios para cambiarse antes da proba e o servizo de duchas,
despois da proba, que estará situado no Pavillón Municipal de As Pontes.
Art. 3 Retirada de dorsais
1. Todos os participantes poderán retirar o dorsal o mesmo día da proba no Polideportivo municipal de
As Pontes, de 10:00 a 13:00 h e dende as 15:00 en diante.
2. Os participantes federados deberán presentar o DNI e a licenza federativa, para retirar o dorsal.
Art. 4 O Percorrido
1. A saída do primeiro participante, darase as 16:00 h dende o Polideportivo Municipal de As Pontes. A
orde de saída dos participantes realizarase alternando cada unha das modalidades, a organización
reservase a decisión do orde de saída dependendo do número de participantes.
2. Todos os participantes deberán levar o dorsal de forma visible no frontal da bicicleta, e os corredores
levarán colocado o dorsal, á altura do peito .
3. O percorrido atoparase convenientemente sinalizado, indicando especialmente os puntos que
poidan significar un perigo engadido para os participantes.
4. Establecerase un avituallamiento líquido na meta, e avituallamento Sólido e líquido ao finalizar a
subida de cada participante.
5. A Organización reservase o dereito a modificar o percorrido si por causas de forza maior, ou polo bon
desenrolo da proba, así o aconsellan.
6. Todos aqueles participantes que non efectuen o total do percorrido, modificando ou saltando algún
control, será descalificado.
Art. 5 Agasallos
1. Faranse sorteos entre os participantes durante o transcurso da proba.
Art. 6 Normativa complementaria
1. Todos os participantes sométense expresamente ao cumprimento das normas detalladas no
presente regulamento.
2. Así mesmo, os participantesde de BTT ou Bicicleta de Estrada, deberán usar obrigatoriamente o
casco correctamente colocado durante o transcurso de toda a proba, o non cumprimento do mesmo,
conlevará a descalificación da proba.
3. Os participantes deberán permanecer en todo momento dentro do percorrido marcado pola
organización, respectando o código de circulación vixente.
4. Os participantes atenderán en todo momento ás indicacións dadas pola Organización e polo persoal
voluntario da proba.
5. Os participantes, deberán de ir provistos das ferramentas e repostos que consideren oportunos, xa
que no caso de avería, a organización non se fará cargo dos desperfectos ocorridos. No caso de non
poder solucionala polos seus medios, avisará e será recollido polo vehículo de apoio no punto que se
lle indique. Para tal efecto, a organización aconsella aos ciclistas ir provistos dun teléfono móbil.
6. Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba serán os designados pola organización,
quedando prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos ciclistas en cualquera outro vehículo.
7. A organización reservase o dereito a suspender a proba por motivos de forza maior.
8. É de obrigado cumprimento o respecto ao medio ambente, estando prohibido deixar calquera tipo
de refugallo, especialmente os envoltorios das barritas, xeles, etc. podendo ser causa de
descalificación o abandono dos mesmos no percorrido.
9. Deberase participar en cada modalidade co tipo de bicicleta denominado estándar, entendendo para
Btt, a bicicleta de montaña e para estrada, deberá ser a bicicleta de estrada. Non sendo posible a
utilización de outros tipos de bicicleta (eléctrica, ciclocrós, etc).
10. O incumprimento das normas citadas conleva a descalificación automática da proba.
11. Así mesmo será motivo de descalificación, modificar a sinalización do percorrido, suplantala
identidade doutro participante ou saltarse os puntos de control de paso.
Art. 7 Exención de Responsabilidade
1. Todo participante é responsable da súa condición física e sabedor do seu estado de forma e saúde.
Coa firma da declaración xurada da aptitude física, exime aos Organizadores da IV Escalada Monte de
A Carballeira, de cualquera dano que puidera ocasionar ou ocasionarse coa súa participación,
asumindo persoalmente o risco inherente para a saúde que conleva o esforzo físico requerido para a
realización da proba e renuncia a todos os dereitos e pretensións contra os organizadores e
colaboradores.
2. Os participantes non teñen ningún tipo de prioridade e deberán respectar sempre as normas de
circulación, comprometéndose a cumprir as normas da Ley de Seguridade Vial e do seu
Regulamento, velando pola súa seguridade e a do resto dos participantes e usuarios da vía pública.
Os participantes aceptarán polo tanto, os riscos inherentes á participación en dita proba aberta o
tráfico, eximindo de cualquera responsabilidade tanto aos Organizadores da IV Escalada Monte de A
Carballeira, así como á Federación Galega de Ciclismo e/ou cualquera persoa física ou xurídica das
responsabilidades derivadas de cualquera accidente causado tanto por motivos de feitos de
circulación coma por accidentes deportivos, sen prexuizo das que legalmente lle son propias.
3. Os participantes eximen aos anteriormente citados de calquera responsabilidade que da
participación na proba puidera derivarse, tal como pérdida ou deterioro de obxectos persoais, por
roubos, extravíos ou outras circunstancias e especialmente do deterioro que puidera causarse sobre
os seus obxectos persoais.
Art. 8 Dereito de modificación e aceptación
1. A Organización reservase o dereito de modificar o presente regulamento, así como alteralo,
rectificalo ou amplialo cando as causas así o xustifiquen.
2. A inscripción na proba conleva o feito de aceptar na súa totalidade este regulamento.
3. Coa aceptación do presente regulamento, o participante autoriza a Organización da “IV Escalada
Monte de A Carballeira” a grabación total ou parcial da súa participación na mesma, dando o seu
consentimento para que a súa imaxe poida ser utilizada con motivo da promoción e difusión da
proba (prensa, dvd, Internet, carteis, etc.). Así mesmo cede todos os dereitos relativos á explotación
comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar, sen dereito pola súa parte a
recibir compensación económica algunha.
Art. 9 Protección de datos
O “Club Ciclista Terras do Eume e o Club de Atletismo Olympo” garanten o cumprimento íntegro da
normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, polo tanto, de acordo coa Ley Orgánica 15/1999
de 13 de decembro, todo participante, ao formalizar a súa inscrición, presta o seu consentimento á
incorporación dos seus datos aos ficheiros automatizados do club e a súa utilización en relación coa
xestión administrativas e comercial do mesmo, tales como o envío de información referente a
productos, xestións ou servizos que puidera comercializar. O titular dos datos tendrá dereito de acceso,
rectificación cancelación e oposición nos términos previstos na citada ley, mediante escrito ao Club
Ciclista Terras do Eume , C/ Rego do Campo 101 , responsable do ficheiro.
As Pontes, 24 de Maio 2017