Calendario
Info da proba

Ordes

10/09/2017 17:00 - 19:30
Regulamento XXII CARREIRA POPULAR DO CONCELLO DE ORDES
O Concello de Ordes celebra a XXII edición da súa Carreira Popular, pertencente
ao V Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña, o domingo 10
de setembro de 2017 na localidade de Ordes baixo o control técnico da Federación
Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola
clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité
Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
BABY* 2012 e posteriores 500 metros
PREBENXAMÍN* 2010-2011 500 metros
BENXAMÍN 2008-2009 1000 metros
ALEVÍN 2006-2007 1000 metros
INFANTIL 2004-2005 3000 metros
CADETE 2002- 2003 3000 metros
XUVENIL 2000-2001 9500 metros
JUNIOR-PROMESA-SENIOR 1999 ata veteráns 9500 metros
VETERANOS/AS A nados/as entre 1971 e 1981 9500 metros
VETERANOS/AS B nados/as entre 1961 e 1970 9500 metros
VETERANOS/AS C nados en 1960 e anteriores 9500 metros
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do
inicio de cada proba, sita a mesma enfronte da Casa Consistorial.
HORA CATEGORÍA
17:00 h Infantil e cadete (3000 metros)
17:30 h Baby e Prebenxamín (500 metros)
17:50 h Xuvenil, Junior-Promesa-Senior e Veteranos (9500 metros)
18:00 h Benxamín e Alevín (1000 metros)
4. Para o control da carreira absoluta (de xuvenil en adiante) todos os participantes
deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu dorsal e que irá
colocado na parte de atrás do dorsal.
5. INSCRICIONS:
- CARREIRAS ESCOLARES (de Baby a cadete): faranse rellenando os campos
indicados a través do formulario de inscrición presente nas webs
www.carreirasgalegas.com e www.atletismogalego.org.
- CARREIRA ABSOLUTA (xuvenil- junior-promesa, senior e veteranos), poderán
facelo visitando a páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle indicarán os
pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición*.
PREZO DE INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- CARREIRA ABSOLUTA: 4,00 €
*Os equipos, clubes, centros… que desexen obtar os premios en metálico deberán
formalizar a inscrición individual de cada compoñente, e ademais remitir un correo
electrónico á dirección FGAsantiago@gmail.com no cal se reflexará a composición
de atletas do clube cos seus datos persoais (nome e apelidos, data de
nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa (se a
ten).
Para máis información, poderán utilizar os teléfonos 981 680002 e 981 680157.
O prazo de inscrición rematará o mércores 6 de setembro de 2017 ás 23:59
horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais e os CHIPS recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita na
Casa do Concello (a carón da SAIDA) ata MEDIA HORA antes do inicio da proba
correspondente.
6. O longo do percorrido a organización ubicará controis nos cales poderase
descualificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do
percorrido, sacar o dorsal, empurrar ou obstaculizar a outros atletas…). O
percorrido da proba absoluta estará sinalado cada kilómetro.
7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal colocado correctamente na
zona do peito, en toda a súa extensión será automáticamente descalificado.
8. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín
(en mulleres e homes), así como trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3
primeiros homes da carreira XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e
VETERANAS/OS.
Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar
censados) na proba absoluta (en mulleres e homes), ó participante máis xoven e o
máis veterano que logre concluila proba (da súa categoría, claro).
Os trofeos non serán acumulativos.
PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANOS/AS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 150 €
2º Clasificado/a: 80 € (Iguais para mulleres e homes)
3º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANOS/AS)
1º Equipo Clasificado: 150 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 50 €
*A clasificación por clubes federados será establecida a través dos 4 primeiros
corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario
realizar a inscrición como clube* (inscribindo os corredores individualmente en e
remitindo un correo electrónico a dirección FGAsantiago@gmail.com cos datos do
clube e dos seus compoñentes), e que alo menos 6 corredores do mesmo logren
concluila carreira. A confección dos equipos poderá ser mixta, masculina ou femenina,
pero todos puntuarán nunha soa clasificación. NINGÚN CLUBE FEDERADO
ENTRARA NESTES PREMIOS SENON SEGUE OS PASOS MARCADOS PARA A
INSCRICION POR CLUBE INDICADA NO PUNTO 5 DESTE REGULAMENTO.
PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO*
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL-JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANA/O).
1º Grupo Clasificado: 150 €
2º Grupo Clasificado: 100 €
3º Grupo Clasificado: 50 €
*Na clasificación por grupos do municipio poderán entrar todas as asociacións,
clubes, equipos, centros,… do municipio de Ordes. A clasificación será establecida a
través dos 4 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta
clasificación é necesario realizar a inscrición como grupo municipal* (VER PUNTO 5
DO REGULAMENTO) e que alo menos 6 corredores do mesmo logren concluila
carreira. A confección dos grupos poderá ser mixta, masculina ou femenina, pero
todos puntuarán nunha soa clasificación.
* Non se pode duplicar a inscrición, é dicir, os corredores so poderán estar
anotados ou a través dunha asociación, clube ou dun centro educativo, non poderá
figurar en duas entidades.
9. A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas
rexerase polas regras de competición 2015 publicadas no sitio web oficial da RFEA
, e en especial o artigo 3.4 (páxina 72 do manual) , artigo que se pode consultar no
seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2015/00Reglamentacion2015.pdf
10.Habera servizo de duchas na piscina municipal “ O Muiño” a disposición de tódolos
atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán
avituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.
11. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz
Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
mesmos.
12. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.

Máis información nas páxinas web:
➢ www.concellodeordes.com
➢ www.fgatletismo.es/santiago
➢ www.atletismogalego.org