Calendario
Info da proba

Touro

28/05/2017 10:30 - 12:30
Regulamento V CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO
DE TOURO
Domingo 28 de maio
Touro
A partir das 10:30 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Touro (A Coruña). A saída e chegada de
cada proba farase na rúa Isabel II, a carón da casa do Concello e o circuíto
correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
3.- A inscrición da proba absoluta (de junior-promesa a veteráns) poderá realizarse na
web www.emesports.es ata o xoves 25 de maio ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase a través da páxina web
www.emesports.es ; a data límite de inscrirción será o xoves 25 de maio de 2017 ás
23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
www.emesports.es. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en
contacto cos teléfonos 654 285 692 (de martes a venres de 09:00 a 15:00) ou 981 504
029 en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres ou no em@il
info@emesports.es.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada na Casa do Concello, a
carón da SAIDA das probas, con prazo límite 30 minutos antes de cada proba
correspondente.
5.- PREMIOS
Percibirán trofeos:
 Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculinos e femininos, agás a categoría pitufo que non Terán
clasificación, e tamén os tres primeiros/as clasificados/as da proba junior–promesa,
senior e veteranos masculino e feminino.
 Os tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto masculinos como
femeninos tamén recibirán trofeo. Para optar a este trofeo será imprescindible estar
empadroado no Concello de Touro.
 O primeiro clube masculino e o primeiro clube femenino na clasificación final,
establecida pola suma dos seis primeiros clasificados e seis primeiras clasificadas do
clube na clasificación individual final. Nesta clasificación só se admitirá a
participación de clubes federados que deberán inscribir os seus atletas de xeito
individual marcando a opción de “participa na clasificación de clubes” en cada
inscrición.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automaticamente descalificado. Nas probas
cronometradas con chip deberán efectuar a súa devolución unha vez cruzen a liña de
meta.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición
non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
Categorías e horarios
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Junior-Promesa 1995-1996-1997-1998-1999 10:30 h 10000 m aprox
Senior 1994 ata veteranos 10:30 h 10000 m aprox
Veterano/a A Nados entre 1973 e 1982 10:30 h 10000 m aprox
Veterano/a B Nados entre 1963 e 1972 10:30 h 10000 m aprox
Veterano/a C Nados no 1962 e anteriores 10:30 h 10000 m aprox
Pitufo Nados en 2012 e posteriores 12:55 h 150 m
Prebenxamín Nados en 2010-2011 12:50 h 300 m
Benxamín 2008-2009 12:40 h 1000 m
Alevín 2006-2007 12:25 h 2000 m
Infantil 2004-2005 12:25 h 2000 m
Cadete 2002-2003 12:00 h 3000 m
Xuvenil 2000-2001 12:00 h 3000 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 13:15 HORAS
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así
como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de
Glasgow 13 15008 A Coruña.