Calendario
Info da proba

Arzúa

24/09/2017 10:30 - 12:30
Regulamento Regulamento 'I Clásica TGM-Toldos Gómez'

A I Carreira Popular de Atletismo “Clásica TGM-Toldos Gómez, Arzúa 2017”, organizada por Lena Eventos e a FGA (Federación Galega de Atletismo) celebrarase o día 24 de Setembro do 2017.

Art. 1) Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo i estará baixo o control técnico do comité galego de xuíces e cronometradores da FGA. Proba oficial con distancia non homologada.

Art. 2) Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Art. 3) Categorías, distancias e horario:



Art. 4) Percorrido:
Proba 10K (JUNIOR, PROMESA, SENIOR, VETERANS 1-4)



A Ruta ten o seu punto de saída na rúa Padre Pardo- Rúa Dr. Fernández de la Riva (Centro Médico)-Fraga do Rei-Calexa-Campo da Feira-Camino Santa María-Rúa do Viso-Fraga do Rei-Rúa Castro-Rúa Río Mera- Rúa do PiñeiralRúa
Viso (1ª a dereita, subindo polo Piñeiral)- baixamos hacia O Viso pola Rúa do Viso- Agra de Vales- Hacia Casaldueiro- Os Rascados –O Foxado- O PazoAC234 (Santa María)- Agra de Vales-Camiño Santa María A, continúan por
diante da feira-Campo da Feira-Rúa Piñeiral-Rúa Castro-Baltasar Pardal-Rúa do Viso-Fraga do Rei- Travesía da Feira-Rúa Luís Seoane-Rúa Doutor Fernández de la Riva- Chegada: Rúa Padre Pardo

Proba 2.000M (INFANTIL, CADETE, XUVENIL)



Saída Rúa Padre Pardo-Rúa Doutor Fernández de la Riva- Rúa Fraga do ReiCalexa-Basilio Carril-Rúa do Viso-Fraga do Rei- Rúa Doutor Fernández de la Riva- Rúa Padre Pardo (liña de meta)

Proba 1.000M (BENJAMÍN Y ALEVÍN)


Art. 5) INSCRICIÓNS:
Lugar: Páxina web da FGA: www.carreirasgalegas.com
Prezos da inscrición:
- Proba 10K: 5 Euros
- Proba 2.000 M (2k): 3 Euros
- Pitufos, Alevín e Benjamín: 1 Euro

Data máxima de inscrición: 21 de setembro ás 23:59, pechándose definitivamente toda posibilidade de inscrición.

Art. 6) SERVIZOS
Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a Organización ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuíta:
- Duchas (Coordenadas GPS del campo - Latitude: 42.930694580078 Lonxitude: - 8.1568441390991, No polideportivo municipal do Viso, a 0,5 km aproximadamente)
- Gardarroupa (rúa Padre Pardo)
- Avituallamento final ( liña de saída, e no punto kilométrico 5 para a 10k)

Art. 7) Retirada dorsais e chips:
Lugar: secretaría a partir das 9:00 da mañá, ata 30 minutos antes de cada proba.
Para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio presentar o DNI ou Pasaporte.

Art. 8 ) Durante a proba, levarase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sen dobrar. Todo corredor/a que non entren na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será descualificado.

Art. 9) Haberá servizo de avituallamento durante a proba, no punto kilométrico 5, para a proba de 10K e ó final en liña de meta para tódalas probas.

Art. 10) Premios:
- Medallas ós 3 primeiros clasificados/as para todas as categorías: Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Junior, Promesa, Seniror e Veteranos (1, 2, 3 e 4)
- Na categoría de pitufos, todos os participantes, agasallo conmemorativo.
- PREMIO TOLDOS GÓMEZ para o gañador e gañadora da proba de 10Km
- Haberá un queixo de Arzúa de agasallo para:
- O participante máis veterano que finalice a carreira (masc. e fem.)
- Atleta local mellor clasificado nos 10Km (masc. e fem.)
- Categorías dende junior a veteranos, ó primeiro clasificado (masc. e fem.)
Coa retirada do dorsal, levarán como agasallo unha camiseta conmemorativa da carreira.

Na bolsa de avituallamento levarán tódolos participantes inscritos na carreira un vale desconto para material deportivo, cortesía da tenda SPORT MODA.

Ó longo da mañá, haberá un espectáculo gratuíto de maxia a cargo de “O Mago Charly Braun” e un taller de maxia, para o disfrute de todos, dende grandes a pequenos, e unha contacontos.

Estará presente un fotógrafo profesional, Manuel Blanco, gañador de varios premios fotográficos, aínda que se colgarán as fotos na páxina web www.lenaeventos.com, as fotos orixinais poderán mercarse a través da súa
páxina: http://manuelblancofoto.wix.com/manuelblancofoto

Art. 11) Todos os participantes inscritos estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil concertada pola Federación Galega de Atletismo (RC). Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc... Tamén quedarán excluídos os producidos por desprazamento a/o desde o lugar no que se desenvolve a proba.

- A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse,
á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores

Art. 12) Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeo ou obsequio. Tampouco estará amparada polos seguros da proba

Art. 13) Os servicios sanitarios e a ambulancia, estarán ubicados na zona de Saída/Meta. Calquera corredor con problemas médicos (alerxias, atencións especiais, etc..), deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

Art. 14) Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización i estarán debidamente sinalizados

Art. 15) O servicio médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar durante a proba a:
- Calquera atleta que manifeste un mal estado físico
- Todo atleta que non realice o percorrido completo
- Todo atleta que non leve visible o dorsal ou que dobre o mesmo
- O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere nas protestas ante a Organización ó marxe do estipulado no artigo 12 do regulamento

Art. 16) As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Art. 17) A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento si as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables.

Art. 18) Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan o presente Regulamento, e en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no mesmo, aceptarase o que dispoña o Comité Organizador.

Art. 19) Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

Art. 20) Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.