Calendario
Info da proba

Campañó

27/05/2017 17:45 - 19:45
Regulamento 1. DATA. A Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra, organizan o
sábado 27 de maio de 2017, a partir das 18.45 horas, a “X Carreira Pedestre de Campañó 2017”, na
categoría de adultos/as.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre
que estean inscritas e acepten e cumpran as condicións de participación.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar
estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas
alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se
expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento
(Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos,
agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa
solicitude expresa por escrito á Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun
ficheiro, do que é responsable a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó. A finalidade do
ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Campañó así como informarlle
de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando
unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións
que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non
reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia
ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse ata as 23:59 horas do día 24 de maio de 2017 e e será en
www.championchipnorte.com. Non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
- Para as categorías promesas, seniors e veteranos/as na que o/a deportista pagará a cota de 5 €
máis, e de ser o caso, 2 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso).
a) No caso de que o/a deportista das categorías promesas, seniors e veteranos que se inscriba
estivera en situación de desemprego o día da carreira, marcando a casilla axeitada na
inscrición en web, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 2 € do
aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento
Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público
de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu
dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a
cota de inscrición. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
Ojo morado Se o/a participante é veciño/a de Campañó deberá de inscribirse na propia sede da
Asociación Cultural Deportiva Campañó e a inscrición será de balde.
- Para a categoría xuvenil (nados nos anos 2001 e 2000) o/a deportista non pagará a cota agás, de
ser o caso, 2 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso), e fará a inscrición na web.
- Para as categorías dende Chupete ata Cadete, a inscrición é de balde e se inscriben o mesmo día da
carreira dende as 12.00 ata as 17.00 horas na Casa da Cultura de Campañó (Campo da Festa de
Cabaleiro).
- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2017,
será de balde.
MASCULINA
FEMININA
Ano Datas
Menor Maior Nacemento Tope
Inscrición
Recollida
Dorsais Inscric. Cota Chip
Chupete De 00 A 04 2017 – 2013
O día 27/05 entre as 12.00
e as 17.00 h na Casa da
Cultura de Campañó
(Campo da Festa de
Cabaleiro)
Persoalmente o titor/a,
co nome e teléfono de
contacto
De balde
Non
Pitufo/a De 05 A 07 2012 – 2010
Benxamín De 08 A 09 2009 – 2008
Alevín De 10 A 11 2007 – 2006
Infantil De 12 A 13 2005 – 2004
Cadete De 14 A 15 2003 – 2002
Xuvenil De 16 A 17 2001 – 2000
Ata as 23.59 horas do 24/05
O día 27 de maio, entre as 12.00 e as
17.45 h, na Casa da Culura de
Campañó (Campo da Festa de
Cabaleiro)
A través da web
www.championchipnorte.com
Promesas De 18 A 22
C C C P 2016
5 € (agás desempregados/as)
2 €, de non telo en propiedade
Senior De 23 A 34
Veteranos/as 1 De 35 A 39
Veteranos/as 2 De 40 A 44
Veteranos/as 3 De 45 A 49
Veteranos/as 4 De 50 A 54
Veteranos/as 5 De 55 A 59
Veteranos/as 6 De 60 A 64
Veteranos/as 7 De 65 En diante
5. HOTEL OFICIAL. A Organización conta co precioso Hotel Rural Campaniola que ofrecerá un prezo
especial de 55 € en habitación dobre e 40 € en individual (sempre cos almorzos engadidos). Para poder
acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente co hotel e dar a referencia “Carreira
de Campañó” no tel. 986 872 711
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
6. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con
Vilagarcía (PO531) e aos 3 quilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección
Campañó / Poio. Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda,
á dereita, ali haberá un punto de información. Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada
será ás 17,45.
7. DISTANCIAS
Categoría
Benxamín
Alevín
Infantil
Cadete
Pitufos/as
Chupetes
Xuvenil
Promesas, Sénior,
Veteranos/as 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7
Hora saída 17.40 17.50 18.00 18.10 18.15 18.45
Metros 500 800 1.600 170 50 1 volta de 2.966 m 8.900 m
3 voltas de 2.966 m cada unha
8. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa
disposición na Casa da Cultura de Campañó (xunto á saída).
9. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCDENTES. Todos as persoas participantes estarán
cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas
ambulancias e un médico para a atención.
10. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre
asfalto e haberá diversos controis de paso obrigatorios. A saída e a chegada estarán no campo da festa
de Cabaleiro (Campañó).
11. AVITUALLAMENTO. En cada volta do percorrido haberá avituallamento líquido, e ao remate
facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou os xuíces, están facultados para
retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o
percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un
comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización. Todo o non previsto
polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.
13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das
zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do
mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por
enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os
rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non
entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como
unha penalización de 30 (trinta) euros.
14. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a
abandoar o circuíto.
15. OUTROS. Na liña de meta os/as participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo
médico,...
POSTERIOR Á CARREIRA
16. DUCHAS. Os/as participantes terán un servizo de duchas na Casa da Cultura de Campañó, ata as
20.00h.
17. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as
vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación; os premios non son
acumulativos.
1º 2º 3º
Absoluta Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
1º 2º 3º
Xuvenil, Promesas, Senior e
Veteranos/as
Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Nas categorías Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete recibirán unha medalla todos os
que rematen a súa carreira.
Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non
estiveran comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao trofeo de primeiro/a residente en Campañó
é obrigatorio estar empadroado en Campañó dende xaneiro do ano en curso.

Campañó Masculina Trofeo
Feminina Trofeo
18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 19.45
horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma e
responder inmediatamente ao seu chamado, podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen
presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico. Ao comezo da cerimonia de
premiación realizaranse os seguintes sorteos
19. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá:
Ao principio da entrega de premios
- Sorteo de 1 estancia para 2 persoas no “Hotel Rural Campaniola”.
- Sorteo dunha cea para dúas persoas no “Hotel Rural Campaniola”.
- Sorteo dunha cea para dúas persoas no “Asador Los Olivos”.
Ao remate da entrega de premios
- Un pincho para todos/as os participantes e acompañantes.
- Sorteo de agasallos e material deportivo entre todos/as os participantes.
20. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información no correo-e carreiracampano@gmail.com ou en
https://www.facebook.com/carreiradecampano