Calendario
Info da proba

Culleredo

14/05/2017 11:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO
1.-O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a
Deputación da Coruña, a VI Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 14 de maio, e
que chega á súa quinta edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde o ano 2012
por iniciativa da Asociación Castelo Deporte. A proba forma parte do V Circuíto Provincial de
Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
2.-DENOMINACIÓN. A proba recibe a seguinte denominación: “VI Carreira pola ría do Burgo”.
3.-DATA E LUGAR. A proba celebrarase o domingo 14 de maio no paseo marítimo da ría do
Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da
ría, na zona das pistas polideportivas
4.-CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS: Establécense as seguintes categorías, en función da
data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias (existen ata cinco
percorridos diferentes):
CATEGORÍA NADOS/AS DISTANCIAS
aproximadas HORA
MENORES SEN
CLASIFICACION
Pequerrecho 2012 -2013 80 m 13:20
Prebenxamín 2010 -2011 150 m 13:10
MENORES
Benxamín 2008-2009
1000 m 13:00
Alevín 2006-2007
Infantil 2004-2005
Cadete 2002-2003 2000 m 12:30
Xuvenil 2000-2001
ABSOLUTA
Adultos 1999 ata veterano
10000 m 11:00
Veterano 1
De 35 a 40 anos
cumpridos ata o día da
proba
Veterano 2
De 41 a 49 anos
cumpridos ata o día da
proba
Veterano 3
De 50 a 59 anos
cumpridos ata o día da
proba
Veterano 4
A partir de 60 anos de
idade cumpridos ata o
día da proba
VI CARREIRA POLA RIA DO BURGO
14 DE MAIO 2017
5.-INSCRICIÓNS: Permanecerán abertas desde o mércores 3 de maio ás 00:00 horas ata as
23:59 do mércores 10 de maio na web www.carreirasgalegas.com; o prezo da mesma será de
5 euros, agás nas carreiras de menos dos 10 km da proba absoluta, en cuxo caso o prezo será
de 3 euros, que en todo caso se aboará no momento da inscrición. O número máximo de
participantes será de 1000.
6.-PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e
feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías
pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
7.-DORSAIS E CRONOMETRAXE: A proba estará cronometrada pola Federación Galega de
Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ao dorsal e poderán recollerse entre o
venres 12 de maio de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 13 de maio de 11:00 a 13:00
horas e de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do paseo marítimo, ou ben na zona de
saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira. Cronometraranse
electronicamente todas as categorías agás a de pequerrechos e prebenxamín.
8.-AVITUALLAMENTO: Será na zona de meta para todas as categorías. Nos 10 km haberá
tamén outro a metade de percorrido.
9.-OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN. Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha
camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
10.-SERVIZOS. Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na
zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da
proba. Non haberá servizo de vestiarios e duchas.
11.-RECLAMACIÓNS. As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente
ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de trinta minutos despois da publicación dos
mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
Regulamento da F.G.A., e R.F.E.A. en vigor.
12.-MÁIS INFORMACIÓN na web www.carreirasgalegas.com