Calendario
Ver carrera

Porto do Son

21/05/2017 9:30 - 15:30

[ Go Back ]

Descripción DATOS TÉCNICOS

Día: 21 de Maio de 2017
Hora: 09:30 h.
Saída e chegada: Plaza da Atalaia - Porto do Son
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.arousa.com e www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 25 km.
Dificultade: Media
Custe inscrición: 7€
Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 18 de Maio

INFORMACIÓN

Presentamos un recorrido que non deixará a ninguén indiferente, non só pola beleza paisaxística pola que transita a maioría dos sendeiros, nunha costa única e sencilla, na que atopar cantís, praias, castros, e antigas aldeas. A increible historia de Porto do Son acompáñanos en cada kilómetro da ruta, lembrándonos en cada rodeira do camiño as miles de anos que teñen cada un deles, pois unha parte da ruta discurre por milenarios camiños empregados polos antergos, sendo testemuñas de pasos de carro que deixaron a súa rúbrica na pedra gastada.

Xa dende a saida, no parque da Atalaia de Porto do Son podemos maravillanos ante a costa rochosa e co Atlántico rompendo ducias de metros mais abaixo, e que co seu ruxido ao bater as olas acompañaranos casi todo o percorrido. Conducíndonos ata o Castro de Baroña, ata o Santuario de Porto Nadelas, para deixarnos escapar ata o petroglifo dos Corzos (podendo albiscar algún máis, pois abundan na zona).

REGULAMENTO
PERCORRIDO:
O percorrido será de asfalto e terra, cunha distancia de 25 km. debidamente sinalizado.
A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada ou de paso.
Establécense un tempo máximo de 6 horas para a realización da proba. A partir dese intre os participantes que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

PARTICIPANTES:
Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos sendeiristas acompañados.
Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer.
Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes nas seguintes condicións:
Finamento por accidente: 10.000 €
Invalidez por accidente: 12.000 €
Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

MATERIAL:
É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
INSCRICIÓNS:
Prazo de inscrición ábrese o 19 de Abril e remata o 18 de Maio.
As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin.
Prezo da inscrición é de 7 € para esta proba.
A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido.
Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.
No Polideportivo de Porto do Son, a partir das 12:00 horas, estará a disposcición dos participantes o servicio de ducha e vestiario.
A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
Estará a disposición dos participantes o servicio de ducha e vestiario.

RETIRADA DE ACREDITACIÓNS:
O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 08:30 h. ata 15 min antes da saída.
Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade da inscrición.
Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.

DESCALIFICACIÓNS:
Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
Si o participante retira sinais de balizamento.
Si o participante non remata o percorrido.
Si o participante non atende as indicacións da organización.
Si o participante non porta o material obrigatorio.
Si o participante atenta contra o medioambiente.
Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao domingo seguinte no mesmo horario e co mesmo formato.
Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

[ Go Back ]