Calendario
Info da proba

Fene

30/12/2017 17:00 - 19:00
Regulamento REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR “V SAN SILVESTRE DE FENE”
30 de decembro de 2017
1 de 6
C.I.F.: P-1503600-G
Artículo 1.
O Concello de Fene organiza a Carreira Popular “V San Silvestre - Concello de Fene”.
A proba terá lugar o día 30 de decembro de 2017 a partir das 17:00 horas. A saída e a meta
estarán situadas diante do Concello de Fene (Avda do Concello s/n.).
Artículo 2. PARTICIPANTES
A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.
Artículo 3. CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías de participación:
MENORES:
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
PITUFOS 2013 - 2014 100 mts
PREBENXAMÍN 2011 - 2012 100 mts
Sub 10 2009 - 2010 500 mts
Sub 12 2007 - 2008 800 mts
Sub 14 2005 - 2006 800 mts
Sub 16 2003 - 2004 2.600 mts
Sub 18 2001 - 2002 2.600 mts
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR “V SAN SILVESTRE DE FENE”
30 de decembro de 2017
2 de 6
C.I.F.: P-1503600-G
MAIORES
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
Sub 20 - 23 - Sen Dende 2000 ata Máster 3.800 mts
Máster 1 De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da
proba
3.800 mts
Máster 2 De 41 a 49 anos cumpridos ata o día da
proba
3.800 mts
Máster 3 De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da
proba
3.800 mts
Máster 4 A partir de 60 anos de idade cumpridos
o día da proba
3.800 mts
ANDAINA:
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
TODAS TODOS 2.600 mts
Artículo 4. PERCORRIDO, DISTANCIA E HORARIO
O circuito sobre asfalto estará pechado a tódolos vehículos, salvo os autorizados pola
Organización.
O percorrido estará controlado e vixiado pola Policía Local, Protección Civil e coa
colaboración da Organización. Calquera outro tipo de acompañamiento está prohibido.
Tódolos circuitos establécense nun circuito urbano polo Concello de Fene.
A saídas das carreiras terán lugar ás seguintes horas
MENORES:
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
Pitufos (2013 – 2014) 17:00 h. 100 mts
Prebenxamín (2011 – 2012) 17:10 h. 100 mts
Sub 10 (2009 – 2010) 17:20 h. 500 mts
Sub 12 (2007 – 2008) 17:40 h. 800 mts
Sub 14 (2005 – 2006) 17:50 h. 800 mts
Sub 16 (2003 – 2004) 18:00 h. 2.600 mts
Sub 18 (2001 – 2002) 18:00 h. 2.600 mts
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR “V SAN SILVESTRE DE FENE”
30 de decembro de 2017
3 de 6
C.I.F.: P-1503600-G
ADULTOS:
Ás 18:30 terá lugar a saída das categorías de adultos, terán unha distancia de 3,8 km.
O Control de chegada a meta pecharase 20 minutos despois da entrada do primeiro
clasificado.
Ás 18:40 h. efectuarase a saída da Andaina, para completar unha distancia aproximada de 2,6
km.
Artículo 5. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
4.1) As inscricións pódense efectuar a través do sistema on-lline na páxina web da FGA
www.carreirasgalegas.org.
As inscricións pecharanse o martes, 26 de decembro, ás 23:59 horas.
Non se admitirán inscricións presenciais o mesmo día da proba.
4.2) Os participantes comprométense a:
 Aceptar estritamente tódolos artículos do presente regulamento.
 Aceptar as posibles modificacións da proba que teña que realizar a organización
obrigada por causas alleas á súa vontade.
4.3) A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
4.4) A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso que a
continuación se expón: “Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, aos
sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de
toda responsabilidade que da participación no evento puidiera derivarse tal como perda de
obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e o perigro de lesión,”.
4.5) A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. No caso de
dúbida ou de xurdir algunha situación non reflictida no mesmo, estarase ao que dispoña a
organización.
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR “V SAN SILVESTRE DE FENE”
30 de decembro de 2017
4 de 6
C.I.F.: P-1503600-G
RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición e os xuices árbitros están facultados para retirar da carreira
a:
- Calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
 A todo atleta que non realice o percorrido completo.
 A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible por diante, doble ou manipule a
publicidade, ou o fotocopie.
 A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a Organización, á marxe do estipulado no apartado de reclamacións.
Artículo 6. CUSTO DA INSCRICIÓN
A inscrición será GRATUÍTA para TÓDALAS CATEGORÍAS MENORES. O custo para os
participantes da carreia adulta terá un custo de: 2 euros
Realizarase unha RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS.
Artículo 7. RETIRADA DE DORSAL - CHIP
Os participantes poderán retirar o dorsal - Chip:
- O venres, día 29 de decembro no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) en horario de
09:00 a 13:30 h. e de 16:00 a 22:00 h.
- O día 30 no Salón de Plenos do Concello de 10:30 a 13:30 h., e de 15:30 a 16:30 h.
Artículo 8. PREMIOS
• Os tres primeiros clasificados das categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18
masculino e feminino recibirán un obsequio.
• Os tres primeiros clasificados da categoría Sub 20 - 23 – Sene Máster 1, 2, 3 e 4
masculina e feminina recibirán un obsequio.
• Tódolos participantes da categoría pitufos e prebenxamín serán agasallados.
Artículo 9. APELACIÓNS
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse verbalmente antes dos 30
minutos de facerse públicos os resultados ao Xuiz Árbitro, ou na Secretaría da Competición,
sendo o Xuiz Árbitro encargado de resolvelas.
Todo o non previsto neste regulamento resolverase conforme as normas de la F.G.A., R.F.E.A
e .A.A.F, por esta orde.
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR “V SAN SILVESTRE DE FENE”
30 de decembro de 2017
5 de 6
C.I.F.: P-1503600-G
Artículo 10. AVITUALLAMENTOS
Na zona de meta establecerase un avituallamiento final líquido.
Artículo 11. SEGUROS
Tódolos participantes estarán cubertos por unha póliza de Responsabilidade Civil, e outra de
Accidentes proporcionada pola licencia de día de la F.G.A.
A Organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que durante a
participación nesta proba poida un atleta causarse a sí mesmo ou a terceiros.
Artículo 12.
Tódolos participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento para que
a Organización por sí mesma ou mediante terceiras entidades, traten informáticamente e con
finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os seus datos de carácter
persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, etc.
De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de protección de
datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes
ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para
exercer este dereito deberá solicitalo por correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal .
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media
hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico
durante o desenvolvemento da mesma. SEGURO: Todos os participantes estarán amparados
por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes
que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das
leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender
e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico.
Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR “V SAN SILVESTRE DE FENE”
30 de decembro de 2017
6 de 6
C.I.F.: P-1503600-G
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar
a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité
Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking
popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.