Calendario
Info da proba

Cambre

15/08/2017 10:30 - 12:30
Regulamento Organiza Concello de Cambre e Federación Galega de Atletismo. Esta carreira está
integrada dentro das 30 carreiras do V Circuíto de Carreiras Populares da Deputación
Provincial da Coruña que se desenvolverán ao longo do 2017
HORARIO DAS SAÍDAS:
• 10:30 h: Mini
• 10:40 h: Benxamín
• 10:50 h: Alevín
• 11:00 h: Infantil, Cadete, Xuveníl
• 11:10 h: Resto das categorías (Xunior, Promesa, Seniors, Veteráns).
LUGAR DE SAÍDA:
• Polideportivo Municipal de Cambre, Sofía Toro (detrás do Concello)
INSCRICIONS:
Ata as 20:00h do sábado 12 de Agosto na páxina web www.carreirasgalegas.com. Todas as
categorías son gratuitas.
CATEGORÍAS (MASCULINAS E FEMININAS):
Categoría Nados/as
Mini 2010 e posteriores
Benxamín 2008-2009
Alevín 2006-2007
Infantíl 2004-2005
Cadete 2002-2003
Xuvenil 2000-2001
Absoluta 1999 ata veterán
Veterano 1 De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
Veterano 2 De 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
Veterano 3 De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
Veterano 4 A partir de 60 anos de idade cumpridos ata o día da proba
CIRCUITOS:
CIRCUITO 1: (Nas inmediacións do Polideportivo de Cambre, Sofía Toro)
1.a) Carreira Mini:
Hora: 10:30 h.
Distancia: Entre 150 e 300 mts.
Carácter participativo, non haberá clasificación.
1.b) Carreira Benxamín:
Hora: 10:40 h.
Distancia: Entre 500 e 1.000 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
1.c) Carreira Alevín:
Hora: 10:50 h.
Distancia: Entre 600 e 1.100 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
CIRCUITO 2: (Saída dende o Pabellon Sofía Toro, baixada ó Río Mero e volta ó
Pabellon)
Carreira Infantil:
Hora: 11:00 h.
Distancia: 2800 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
Carreira Cadete:
Hora: 11:00 h.
Distancia: 2800 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
Carreira Xuvenil:
Hora: 11:00 h.
Distancia: 2800 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
CIRCUITO 3:
Resto das Carreiras (Absoluta, Veterans 1, Veterans 2, Veterans 3 e Veterans 4):
Hora: 11:10 h.
Distancia: 7.500 mts.
Limitase a participación nesta carreira a 800 deportistas.
Premio: Agasallo para os tres primeir@s clasificad@s en cada categoría
MOI IMPORTANTE:
• A data tope de recepción de inscricións será o sábado, 12 de agosto, ás 20:00 horas. Non
se admitirá baixo ningún concepto ninguna inscripción posterior á devandita data, nin por
suposto o mesmo día da competición.
• Na inscrición hai que indicar o nome completo, data de nacemento completa, procedencia
(localidade, clube...), Número de licencia (en caso de ser federado) DNI (imprescindible),
teléfono, dirección e e-mail se queren recibir información, resultados, etc...
RECOLLIDA DE DORSAIS:
No Pabillón Sofía Toro de Cambre o luns 14 de agosto de 17:00 a 21:30 e, o mesmo día da
carreira, entre as 9:15 h e as 10:30 h. Recoméndase chegar con tempo suficiente para
evitar colas de última hora.
Importante: O dorsal ten adherido a parte traseira o chip de control, e moi
importante no manipular a pegatina que o cubre.
CONTROL DE CHEGADA:
A cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
TROFEOS E PREMIOS:
• Medallas para os tres primeiros calsificados de cada categoría tanto masculina como
feminina agás na categoría de Minis.
• Na categoría minis todos os corredores recibirán un agasallo.
• Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
• Trofeo ao corredor/a de menor idade que termine a proba.
• Trofeo ao primeiro e primeira atleta clasificado/a de o Concello de Cambre, ben que
resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo. Para optar a este premio deberá
facer constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o
trofeo deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Cambre.
- Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
- Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
OUTROS
• Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos
os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
• Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o
mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o
seguimento da proba, estando rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes
mediante o uso de vehículos de axuda ou correndo a pe, sendo motivo de descalificación.
• A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora
antes do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios
médicos, están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un
mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os
inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento de aptitude
médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
• A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores.
• Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír
acepta o presente regulamento.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Cambre.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Polideportivo de Cambre, Sofia
Toro.
• Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA
e FGA para probas en ruta en vigor.
• Os resultados publicaranse na web do Concello de Cambre, da Federación Galega de
Atletismo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.