Calendario
Info da proba

Carballedo

13/05/2017 17:00 - 20:00
Regulamento III CARREIRA POPULAR CARBALLEDO "ENTRE CARBALLOS CENTENARIOS"

Data: sábado, 13 de maio de 2017
Hora:
Categoría de menores: 17:00h
Categoría absoluta: 18:00h
Lugar: A Barrela, Carballedo, Lugo
Distancia: dende 100 a 10000 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Carballedo
Patrocina: Concello de Carballedo
Colabora: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, GDR5, Consorcio de Turismo
Ribeira Sacra, ICOS, Lacteos Xabelo, Productos da horta Ruliña, Adega Calexotes,
Supermercado Estanco Claudio A Barrela, , Restaurante Berrello, , Gimnasio Arena,
Os Penalvas etc.

REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- A saída e a meta estarán situadas na praza do concello en A Barrela Plaza V.
Portomeñe.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
- O dorsal deberá estar sempre visible, colocado na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación nel.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe
subministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que
poden utilizar o seu. Este, debe estar atado á zapatilla ou no nocello, mediante unha
cinta.
- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá optar os trofeos nin obsequios; tampouco estará amparada polos seguros da
proba.
- O percorrido estará debidamente sinalizado en todolos cruces e camiños mediante
cintas plásticas, spray e/ou persoal voluntario.
- Os participantes obedecerán as instrucciòns dos membros da organización e dos
controis de paso, tanto no inicio da ruta, como nos cruces nas estradas comarcais ou
locais.
- É obrigatorio que cada corredor deposite o lixo nos lugares sinalizados pola
organización, co fin de evitar ensuciar e degradar o medio polo que transcurre o
itinerario.
- Deberase prestar auxilio a calquer participante que sufra algún accidente e informar no
control máis cercano.
- Non se poderá obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
- En caso de abandono é obrigatorio avisar nun control ou a un membro da organización
e facer a entrega do dorsal.
- Se por causas alleas à organización, o participante decidise non concurrir na carreira,
esta non devolverá o importe da inscripción.
- Será de obrigado cumprimento a recollida de dorsais antes da hora de peche do stand
habilitado para os efectos.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu
nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na
internet.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
cirsunstancia non contemplada neste regulamento.
- Dado o espíritu deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

INSCRIPCIONS

En championchip: www.championchipnorte.com

PERCORRIDO
A saída estará situada na Praza V. Portomeñe, seguiremos dirección Grupo Escolar para
logo adentrarnos en camiños rurales de terra polos que transcurrirá a maior parte do
traxecto, para voltar a vila e alcanzar a meta despois dun percorrido de 9,70
quilómetros.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (13 de maio) na Casa
do Concello sita na Praza V. Portomeñe de 16:00 a 17:00 horas. Para a entrega dos
mesmos é preciso presentar o DNI ou outro documento acreditativo.