Calendario
Info da proba

Riveira

09/07/2017 10:30 - 11:15
Regulamento REGULAMENTO:
III CARREIRA POLA DIVERSIDADE
ÍNDICE:
Art. 1): PRESENTACIÓN
Art. 2): MODALIDADES
Art. 3) ANDAINA
Art. 4) CATEGORÍAS
Art. 5) INSCRICIÓNS
Art. 6) CLASIFICACIÓN E PREMIOS
Art. 7) CONTROL DE CARREIRA
Art. Molón SERVIZOS
Art. 9) PROBAS INFANTÍS
Art. 10) SORTEO DE AGASALLOS











REGULAMENTO
Art. 1) PRESENTACIÓN
a) A “Asociación AMBAR dás Persoas con Diversidade Funcional” organiza a III Carreira pola Diversidade o día 09 de Xullo no Concello de Riveira. Trátase dun circuíto urbano con saída ás 10:30 do polideportivo de Coroso.
Ojo morado A carreira terá un carácter popular e inclusivo e poderán participar nela todas aquelas persoas maiores de 14 anos.
Tamén se realizarán probas infantís (art. 10)
Art. 2) MODALIDADES
Existen 3 modalidades de carreira e os participantes deberán optar a unha das seguintes opcións:
 Modalidade 4.800 m Zapatilla.
 Modalidade 4.800 m Hand Bike.
 Modalidade 4.800 m “Silla”.
 Probas infantís: Percorridos adaptados segundo idades.

Art. 3) ANDAINA

Simultaneamente á carreira desenvolverase unha andaina de 4000 m. Nun percorrido accesible.
A hora de saída será ás 10:15. As inscricións formalizaranse segundo o que se indica no Art.5

Art. 4) CATEGORÍAS
1. Establécense as seguintes categorías para ambos os xéneros, masculino e feminino, con trofeo para os 3 primeiros postos de cada unha:
 Zapatilla: Home/Muller
o Sub 23: desde 14-23 anos.
o Sénior: 24-34.
o Veterano 1: 35-44
o Veterano 2: Desde 45 anos.
 “Silla”: Home/Muller
 Handbike: Home/Muller

2. Os tempos alcanzados polos participantes con dorsal 000 non se terán en conta na clasificación final.

Art. 5) INSCRICIÓNS
A cota de inscrición é de 5 €. A recadación será destinada a programas de deporte inclusivo.
O tope de inscritos será de 300 adultos no total das distintas modalidades.
A inscrición poderá facerse nos seguintes lugares:
 Asociación AMBAR, Centro Sociocomunitario de Pobra do Caramiñal: Rúa Castelao, 5 - Pobra do Caramiñal.
 Centro de Recursos da Asociación AMBAR, Lugar Granxa Nº 5, San Roque - Ribeira
 Páxina web: www.poladiversidade@galitiming.com..

Ademais, nesta mesma conta, existe a posibilidade de facer a inscrición do “Dorsal 0” (trátase do abono dunha cota solidaria), debendo indicar no concepto “Carreira dorsal 0”. Tamén se poderá adquirir na mesa de dorsais o propio día da proba.
Os dorsais recolleranse no punto de Información e avituallamento preto da saída, a partir das 9:45h. Cada dorsal irá acompañado dunha bolsa conmemorativa.
A data límite de inscrición termina o día 06 de Xullo ás 23:59 horas.
A partir desta data só poderase formalizar a inscrición con dorsal 0 nos teléfonos 981875475/981874480, ou o propio día no punto de repartición de dorsais.

Art. 7) CLASIFICACIÓN E PREMIOS
A clasificación será por categorías, de modo que recibirán trofeo os 3 primeiros participantes de cada categoría, tanto masculina como feminina.
Art. Molón CONTROL DE CARREIRA
A carreira estará controlada ao longo do seu percorrido polo persoal correspondente (apertura e peche de carreira, sinalizacións, etc.). O control de chegada pechará ás 11:30 h.
Art. 9) SERVIZOS
A proba conta con seguro de responsabilidade civil así como con servizo de ambulancia e médico. Tamén estarán a disposición dos participantes vestiarios e duchas no Centro de Raqueta (Pavillón de Coroso) e no IES. Nº 1 adxacentes ao lugar de realización da carreira.
Art. 10) PROBAS INFANTÍS:
Ao terminar a III Carreira pola Diversidade, realizaranse varias probas infantís, baixo as seguintes condicións:
- Inscrición gratuíta. Efectuarase nos mesmos puntos que a proba de adultos. Data límite de inscrición 06 de Xullo ás 23:59 horas.
- Tope de inscritos 200 nenos.
- Non se realizarán clasificacións das probas infantís, todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
- Inicio do primeiro grupo ás 11:30 h.
- Percorridos accesibles, e adaptados aos grupos de idade sendo:
o 3-5 anos 75m ás 12:00 h.
o 6-8 anos 600m ás 11:50 h.
o 9-13 anos 1.2km a as11:30 h.
As categorías e percorridos poderán ser modicficados se non se acada un mínimo de 15 nenos inscritos por categoría.

Art. 11) SORTEO DE AGASALLOS:
Ao finalizar a entrega de trofeos farase un sorteo de distintos agasallos doados por entidades da comarca. Incluiranse no sorteo os dorsais 000. Os agasallos sortearanse entre os presentes.

Asociación AMBAR, Maio 2017.



Se queredes contactar con nós podedes facelo no teléfono:
981875475
981874480