Calendario
Info da proba

Curtis

01/07/2017 18:00 - 20:00
Regulamento IV CARREIRA POPULAR CURTIS-5K / VIII CAMPIONATO DE
GALICIA DE 5 KM EM RUTA
CONCELLO DE CURTIS
O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes organiza o sábado 1 de
xullo de 2016 a partir das 18:30 horas, a IV edición da Carreira Popular Curtis-5K na
localidade de Curtis. Esta proba pertence ao V Circuito Provincial de Carreiras Populares da
Deputación da Coruña.
A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 5 km homologados pola Real
Federación Española de Atletismo (RFEA) e será a súa vez o VIII Campionato de Galicia
de 5 km en ruta.. As probas levaranse a cabo na localidade de Curtis (A Coruña) e estarán
baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) . As
probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega
e Atletismo.
2
2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Para a Carreira Popular Curtis-5K as categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2013 e posteriores*
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2010 e 2011 e 2012*
BENXAMIN atletas nados no 2008 e 2009
ALEVIN atletas nados no 2006 e 2007
INFANTIL atletas nados no 2004 e 2005
CADETE atletas nados no 2002 e 2003
XUVENIL atletas nados no 2000 e 2001
JUNIOR atletas nados no 1998 e 1999
PROMESA atletas nados no 1995, 1996 e 1997
SENIOR atletas nados entre 1983 e 1994
VETERANOS A atletas nados entre 1972 e 1982
VETERANOS B atletas nados entre 1962 e 1971
VETERANOS C atletas nados en 1961 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1972 e 1982
VETERANAS B atletas nadas en 1971 e anteriores
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas
3. DISTANCIAS E HORARIOS
O percorrido da proba absoluta estará homologado pola Real Federación Española de
Atletismo e as marcas entrarán a formar parte do ranking galego na distancia de 5 km en ruta.
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA RÚA MESTRE EDUARDO FARIÑA (diante
do polideportivo de Curtis).
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
18:00 h Pitufo 300 m aprox
18:10 h Prebenxamín 500 m aprox
18:20 h Benxamín e alevín 1000 m aprox
18:30 h Infantil e cadete 2500 m aprox
19:00 h
Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e
Veteranos
CAMPIONATO DE GALICIA DE 5 KM
5 km homologados pola RFEA
19:50 h ENTREGA DE PREMIOS
4. INSCRICIONS
Os participantes na proba absoluta e nas probas escolares da IV Carreira Popular Curtis-5K,
Concello de Curtis deberán realizar a súa inscrición na páxina web
www.carreirasgalegas.com. Información nas webs www.fgatletismo.es/santiago e
www.fgatletismo.es, con data límite o mércores 28 de xuño ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION
- CATEGORIAS ESCOLARES (ata cadete incluido): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (de xuvenil en adiante): 5,00 €
O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina
www.carreirasgalegas.com.
As inscricións do Campionato de Galicia de 5 km en ruta faranse a través da web
https://isis.rfea.es/sirfea2/ con prazo limite o martes anterior á proba ás 20.00 horas.
RECOMÉNDASE FACER AMBAS INSCRICIÓNS, NA CARREIRA POPULAR E NO
CAMPIONATO DE GALICIA SE DESEXA ENTRAR NA PREMIACIÓN POPULAR.
5. PREMIOS e AGASALLOS
Na IV edición da Carreira Popular Curtis-5K outorgaránse os seguintes premios:
PARTICIPANTES NA CARREIRA POPULAR
 Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
regulamento da Proba, agás nas categorías pitufo e prebenxamín que se darán medallas
a todos/as os/as participantes.
 Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
 Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
 Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS
PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE GALICIA DE 5 KM EN RUTA
 Medallas para os/as atletas participantes no Campionato de Galicia de 5 km en ruta,
serán as referidas na circular do campionato que poderase consultar a través da
páxina web www.atletismogalego.org.
6. RETIRADA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba no polideportivo de Curtis, a carón da saída das probas ata media
hora antes do inicio de cada proba.O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión,
colocado na zona anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu
dorsal será descualificado.
7. DESCUALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos
FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuiz Árbitro
da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO
DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da
proba en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de
competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou
colectiva durante a proba.
8. Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio municipal
de Curtis.
9. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA en vigor.
10. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento