Calendario
Info da proba

Santiago

11/06/2017 10:00 - 12:00
Regulamento A II Carreira solidaria proxecto Suriya entra no proxecto solidario SOS SIRIA.
Que accións van realizar?
O proxecto xorde como compromiso a curto, medio e longo prazo, desde o irmandamento dos
centros xuvenís salesianos de España e Siria e pretende realizar diversas accións de sensibilización,
apoio e captación de fondos para axudar a cubrir as necesidades dos centros xuvenís salesianos de
Siria, que se poderían englobar en tres grandes bloques:
material de primeira necesidade (como alimentos, medicamentos e roupa), materiais para o
estudo (papelería, etc), e para a formación psicolóxica dos equipos de animación, e por último,
material diverso para as actividades lúdicas do centro xuvenil (balóns, globos, etc).
Entre outras actividades de sensibilización prevese:
A preparación de unidades didácticas de traballo para grupos de diferentes idades, que presenten
a realidade siria e os obxectivos do proxecto.
A realización dunha exposición fotográfica itinerante para sensibilizar sobre a realidade dos
refuxiados.
A visita aos centros xuvenís de Siria por parte dunha delegación dos centros xuvenís de España.
A acollida de animadores e animadoras salesianos de Siria en actividades estivais ou outras
posibles dentro das posibilidades legais en diversas partes do noso territorio nacional.
Entre as iniciativas para a obtención de fondos, lanzouse unha campaña de "chuches solidarias"
que poden ser encargadas para diversas festas e actividades, dos propios centros xuvenís e outros
colectivos. Ao mesmo tempo, os centros xuvenís xa están a dinamizar diversas actividades para
apoiar e difundir o proxecto no seu ámbito local.terá lugar en Compostela
Máis información do Proxecto Suriya:
www.confedonbosco.org
proyectosolidario@confedonbosco.org
Facebook: www.facebook.com/proyectosuriya
Twitter: @ProyectoSuriya
#CCJJconSiria
REALIZACIÓN DA CARREIRA
O domingo día 11 de xuño do 2017 con horario 10:00 prebenxamin e benxamin, 10:30 infantil e
alevin (mesma saída) e 11:00h cadetes e categorías superiores, 12:00h, carreira dos pitufos.
Recorrido pitufo e prebenxamin 200m Aprox
Metade Rúa de San Pedro
Recorrido Alevin e Benxamin 600 Aprox
Rúa de San Pedro, Fraguas, Baixada da Trisca, ( por diante do parque e do Centro sociocultural),
Belvis, calzada de San Pedro, Rúa de San Pedro
Recorrido Infantil 1.200m Aprox
Rúa de San Pedro, Fraguas, Baixada da Trisca( por diante do parque e do Centro sociocultural) ,
Belvis, calzada de San Pedro, Rúa de San Pedro (dúas voltas)
Recorrido cadetes en adiante 5.200m Aprox
Rúa de San Pedro, Cruz de San Pedro, Fraguas, bajada rúa da Trisca ( por diante do parque e do
Centro sociocultural), Bispo Teodomiro, Rúa da Ameixaga, Baixada polo empedrado do parque de
Belvis, cruzamos a rúa das Trompas e de novo parque de Belvis, subida a Ruela das Fontiñas, Rúa
de San Pedro. (dúas voltas)
1) Datos xerais:
O Centro Xuvenil Don Bosco en colaboración coa ONG “Jovenes y desarrollo”, organiza a II Carreira
Solidaria Proxecto Suriya
2) Categorias:
 Pitufos: 2012 e posteriores
 Prebenxamin: Atletas nados en 2010 e 2011
 Benxamin: Atletas nados en 2008 e 2009
 Alevin: Atletas nados en 2006 e 2007
 Infantil: Atletas nados en 2004 e 2005
 Cadete: Atletas nados en 2002 e 2003
 Xuvenil: Atletas nados en 2000 e 2001
 Junior: Atletas nados en 1998 e 1999
 Promesa: Atletas nados en 1995, 1996 e 1997
 Senior: Atletas nados entre 1994 ata Veteráns/as A
 Veteranos 1: Atletas dende 35 até 44
 Veteranos 2: Atletas dende 45 até 54
 Veteranos 3: Atletas de 55 en adiante
3) Horarios:
Hora Categorias
10:00 Cadete, xuvenil e superiores 5.200m Aprox
10:45 Benxamin, Alevin 600m Aprox
11:00 Infantil 1.200m Aprox
11:30 Pitufo, Prebenxamin. 200m Aprox
4) Inscricións:
As inscriccións de todas as categorías faranse a través da páxina
web www.carreirasgalegas.com data límite de recepción de inscricións será o 8 de Xuño as 23:59.
Dado que é una carreira solidaria en beneficio de SOS Siria o prezo da inscrición será de 3 Euros en
todas las categorías.
O pago farase mediante a pasarela de pago instalada no boletín de inscricións na
web www.carreirasgalegas.com
Calquer dúbida ou problema poden enviar un e-mail a nathalie@cxdonbosco.org
O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do presente regulamento. Dando
vostede autorización ós organizadores a rexistrar total ou parcialmente a súa participación
mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
TODO O RECADADO irá parar a causa SOS Siria da asociación Jovenes y Desarrollo.
5) Recollida de dorsais:
O mesmo día da proba, é dicir, o 11 de Xuño nos lugares habilitados para tal efecto no lugar de
saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo
de antelación para evitar colas de última hora.
DESCALIFICACIÓNS: toda persoa que incumpra as normas da competición ou as impostas nos
regulamentos das probas en ruta pola FGA e RFEA será descalificada.
6) Control de chegadas:
O cronometraxe e control técnico das probas correrá a cargo do Comité Galego de Xuices da
Federación Galega de Atletismo que colabora altruistamente con esta causa.
7) Premios:
MEDALLAS: os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente regulamento así
como os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba absoluta.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo
caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A
Coruña.