Calendario
Info da proba

Ortigueira

12/08/2017 17:30 - 19:30
Regulamento Regulamento
Art.1). O Concello de Ortigueira organiza o próximo 12 de Agosto de 2017 a VI Carreira
Popular de Ortigueira
Art.2). A proba absoluta celebrarase sobre a distancia de 5.000m.
Art.3). As inscricións realizaranse a través da páxina www.prueba-t.es donde será
obrigatorio cubrir os datos solicitados e facer o pago de 4 € ata as 20:00h do xoves 10 de
Agosto de 2017. Por razóns organizativas NON se admitirán inscricións o día da proba
para NINGUNHA categoría.
Soamente abonarán inscrición os atletas maiores de idade.
Tódolos atletas teñen a obriga de comprobar que a súa inscrición está correctamente
formalizada na paxina www.prueba-t.es
Art.4). As categorías, horarios e distancias son as seguintes:
17:30h PITUFOS 2010 y posteriores: 100 metros aprox.
17:40h BENXAMÍN 2008-2009: 500 metros aprox.
17:55h ALEVÍN 2006-2007: 1500 metros aprox.
18:20h INFANTIL 2004-2005: 1500 metros aprox.
18:45h CADETE 2000-2003: 5000 m
18:45h SENIOR 1983 - 1999: 5000m
18:45h VETERANOS A 1966-1982: 5000m
18:45h VETERANOS B 1965 y anteriores: 5000m
19:00h ANDAINA 5000m
Art.5) Os dorsais e chips serán entregados o mesmo día da proba, 12 de Agosto, na zona
da saída en horario de 16:00h a 18:00h (prégase vir con tempo para a retirada do dorsal)
debendo o atleta levar o dorsal visible e sen dobleces no peito.
A participación sen dorsal, ou co correspondente a outro corredor ou con outro que non
sexa o oficial da proba está totalmente prohibida e poderá supoñer a exclusión inmediata
da proba por parte dos membros da Organización.
Art.6). Premios:
Trofeos e medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e
feminina.
Art.7). A organización terá a disposición dos atletas servizo de ambulancia. Tamén
duchas na piscina municipal.
Art.8). A organización terá contratado un seguro de responsabilidade civil e accidentes
deportivos para tódolos participantes.
Art.9). Tódolos atletas que se inscriban nesta proba dan por aceptado e deben cumprir
tódolos aspectos reflectidos neste regulamento.