Calendario
Info da proba

Redondela

25/06/2017 10:15 - 12:15
Regulamento Data: Domingo 25 de xuño 2017
Hora: 11:00.
Distancia: 6,4 Km.
Lugar: Concello de Redondela (Saída e meta sita diante da casa do Concello).
Organiza: Excmo. Concello de Redondela (CONCELLERÍA DE DEPORTES) en colaboración con
ASOCIACIÓN DEPORTIVA CAR (Clube Atletismo de Redondela)
Inscricións: A través da empresa de cronometraxe ChampionchipNorte ou presencialmente na
Zapatería Susuela (c\ Adro 32, Redondela) en horario comercial
REGULAMENTO ADULTOS
1. A saída e a chegada situaranse diante da casa do Concello de Redondela.
2. A X Carreira Popular Concello de Redondela será de caracter popular
3. A inscrición na proba suporá a total aceptación deste regulamento por tódolos atletas
participantes.
4. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
regularán o tráfico ó longo do percorrido.
5. O Concello de Redondela e a Asociación deportiva C.A.R non se fan responsables dos
danos morais, materiais ou físicos que poidan sufrir os participantes nesta proba. Se ben
porán tódolos medios dos que se dispoñan para solucionar os imprevistos que poidan xurdir
durante a proba.
6. Dorsal e chip: Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización,
quedando prohibido dóbralo ou cortalo. Tamén se deberán portar o chip debidamente atado
nos cordóns das zapatillas.
7. Descalificacións: Será motivo de descalificación directa, correr sen dorsal ou sen chip,
suplantar a un corredor ou falsificar os datos da inscrición.
8. Idade mínima: Na proba absoluta non poderán participar os menores de 16 anos.
9. Establécense as seguintes categorías:
 Senior (masculino e feminino): 16 a 34 anos
 Veterano A (masculino e feminino): 35 a 50 anos
 Veterano B (masculino e feminino): máis de 50 anos
Categoría Senior Vet. A Vet. B
Masculina 16 a 34 anos 35 a 50 anos máis de 50 anos
Feminina 16 a 34 anos 35 a 50 anos máis de 50 anos
10. Premios: haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da xeral, para tres primeiros
de cada categoría, para os tres primeiros veciños de Redondela, (masculino e feminino), e
ademais un detalle para o corredor e a corredora con máis idade en chegar á meta. Os trofeos
non serán acumulativos, unicamente os entregados ós veciños de Redondela.
11. Reclamacións: Polo seu carácter estritamente deportivo e popular non se admitirán
reclamacións.
12. Avituallamentos: Ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
13. Servizos de vestiarios e duchas: No Pavillón Municipal de Redondela.
14. Inscricións: Realizaránse na páxina ChampionchipNorte ou presencialmente en horario
comercial na zapatería Susuela (rua Adro 32) ata as 23:59 horas do día 22 de Xuño. O precio
da inscripción será de 4 euros + 1 euro por aluguer de Chip no caso de non dispor del. De
cada inscrición doarase un 1 euro para a Asociación de atención a persoas con enfermidades
mentais LENDA.
15. Todas as persoas que non aparezan o xoves 22 de Xuño nos listados definitivos da web
da empresa encargada da cronometraxe, non estarán correctamente inscritas. A forma de
pago pola web é a través dunha pasarela de PAGO SEGURO.Non se aceptarán inscricións
fora de prazo, o dia da carreira ou sen tódolos datos obrigatorios.
16. Recollida dorsais: Os dorsais poderanse recoller o sábado de 16:00 a 20:00 horas no
Multiusos da Xunqueira de Redondela, ou de 09:00 a 10:30 horas do día da proba na zona
de saída, situada diante do Concello.
17. Conforme á L.O. 15/1999, os datos persoais recollidos pasarán a formar parte dun
ficheiro, do que é responsable a Asociación Deportiva C.A.R. A finalidade do ficheiro é
levar a cabo a xestión de datos para a proba así como informarlle de futuras edicións. Se
desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo
dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do
seu DNI.
18. Autorízase a organización para a utilización de calquera imaxe obtida durante a proba en
publicacións, carteis e medios dixitais.
19. Os participantes deberán estar na liña de meta 10 minutos antes da hora fixada para a
saída da proba.
20. Todo o non previsto polo presente Regulamento resolverase segundo o criterio da
organización.
CIRCUITO CARREIRA ABSOLUTA
Distancia aproximada 6.400 m.
Hora de Saída - 11:00 h.
Tempo mínimo estimado 19 minutos.
Hora de Peche da Meta - 11:50 h.
Saída e Meta fronte o nº 1 da rúa Alfonso XII (diante do Concello).
Circuito
REGULAMENTO CARREIRA NENOS
X Carreira Popular Concello de Redondela
1. A X Carreira Popular Concello de Redondela de menores terá CARÁCTER NON
COMPETITIVO.
2. As Inscricións dos menores serán de balde e deberán facelas o pai/nai, titor ou responsable
do menor na web encargada da cronometraxe ou cubrindo e asinando o impreso habilitado.
3. A inscrición na proba suporá a total aceptación deste regulamento polo pai/nai, titor ou
responsable do menor.
4. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
regularán o tráfico ó longo do percorrido.
5. QUEDA EXPRESAMENTE PROHIBIDO CORRER A CARON DO MENOR OU
INVADIR O CIRCUITO DURANTE A CARREIRA.
6. O Concello de Redondela e a Asociación deportiva C.A.R o non se fan responsables dos
danos morais, materiais ou físicos que poidan sufrir os participantes nesta proba. Se ben
porán tódolos medios dos que se dispoñan para solucionar os imprevistos que poidan xurdir
durante a proba.
7. Dorsal: Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización, quedando
prohibido dóbralo ou cortalo. Non se permitirá correr a ningún neno sen o seu dorsal
correspondente.
8. Establécense as seguintes categorías que terá que percorrer cadansúa distancia:
PITUFOS - nados no 2.013 e 2.014 Distancia => 50 m.
PREBENXAMÍN - nados no 2.010, 2.011 e 2.012 Distancia => 100 m.
BENXAMÍN - nados no 2.008 e 2.009 Distancia => 800 m.
ALEVÍN - nados no 2.006 e 2.007 Distancia => 1000 m.
INFANTIL - nados no 2.004 e 2.005 Distancia => 1500 m.
CADETES - nados no 2.002 e 2.003 Distancia => 3000 m.
9. Horarios, circuítos e saídas:
10:15 h – ALEVÍN (Saída dende Concello)
10:30 h – INFANTIL (Saída dende Concello)
10:45 h – CADETE (Saída dende Concello)
12:00 h - BENXAMÍN (Saída dende La Farola)
12:05 h - PREBENXAMÍN (Saída dende A Imprenta- Meta Concello)
12:10 h - PITUFO (Saída dende Xoán Crespo - Meta Concello)
10. A organización reservase o dereito de fragmentar en varias saídas nas calquera das
categorías se por motivos de seguridade o número de participantes desaconsellase facer unha
única saída. Neste caso, agruparanse as saídas en función dos anos de nacemento dos
menores.
11. Premios: Haberá medalla para tódolos nenose nenas das categorías pitufo, prebenxamín e
benxamin que crucen a meta e trofeos ós tres primeiros e primeiras das categorías alevín,
infantil e cadete. As categorías alevín, infantil e cadete deberán correr co chip entregado
pola organización ó recoller o dorsal, o cal deberá ser entregado ó remate da proba.
12. Reclamacións: Polo seu carácter estritamente deportivo e popular non se admitirán
reclamacións.
13. Avituallamentos: Ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
14. Servizos de vestiarios e duchas: No Pavillón Municipal de Redondela.
15. Inscricións: Realizaránse na páxina ChampionchipNorte ou presencialmente en horario
comercial na zapatería Susuela (rua Adro 32) ata as 23:59 horas do día 22 de Xuño. Non se
aceptarán inscricións fora de prazo, o día da carreira ou sen tódolos datos obrigatorios.
16. Recollida dorsais: Os dorsais poderanse recoller o sábado de 16:00 a 20:00 horas no
Multiusos da Xunqueira de Redondela ou o Domingo diante do Concello de 09:30 hata
media hora antes do inicio de cada proba.
17. Para a recollida dos dorsais das categorías inferiores, será necesario a doación dun kilo de
alimentos non perecedeiros
18. Conforme á L.O. 15/1999, os datos persoais recollidos pasarán a formar parte dun ficheiro,
do que é responsable a Asociación Deportiva C.A.R. A finalidade do ficheiro é levar a cabo
a xestión de datos para a proba así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar
os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por
escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
19. Os participantes deberán estar na liña de meta 5 minutos antes da hora fixada para a saída da
proba.
20. Todo o non previsto polo presente Regulamento resolverase segundo o criterio da
organización.