Calendario
Info da proba

Villagarcía de Arosa-Solidaria Ladesol

25/06/2017 10:15 - 12:15
Regulamento III CARREIRA SOLIDARIA LADESOL
“CORRO POR TU SUEÑO”
Art.1) A Fundación LADESOL organiza a II Carreira Solidaria LADESOL “Corro por tu sueño” o 25
de Xuño do 2017 na localidade de Vilagarcía de Arousa; baixo o control técnico da Federación
Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra. Haberá dúas modalidades
distintas, carreira e andaina, para que cada participante escolla a que máis lle conveña.
Art. 2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Art. 3) CATEGORÍAS E DISTANCIAS:
*As distancias son orientativas e non homologadas.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
CARREIRA
Pitufos 2013-2012 100 m
Prebenxamín 2011-2010 150 m
Benxamín 2009-2008 600 m
Alevín 2007-2006 875 m
Infantil 2005-2004 1.730 m
Cadete 2003-2002 1.730 m
Xuvenil 2001-2000 1.730 m
Junior/Promesa 1999-1995 10000 m
Senior 1994 e anteriores 10000 m
Veteráns A A partir de 35 anos
(1982)
10000 m
Veteráns B
A partir de 50 anos
(1967)
10000 m
ANDAINA
Non hai categorías 4.500 m
Art. 4) HORARIOS
A orde das carreiras e andaina é o seguínte:
- 10.00: Saída da categoría Benxamín masculino e feminino.
- 10:05: Saída da categoría Alevín masculino e feminino
- 10.15: Saída da andaina.
- 10.25: Saída da categoría Infantil masculino e feminino.
- 10.35: Saída das categorías Xuvenil e Cadete masculino e feminino.
- 10.50: Saída das categorías absolutas masculino e feminino.
- 12.10: Saída da categoría prebenxamín.
- 12.15: Saída da categoría pitufos.
Art. 5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
- A saída da andaina será dende o paseo do Porto Deportivo á altura dos minicines
(Ruta de Senderismo do Concello)
- A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio.
Art. 6) INSCRICIÓNS:
A inscrición realizarase na páxina da Federación Galega de Atletismo:
www.carreirasgalegas.com ou no Colexio San Francisco de Vilagarcía en horario de 11.30
a 12.30 de luns a sábados e de 16.00 a 17.00 de luns a xoves.
A data límite para inscribirse on_line será o 21 de Xuño do 2017, a data límite para
inscribirse no colexio será o 19 de Xuño.
O prezo das inscripcións é o seguínte:
- Categorías Pitufo e Prebenxamín: 3 euros.
- Categorías Benxamín e Alevín: 3 euros.
- Categorías Infantil, Cadete e Xuvenil: 3 euros.
- Categorías absolutas: 6 euros.
- Andaina: 3 euros.
Abriráse unha conta “DORSAL 0” para os que desexen participar e non poidan asistir ó
evento. Tamén será posible realizar un donativo na propia inscrición á carreira.
TODO O RECADADO irá parar á Fundación LADESOL das Franciscanas Misioneiras
da Nai do Divino Pastor.
Art. 7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
A retirada de dorsais realizarase no Colexio San Francisco o sábado 24 de 11.30 a 13.30
e de 18.00 a 20.00 e o mesmo día e lugar da proba dende as 9.00 ata media hora antes da
proba.
Art. Molón PREMIOS
Os premios para a ANDAINA serán os seguíntes:
- Premio á mais Veterana que participen. (Pedirase acreditación correspondente antes da
entregada de premios).
- Premio ó mais Veterán que participen. (Pedirase acreditación correspondente antes da
entregada de premios).
Os premios para a CARREIRA serán os seguíntes:
- Categoías Pitufos, Prebenxamín, Benxamín medallas para todos os participantes.
- Categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil: Medalla para os tres primeiros clasificados
masculinos e femininos.
- Categorías absolutas: Trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.
Art. 9) Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na
zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación
Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
Art. 10) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a
participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún
momento.
Art. 11) As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuiz
Árbitro da Competición non más tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 12) SERVIZOS (persoal sanitario, ambulancia, duchas, avituallamento,...)
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos
para os participantes.
Art. 13) O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do presente
regulamento. Dando vostede autorización ós organizadores e colaboradores (Colexio San
Francisco de Vilagarcía de Arousa) a rexistrar total ou parcialmente a súa participación
mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión*.
Art. 14) Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co
regulamento de FGA, RFEA E IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de
día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado
pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 - 15008 A Coruña.
*A imaxe dos participantes ou outras informacións referidas a este poden divulgarse en diferentes publicacións ou medios
de comunicación do centro Colexio San Francisco de Vilagarcía de Arousa (incluídos os de internet: Facebook, Youtube,
Twitter). O centro non se fai responsable no uso de estas imaxes por parte de terceiros.