Calendario
Info da proba

Boiro

03/12/2017 11:00 - 12:30
Regulamento XIII CARREIRA POPULAR “MAR DE BOIRO”
11º. Memorial Pepe Buceta
Bases xerais.
Data: 3 de decembro de 2017.
Hora de inicio: 11:00 h.
Hora de finalización: 12:30 h.
XIII Carreira Popular “Mar de Boiro” - 11º Memorial Pepe Buceta.
Organiza: Departamento de Deportes. Concello de Boiro.
Casa da Cultura “Ramón Martínez López” (parque da Cachada).
Tfno: 981-848425/e-mail: deportes@boiro.org.
Persoa de contacto: Geno Rodríguez Fernández.
Patrocina: Concello de Boiro.
Distancias: Carreiras Mini e Supermini (ata sete anos): 200 metros.
Carreira curta (escolares): 2.500 metros.
Carreira longa (cat. xeral): 10.000 metros.
Inscricións: Carreira longa e escolares: na Web de Emesports
(www.emesports.es)
Carreiras Mini e Supermini: no Departamento de Deportes.
Casa da Cultura “Ramón Martínez López”. Parque da Cachada.
Avda. Constitución nº 30. 15930 Boiro. A Coruña.
• Persoalmente.
• Teléfono (981 84 84 25).
• Correo electrónico (deportes@boiro.org).
- Aceptaranse inscricións ata o xoves 30 de novembro
(ata as 14:00 h. no Departamento de Deportes e ata as
0:00 h. na web de Emesports).
- O día da proba, só se farán modificacións ou rectificacións das
inscricións.
- As inscrición son gratuítas para as carreiras Mini, Supermini e
escolares. Para a carreira longa (emprégase chip) e a inscrición
será de 6 euros.
- O depositario das cotas de inscrición será a empresa
Emesports. Ao remate do evento, a empresa depositaria
deberá ingresarlle ao Concello de Boiro a totalidade da
cantidade recadada.
Recollida de dorsais, Na carpa que a organización terá na Praza de Galicia (fronte ao
Chips, saída, boxes e edificio do concello), a partir das 09:00 h. e ata as 10:15 h.
meta: Aquí estarán situados tamén os boxes, avituallamento e a zona de
entrega de trofeos. Ao lado da praza estarán situadas tamén a liña
de saída e chegada.
Premios:
✓ Trofeos para os 3 primeiros clasificados en tódalas categorías, excepto para a carreira
Mini e Supermini.
✓ Agasallo aos 3 primeiros corredores de Boiro (nacidos-aportar DNI- ou empadroados
actualmente-comprobado pola organización) da categoría xeral, masculino e feminino.
✓ Agasallo aos 500 primeiros corredores da categoría xeral que se inscriban na proba.
✓ Medallas para todos os participantes das carreiras curta, Mini e Supermini.
✓ Non haberá premios económicos.
Percorrido:
Carreiras Mini e Supermini. Ata 7 anos (200 metros).
2 saídas: Mini (2010-2011-2012) e Supermini (2013 e posteriores). Saída a 200 metros da liña
de meta, ao comezo da rúa peonil. O horario da saída será ás 10:40 h. Os pais poden correr
cos cativos da proba Supermini, pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos
cativos máis rápidos. Deste xeito, os inscritos na carreira longa poderán correr cos fillos na
carreira Supermini antes da súa proba.
Carreira curta. Escolares (2.500 metros).
Saída 5 minutos despois da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello.
Baixada pola rúa Principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda.
Compostela). Collemos a esquerda pola Avda. Constitución, pasamos a rotonda do cruce ca
Avda. Compostela e seguimos subindo toda a Avda. Constitución, pasando os semáforos e
chegando á rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de
Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do
concello. A saída será ás 11:05 h.
Carreira longa. Categoría xeral (10.000 metros).
Saída na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce da
Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos á esquerda pola Avda.
Constitución ata a rotonda da Avda. Compostela, torcendo á dereita en dirección a Praia
Xardín. Ao final da Avda. Compostela torcemos á esquerda, entrando no paseo marítimo.
Percorrido por todo o paseo marítimo ata o final do mesmo, no Saltiño. Sáese á Avda. Barraña
e a 50 metros xa se colle o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da
Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns e ao final torcemos á esquerda en dirección a
Abanqueiro. O percorrido polas estreitas rúas de Triñáns lévanos ata a rotonda do cruce que
vai para a praia de Mañóns, torcendo a dereita e dirixíndonos ata esta praia. De Mañóns
seguimos a estrada ata o cruce preto da Charca de Abanqueiro. Ao final da Charca, collemos á
esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto,
continuando recto pola estrada que pasa por Brión e, ao pasar San, torcemos á dereita en
dirección á Boliña, ata chegar ao cruce ca Avda. Constitución. Aquí collemos á dereita en
dirección á rotonda de Espiñeira, onde se fará un cambio de sentido (sen chegar a bordear a
rotonda) para volver a baixar pola Avda. Constitución, torcemos á dereita no primeiro cruce
para baixar pola rúa Estatuto de Galicia (onde está o Mercadona) todo recto ata entrar na
meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello. A saída será ás 11:00 h.
Regulamento categoría xeral.
1. O Departamento de Deportes do Concello de Boiro será o organizador da XIII Carreira
Popular “Mar de Boiro” – 11º. Memorial Pepe Buceta. A proba está incluída no
Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
- V Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola
Deputación da Coruña.
- Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e
organizado polos concellos que forman parte da
Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do
Caramiñal e Riveira.
2. O Concello de Boiro, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan
responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a
outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que
con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra
mutualidade.
3. Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan as presentes bases e
regulamento que, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
4. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
5. As bases desta carreira complementaranse coas bases de participación no Circuíto de
Carreiras Populares de Arousa Norte (4 carreiras 1 Meta).
6. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando
prohibido cortalo ou dobralo, debendo quedar ben visible o número e a publicidade.
7. Utilizarase o CHIP da empresa “Emesports” como xeito de CRONOMETRAXE
ELECTRÓNICO. Este chip entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal, ata 45 minutos
antes do comezo da proba. Hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o
chip vai colocado por riba da coxa (peto, man, brazalete...) córrese o risco de que non
funcione correctamente.
Ao rematar a carreira, hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips,
situados no corredor da meta.
É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP. Caso contrario, o prezo do chip extraviado
cargaráselle ao corredor en cuestión.
8. Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou
ao entender dos xuíces da organización cometa algunha irregularidade, será
descalificado.
9. A saída será ás 11:00 h. na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. A chegada será
na parte de atrás deste edificio, na rúa peonil.
10. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba,
dividindo 2 grupos: adiante, da categoría xuvenil cara adiante e, a 25 metros por atrás
aproximadamente, as categorías de escolares: benxamín, alevín, infantil e cadete.
Daranse dúas saídas: primeiro a categoría xeral e logo, a categoría de escolares.
11.A organización establece as seguintes categorías segundo o ano de nacemento:
➢ Benxamín Masc. e Fem.: nados/das en 2008 e 2009
➢ Alevín Masc. e Fem.: nados/das en 2006 e 2007
➢ Infantil Masc. e Fem.: nados/das en 2004 e 2005
➢ Cadete Masc. e Fem.: nados/das en 2002 e 2003
➢ Xuvenil Masc. e Fem.: nados/das en 2000 e 2001
➢ Júnior Masc. e Fem.: nados/das en 1998 e 1999
➢ Promesa Masc. e Fem.: nados/das en 1995, 1996 e 1997
➢ Sénior Homes e Mulleres: nados entre 1994 e 1983 (ambos incluídos)
➢ Veteranos/as 1: homes e mulleres nados entre 1978 e 1982
(ambos incluídos)
➢ Veteranos/as 2: homes e mulleres nados entre 1968 e 1977
(ambos incluídos)
➢ Veteranos/as 3: Homes e mulleres nados entre 1958 e 1967
(ambos incluídos)
➢ Veteranos/as 4: Homes e mulleres nados en 1957 e anteriores.
12. As categorías e o circuíto estarán expostos na Praza de Galicia, na saída da carreira. As
Carreiras Mini (nacidos nos anos 2010, 2011 e 2012) e Supermini (nos anos 2013 e
posteriores) será para os máis cativos; a carreira curta para as categorías benxamín,
alevín, infantil e cadete, sendo a carreira longa para o resto das categorías.
13. Un corredor da categoría cadete poderá participar na carreira longa, tendo que pagar a
correspondente inscrición e participando en igualdade de condicións cos corredores/as
da categoría na que se inscribe. Do mesmo xeito, un corredor do ano 2010 poderá
participar na categoría Benxamín, para poder participar nunha proba de maior distancia.
O resto de categorías terán que inscribirse obrigatoriamente na categoría
correspondente segundo o ano de nacemento.
14. A organización establecerá puntos de control ao longo de todo o percorrido.
15. O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro, así como a recta final de meta e a
súa lonxitude.
16. A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que
regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.
17. Os corredores serán acompañados por coches da organización. Un coche oficial abrirá a
carreira e un microbús irá pechando, facendo funcións de “coche escoba”.
18. O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non
autorizados será motivo de descalificación.
19. O control de chegada pecharase 45 minutos despois de que entre na meta o primeiro
corredor clasificado.
20. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais.
21. A clasificación será absoluta e por categorías.
22. A organización premiará cun trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría e
aos tres gañadores absolutos (tanto masculino coma feminino). Ademais, outorgaranse
os seguintes premios:
• Tres primeiros corredores e tres primeiras corredoras de Boiro en
cruzar a liña de meta na categoría xeral (nacidos en Boiro-aportar DNIou
empadroados actualmente-comprobado pola organización).
• Participante con máis idade.
• Medallas para os participantes das carreiras Mini, Supermini e curta.
23. Os trofeos poderán ser acumulativos.
24. A entrega de trofeos será ás 12:15 h. na Praza de Galicia, fronte ao edificio do concello.
25. Para as duchas e vestiarios poderán utilizarse as do pavillón do Complexo Deportivo da
Cachada, situado ao lado da Piscina Municipal e a escasos 300 metros do lugar da saída
da carreira.
26. As reclamacións, se as houbera, faranse na carpa da organización, tendo como hora
límite as 12:00 h.
27. Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización
tomará as decisións oportunas.
28. Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que
presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público,
organización e a proba en xeral.
Regulamento categoría escolares.
1. Entrarán nesta categoría tódolos corredores nados entre os anos 2002 e 2009 (ambos
incluídos), coincidindo coas categorías cadete, infantil, alevín e benxamín.
2. Estas categorías percorrerá o circuíto curto, de 2.500 metros.
3. Está permitido que os pais ou adultos corran acompañando aos nenos, da parte de
atrás do pelotón.
4. A proba de escolares, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polas bases e
regulamento xeral da XIII Carreira Popular “Mar de Boiro”, 11º Memorial Pepe Buceta.
Regulamento carreiras Mini e Supermini.
1. Entrarán nesta categoría tódolos corredores nados no ano 2010 e posteriores.
2. A carreira Mini será para os nacidos nos anos 2010, 2011 e 2012.
3. A carreira Supermini será para os nacidos nos anos 2013 e posteriores.
4. Faranse 2 saídas: primeiro a Mini e, a continuación, a Supermini.
5. Estas categorías percorrerán o circuíto Mini, de 200 metros aproximadamente.
6. Está permitido que os pais ou adultos corran acompañando aos nenos máis pequenos
(os da categoría Supermini), pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos
cativos máis rápidos.