Calendario
Info da proba

Ourense

19/11/2017 11:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTOS CARREIRA SAN MARTIÑO
A XLI Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal
de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 19 de novembro de 2017.
REGULAMENTO XERAL DA CARREIRA ABSOLUTA - 10KM
1.Esta carreira pedestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da
Federación Galega de Atletismo e está reservada para todas as persoas nadas no
ano 2000 e anteriores.
2.O prazo de inscrición é desde o 6 de outubro ata o 12 de novembro. Baixo ningún
criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a
través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos
requiridos no procedemento de inscrición.
O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal, chip e camiseta é
ata o 4 de novembro de 2017.
3.A cuota de inscrición será de 5€ desde 6 outubro ao 31 de outubro e de 7€ desde
o 1 ao 12 de novembro. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu
importe.
4.A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da
páxina web e, despois de pechar o prazo de inscrición, o sábado previo á carreira na
entrega e comprobación de chip, entre as 9h e as 20h.
A Organización non se fai responsable das consecuencias que deriven dunha
inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do
atleta dos datos que aporta, aínda que, se obtén un premio, deberá presentar a
documentación acreditativa pertinente nun prazo máximo de 10 días.
5.É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes. A Organización contará con servizos médicos a disposición dos
corredores, non obstante, recoméndalles ós participantes someterse a un
recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización
de actividade física.
A Organización contará cun local debidamente sinalizado, atendido por unha persoa
responsable nomeada pola Federación Galega de Atletismo, para facilitar os partes de
accidentes aos interesados, formalizar a súa presentación e resolver as posibles
incidencias dos accidentados.
6.A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas é
o venres día 17 de novembro de 16:30h a 20h e o sábado día 18 de novembro de
10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas no Recinto Ferial de Expourense, onde
se celebra Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de chips, dorsais e camisetas será
do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
A recollida anticipada de chips (para os inscritos ata o 4 de novembro de 2017) será
os días 16, 17 e 18 de novembro de 2017 nos puntos acordados.
7.O chip deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas ou no ortello antes de dar a
saída e o dorsal no peito de maneira visible. Os corredores que non leven o chip e/ou
o dorsal ben colocado non entrarán nas clasificacións.
É obrigatorio levar o chip na zapatilla ou no ortello e o dorsal no peito durante toda
a proba.
8.O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por
procedementos automatizados. Gravarase a chegada para solventar calquera
reclamación.
9.A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de
meta estará situada no Pavillón dos Remedios.
10.O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de
Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas seguintes rúas da
cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das
Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de
Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, FernándezOxea,
Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas
Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda.
Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de
Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte
Vella e Pardo de Cela.
11.Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis
queda previsto do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o
segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de
chegada pecha unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.
12.Os avituallamentos estarán situados no Km 5 e á chegada no Pavillón Municipal
dos Remedios.
13.Estableceranse varios caixóns, sinalizados por cores, en función da marca
rexistrada no San Martiño anterior:
- Caixón negro: para os/as atletas que teñan unha marca inferior a 35 minutos (homes) e
40 minutos (mulleres) na carreira do SM2016.
- Caixón vermello: para os/as atletas que teñan unha marca entre 35 e 40 minutos
(homes) e entre 40 e 45 minutos (mulleres) na carreira do SM2016.
- Caixón amarelo: para os/as atletas que teñan unha marca entre 40 e 48 minutos
(homes) e entre 45 e 55 minutos (mulleres) na carreira do SM2016.
- Caixón verde: Popular.
Os participantes deberán situarse no caixón correspondente 15 minutos antes do comezo
da proba, atendendo en todo momento ás indicacións da Organización.
En caso de que o corredor non participara na pasada edición do San Martiño, deberá
aportar a súa mellor marca en 10 km.
14.Só poderán permanecer no percorrido os vehículos de axuda que a Organización
estime oportuno, prohibíndose explicitamente o uso de bicicletas, patíns, carriños de
bebé e/ou similares para evitar accidentes.
15.A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos
efectos depositados no interior das bolsas.
16.Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.
As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
Júnior/Sub’20: 1999 e 2000
Promesa/Sub’23: 1996, 1997, 1998
Sénior 1995 ata veteranos
Veteran@s/Máster: A M–35 W–35
Veteran@s/Máster: B M-40 W-40
Veteran@s/Máster: C M-45 W-45
Veteran@s/Máster: D M-50 W-50
Veteran@s/Máster: E M-55 W-55
Veteran@s/Máster: F M-60 W-60
Veteran@s/Máster: G M-65 e posteriores W-65 e posteriores
17.Premios: Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as “absolutos” e “locais”;
trofeo ó/á primeiro/a clasificado/a de cada categoría e camisetas para todos os/as
participantes ata esgotar existencias.
Clasificación “absoluta” Clasificación “locais”
1º posto: trofeo e 1.000 €
2º posto: trofeo e 700 €
3º posto: trofeo e 500 €
4º posto: 300 €
5º posto: 200 €
1º posto: trofeo e 200 €
2º posto: trofeo e 150 €
3º posto: trofeo e 100 €
Para optar ao premio de “locais”, o atleta con nacionalidade española, será nado ou
empadroado no Concello de Ourense.
Premios especiais:
-500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes:
28’49’’ ano 2010, Mulleres: 32’45’’ ano 2010).
-Premio especial Caixabank: 300€ polo primeiro posto ao cruzar o control do 5km,
tanto na categoría masculina como feminina. É imprescindible rematar a carreira e
clasificarse para optar a este premio.
Os premios non son acumulables, agás os premios especiais, e aplicaráselles a
normativa vixente do IRPF.
18.A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas no entorno do Pavillón dos Remedios
e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar, previa xustificación
dos datos aportados na inscrición, presentando a documentación acreditativa que
proceda (DNI, pasaporte, certificado de empadroamento... etc). É de obrigado
cumprimento a asistencia á Cerimonia de Premiacións para percibir os trofeos e os
premios económicos.
19.Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non pasar por todos os controis, non levar dorsal visible por
diante ou manipulalo, non levar o chip nos cordóns da zapatilla ou no ortello, falsificar
datos persoais e a suplantación de identidade.
20.O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e
autoriza á Organización para poder facer uso das imaxes do evento.
 A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas,
rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 145/2017:
“Reglamento de Competiciones de Campo a Través, Ruta, Marcha, Trail y Reuniones
de Pista Cubierta y Aire Libre 2017-2018”
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/201768124315.pdf
Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba,
proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descalificados.
A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rechazará a
inscrición dos corredores federados doutras federacións autonómicas que excedan os
límites fixados pola RFEA para competicións de ámbito autonómico.
21.Esta proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da
FGA (Delegación de Ourense) e por procedementos automatizados contratados pola
Organización.
22.As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis tarde de
30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados.
23.Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da
FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
24.Este regulamento poderá ser actualizado se hai normas federativas que así o
aconsellen.
25.A aceptación de este regulamento supón a aceptación do tratamento e difusión das
imaxes que se poidan tomar durante a realización do evento por parte da
Organización.