Calendario
Info da proba

Sobrado dos Monxes

12/08/2017 19:50 - 21:50
Regulamento III CORRETROITA CONCELLO DE SOBRADO DOS MONXES
Sábado 12 de agosto de 2017
Sobrado / A partir das 19:00 horas
O Concello de Sobrado dos Monxes organiza a teceira edición da súa carreira
popular “Corretroita” o sábado 12 de agosto a partir das 19 horas na localidade de
Sobrado baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación gallega de
Atletismo. As probas rexiranse polo seguinte
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sobrado dos Monxes. A saída e chegada
da proba farase diante do mosteiro de Sobrado dos Monxes. O circuíto estará
debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
3.- CATEGORÍAS E HORARIOS:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Troitiñas 1 Nados entre 2009 e 2006 19:50 600m aprox
Troitiñas 2 Nados entre 2005 e 2002 19:40 1.200m aprox
Xuvenil-Junior De 2001 ata 1998 20:00 h 7 km aprox.
Promesa-Senior De 1997 ata 1983 20:00 h 7 km aprox.
Veterano A masculino Nados entre 1982 e 1972 20:00 h 7 km aprox.
Veterano B masculino Nados entre 1971 e 1962 20:00 h 7 km aprox.
Veterano C masculino Nados no 1961 e anteriores 20:00 h 7 km aprox.
Veterana D feminino Nados entre 1982 e 1967 20:00 h 7 km aprox.
Veterana E feminino Nados no 1966 e anteriores 20:00 h 7 km aprox.
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 21:00 horas
4.- A inscrición de todas a as categorías realizarse na páxina web
www.carreirasgalegas.com (información en www.fgatletismo.es/santiago) con
data límite o xoves 10 de agosto ás 14 horas.
PREZOS DA INSCRICION
TROITIÑAS (nacidos dende o 2002 ata o 2009) GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de xuvenil-junior a veteráns): 5 € por participante
* O pago da inscrición (no caso de inscrición de pago) poderá realizarse pola pasarela
de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co
proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 683 ou no
em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día
da carreira.
5.- Os dorsais retiraranse na zona do Mosteiro de Sobrado onde estará ubicada a
secretaría da organización con tempo límite media hora antes do inicio da proba.
6.- PREMIOS e AGASALLOS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados da proba
absoluta, tanto en homes como en mulleres.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir
dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Haberá obsequio cortesía da organización para todos os participantes e avituallamento
líquido na zona de meta.
7.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na parte anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
8.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo
da proba.
9.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa
idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
10.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de
todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz
árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
resultados.
11.- O horario da saída poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función das circunstancias.
12.- Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no polideportivo municipal de
Sobrado.
13.- A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
14.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de
saír acepta o presente regulamento.
15.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un
padecemento latente, imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento; o
lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido
de ningún vehículo axeno a organización, estando estes últimos debidamente
identificados.
16.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende 30min
antes do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios
médicos, están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo,
recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un
recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que
impida a súa participación.
17.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento
da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade
para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo
caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.