Calendario
Info da proba

Soutolongo (Lalín)

28/05/2017 9:00 - 14:00
Regulamento A décimocuarta andaina de Roteiros de Lalín será un percorrido circular con inicio e final en Soutolongo, concretamente no lugar de Vista Alegre, no local social, que foi en tempos a escola, axudada a construir pola emigración.

Será un roteiro completísimo en todos os sentidos. Pasaremos polos pazos de Soutolongo e de Des. Polos castros de Soutolongo e Vilar. Veremos mámoas. Iremos polo camiño real ou dos arrieiros. E disfrutaremos de fermosas carballeiras e soutos que se irán sucedendo case ata o infinito. Faremos un tramo de altísimo valor ecolóxico e botánico a carón do río Asneiro, pasando pola antiga fábrica da luz. E moito máis.

http://roteiros.lalin.gal/2017/05/10/roteiro-soutolongo/