Calendario
Info da proba

Cerdido

02/07/2017 11:00 - 13:00
Regulamento REGLAMENTO CARREIRA POPULAR DE CERDIDO
1. VISIÓN E OBXECTIVOS
A 2ª carreira popular de Cerdido forma parte do 2º circuíto “CORRE POLO NORTE” que
nace coa motivación de que, dende o ámbito público do deporte de cada concello participante, se
quere ofrecer unha oferta deportiva popular conxunta, que inclúa eventos de cada concello dentro
dun marco común da práctica da actividade física saudable.
Con esta carreira búscache chegar a un gran número de persoas de tódalas idades e organizar
un plan anual de Carreiras Populares que se levarán a cabo nos 8 concellos veciños.
- Ortigueira
- Cedeira
- Cariño
- Cerdido
- Mañón
- Valdoviño
- San Sadurniño
- Moeche
Esta carreira pretende crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a poboación,
abandonando o sedentarismo, previndo e reducindo a incidencia das súas enfermidades asociadas e
ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio.
O noso obxectivo pasa porque a actividade física nos nenos e nas familias sexa un elemento
fundamental na vida das persoas. Por este motivo se ofrecen durante todo o ano un gran número de
probas deportivas, onde o importante non son os resultados, senón a participación sa e saudable.
Como obxectivo transversal, a proba tratará de reforzar a educación para o coidado e
desfrute do medio ambiente.
2. ORGANIZACIÓN
A carreira forma parte do 2º Circuito “Corre polo norte”, que está organizado por membros
responsables das áreas de deportes de cada concello, equipos executivos locais e a empresa de
servizos deportivos Prueba-T.
2.1 COMITÉ ORGANIZADOR DO 2º CIRCUITO CORRE POLO NORTE
 Concelleiro de deportes do Concello de Ortigueira
 Concelleiro de deportes do Concello de Cedeira
 Concelleiro de deportes do Concello de Cariño
 Concelleiro de deportes do Concello de Mañón
 Concelleiro de deportes do Concello de Cerdido
 Concelleiro de deportes do Concello de Valdoviño
 Concelleiro de deportes do Concello de Moeche
 Concelleiro de deportes do Concello de San Sadurniño
 Prueba-T
 Ranckr
2.2 COMITÉ ORGANIZADOR E EXECUTIVO DA CARREIRA POPULAR CONCELLO
DE CERDIDO
- David Prada Aneiros (Concelleiro de deportes do Concello de Cerdido)
- Benigno Galego Castro (Alcalde do Concello de Cerdido)
- Xan Xosé Suárez Vilela (Director Deportivo Prueba-T)
- Ranckr
3. NORMATIVA DE SEGURIDADE
3.1 SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
Co obxectivo de protexer e velar por unha práctica deportiva saudable e segura, o Comité
Organizador do “2º Circuíto Corre polo Norte” asinará un Seguro de Responsabilidade Civil para
cubrir os posibles danos a terceiros que poidan xurdir durante as probas ata os mesmos límites que
establece o Real Decreto 7/2001, do 12 de xaneiro ou que se reflicten nas cláusulas do citado
seguro.
3.2 SERVICIO AVITUALLAMENTOS
A organización asegurará a provisión de bebidas aptas para a práctica deportiva na meta e/ou nos
puntos intermedios das probas. Procurarase, do mesmo xeito, proporcionar alimentos sólidos coas
mesmas características.
4. PROBAS DO CIRCUITO
A carreira celebrarase no Concello de Cerdido, o día 2 de xullo de 2017 as 11:00 horas e
recorreránse unhas distancias de entre 150 m. e 6.0 km, en función das categorías e segundo o
percorrido proposto.
A organización reservase o dereito de modificar as distancias de cada proba en función das
características do percorrido final e por causas xustificadas ao efecto. Do mesmo xeito reservase o
dereito a cancelar ou modificar a data das probas para o correcto desenvolvemento das mesmas e
sen que exista a posibilidade de reclamación por parte de ningún participante.
Os únicos vehículos que poderán seguir as probas serán os designados pola organización.
5. CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS APROXIMADOS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIO
PITUFOS 2010 e posteriores 150 m. 11:00:00
BENXAMÍN 2008-2009 880 m. 11:10:00
ALEVÍN 2006-2007 1320 m. 11:20:00
INFANTIL 2004-2005 1760 m. 11:30:00
JUNIOR/CADETE 2000-2003 2274 m. 11:40:00
SENIOR 1983-1999 6000 m. 12:00:00
VETERÁNS A 1966-1982 6000 m. 12:00:00
VETERÁNS B 1965 e anteriores 6000 m. 12:00:00
6. INSCRICIÓNS E NORMAS DE PARTICIPACIÓN
6.1 MÉTODOS DE INSCRICIÓN
Para realizar a inscrición debe tramitarse a través de:
- Plataforma web de inscrición de www.prueba-t.es
- E-mail: xan.suarez@prueba-t.es
- Teléfono: 652 214 833
6.2 CUOTAS INSCRICIÓN
6.2.1 CUOTAS CARREIRAS POPULARES
- Categorías senior e veterano: 4 euros
- Resto de categorías: 0 €
6.2.2 CUOTA INSCRICIÓN A TOTALIDADE DO 2º CIRCUITO CORRE
POLO NORTE (8 probas)
- Categorías senior e veterán: 24 euros
- Resto de categorías: 0 €
6.3 NORMAS PARTICIPACIÓN
- Para formar parte desta proba é necesario que todos os participantes acrediten a súa
identidade coa presentación do seu DNI á hora de recoller os dorsais de cada proba.
- O comité organizador reservase o dereito de cerrar as inscricións se as razóns organizativas
o requirisen.
- Todos os participantes na proba aceptan o seu regulamento e normativa, formalizando a súa
inscrición con todos os dereitos e obrigas que lle corresponden. Así mesmo, no momento da
inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que lles incapacite para a
práctica da actividade física e deportiva. Do mesmo xeito aceptan que a organización
publique fotos, imaxes ou calquera información nas súas redes sociais e medios de
comunicación.
- Para participar na proba é obrigatorio o uso correcto do dorsal e chip facilitado en cada
proba polo persoal da organización. No suposto de non realizar correctamente a colocación do
dorsal e o chip non se garantizará que o resultado sexa correcto.
7. CLASIFICACIÓNS
INDIVIDUAL
A puntuación otorgarase únicamente nas categorías senior e veteranos. Os puntos de cada deportista
serán en función da posición que ocupe na meta seguindo esta tabla:
POSTO PUNTOS POSTO PUNTOS POSTO PUNTOS POSTO PUNTOS
1º 25 p. 6º 14 p. 11º 9 p. 16º 4 p.
2º 21 p. 7º 13 p. 12º 8 p. 17º 3 p.
3º 18 p. 8º 12 p. 13º 7 p. 18º 2 p.
4º 16 p. 9º 11 p. 14º 6 p. 19º 1 p.
5º 15 p. 10º 10 p. 15º 5 p. 20º... 1 p.
O deportista que queira optar a clasificación final do circuíto deberá completar polo menos 6 probas
das 8 posibles.
O deportista que teña completadas o total das 8 probas do circuíto conseguirá unha puntuación extra
de 50 puntos.
O vencedor final do circuíto, en cada categoría, será o que máis puntos obteña ao final do mesmo.
No caso de empate terase en conta:
1º.- O maior número de probas completadas
2º.- O maior número de mellores postos
CATEGORÍAS PUNTUABLES PARA O CIRCUITO
ALEVÍN 2006-2007
INFANTIL 2004-2005
JUNIOR 2000-2003
SENIOR 1999-1983
VETERÁNS A 1982-1966
VETERÁNS B 1965 y anteriores
OUTRAS CATEGORÍAS PUNTUABLES PARA O CIRCUITO
PITUFOS 2010 e posteriores
BENXAMÍN 2008-2009
8. PREMIOS PROBAS E PREMIOS CIRCUITO
- Premio aos tres primeiros de cada categoría: pitufos, benxamín, alevín, infantil, junior,
senior, veteráns A e veteráns B (medalla ou trofeo)
Premios finais do circuíto:
 Trofeo e premio económico ao primeiro clasificado individual por puntuación total tanto
masculino como feminino independentemente da categoría (gañará o circuíto a muller
ou home que obteña máis puntuación independentemente da categoría a que pertenza
sempre que sexa senior, veterán A ou veterán Ojo morado
9. DESCALIFICACIÓNS
A descalificación dun deportista na proba supón non optar aos premios da mesma nin ao
circuito final.
Pode ser polos seguintes motivos:
 Por agresións físicas ou verbais hacia outro participante.
 Non levar o dorsal ben colocado nos controis e na meta.
 Non atender as indicacións dos xuíces ou da organización.
 Non realizar o percorrido estipulado.
 Correr co dorsal doutra persoa. Descalificarase a ambos.
 Por condutas antideportivas ou contra o medio ambiente.
10. RECLAMACIÓNS
Establecese un prazo de 24 horas hábiles para realizar calquera reclamación respecto do
desenvolvemento da proba. A reclamación presentarase po escrito ante o Comité Organizador
presentando cantas probas estime oportunas. O comité actuará de oficio cando existan causas que
así o permitan e xustifiquen. A decisión última será inapelable.
11. CLÁUSULAS ADICIONAIS
Primeira: Todos os participantes aceptan a publicación dos seus datos persoais así como fotografías
da propia organización. Mediante a inscrición o deportista consinte expresamente que os seus datos
sexan utilizados pola organización, por cada concello e pola empresa Prueba-T para comunicacións
sobre as suas actividades.
Segunda: A organización reservase o dereito de cambiar os percorridos marcados, probas
convocadas ou modificar o regulamento se as condicións así o requiren.
Terceira: A inscrición no circuito CORRE POLO NORTE, así como en cada unha das súas probas,
non supón ningún privilexio nin dereito respecto as normas e regulamentos esixidos na
convocatoria de cada unha das probas, polo que cada participante terá que aterse e aceptar as súas
bases.